"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista que apareceu en abril de 1912 na Estrada. Dirixido por Benigno Pío Losada, contaba con Severino Trigo na súa redacción. Trátase dun dos voceiros do movemento de Acción Gallega que tivo a súa continuidade no Heraldo de Galicia, a partir de 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma promulgada polo emperador romano Caracalla no ano 212 na que se concedía a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano e se abolía a discriminación entre os itálicos e os habitantes das provincias; tamén se coñecía como Constitutio Antoniana. Supuxo a vixencia xeral do dereito romano para todo o Imperio e derrogaba os sistemas xurídicos dos distintos pobos da Hispania. O seu obxectivo principal foi incrementar a recadación de impostos mediante un incremento do número de persoas sometidas ao rexime fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rabaño de eguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de palla, trigo, centeo ou calquera outro cereal que se vai estendendo na eira para secar e logo mallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Activo en Roma, a súa obra recibiu a influencia de Rubens, Rembrandt e Claudio de Lorena, e evolucionou cara ao claroscuro de Caravaggio. Entre as súas obras destaca A fuxida a Exipto (1609).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio ou residencia en que desenvolve o exercicio das súas funcións un embaixador.

      1. Representación diplomática permanente dun Estado noutro estranxeiro. A embaixada goza do privilexio de extraterritorialidade, polo que se considera parte do territorio nacional situada en territorio estranxeiro. Entre os servicios propios da embaixada destacan as misións de axuda e cooperación, misións militares, servicios culturais, de prensa, seccións de cifrado e valixa, e outros servicios especializados (laboral, agrícola, mariño, etc). Á fronte de cada un destes servicios está un axente diplomático especializado que pode recibir diferentes denominacións (agregado, conselleiro, interventor, xefe de misión ou secretario de embaixada).

      2. dereito de embaixada

        Dereito que teñen os estados soberanos de enviar representantes diplomáticos aos outros estados e de recibir os que estes envíen.

    2. Cargo de embaixador.

    3. Conxunto formado polo embaixador e as persoas que están baixo as súas ordes.

    4. Mensaxe que se envía por medio dun embaixador.

      1. Misión enviada ante un xefe de estado, goberno ou país estranxeiro, para tratar algún asunto de importancia.

      2. Misión ou xestión confiada a un particular.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emboscar ou emboscarse.

    2. Trampa preparada para enganar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emboutar ou emboutarse.

    2. Substancia que mancha ou desloce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de embouzar ou embouzarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de grans, sementes ou calquera outra cousa que cabe no oco que forman as palmas das mans ao xuntalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Charca que se forma no chan.

    2. Lameira que se forma nunha superficie.

    3. Mestura sucia e pastosa feita con substancias brandas.

    4. Comida mal feita.

    5. Amaño mal feito para resolver unha situación dificultosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de herba e palla mollada que se lle dá ao gando.

    2. Conxunto de palla sobre a que se dorme de forma improvisada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade culinaria galega que se elabora introducindo un recheo feito con cebola, pemento, aceite, azafrán ou pemento en po, en masa de pan ou de follado, que se cociña despois no forno. A masa pode ser de fariña milla, de centeo ou de trigo (ou combinacións das tres), e pode facerse con caldo en lugar de auga. Existen gran cantidade de variedades, como as de carne, zamburiñas, bonito, congro, xoubas, raia, polbo, bacallao, etc. A parte superior adoita adornarse con motivos feitos coa mesma masa. Na vila de Cedeira elaboran dúas variantes que presentan certas particularidades. Unha é a empanada aberta de raia, que ten forma oval, os bordos anchos e non ten cuberta superior. Elabórase principalmente con raia, aínda que admite outros ingredientes. Outra das variedades é o pastelón que presenta unha masa moi compacta que se elabora con fariña, aceite e viño branco. Tamén se fan empanadas en Asturias e na comarca do Bierzo, onde se lles bota pemento. Existe nas Illes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da serra del Pozo, ao L das serras Subbéticas, cunha altitude de 2.107 m.

    VER O DETALLE DO TERMO