"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • de desembazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limpar algunha cousa que está embazada.

    2. Librar ou soltar algo que está embazado.

    3. Deixar de estar embazado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soltar algo ou alguén que está enlazado.

    2. Dar o desenlace dunha obra narrativa, teatral ou cinematográfica.

    3. Solucionar unha dificultade ou problema.

    4. Soltarse o que está enlazado.

    5. Chegar ao desenlace unha obra narrativa, teatral ou cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas anuais, da familia das poáceas, de panícula ríxida con glumas curtas, gl­umela inferior glabra con 5 nervios, espiguiñas de ata 10 mm e follas planas que ao secar adoptan unha sección circular. En Galicia están presentes as especies D. marina e D. rigida en lugares secos e despexados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode desprazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desprazar ou desprazarse.

    2. Que ou quen non se adapta ao lugar ou ao ambiente no que está.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desprazar ou desprazarse.

    2. olume de auga que despraza un barco. Segundo o principio de Arquímedes, o seu peso equivale ao peso da nave e mídese sempre en toneladas métricas.

    3. Mecanismo inconsciente que fai que unha carga afectiva, como unha emoción ou unha pulsión, pase do seu obxectivo real a un elemento substitutivo.

    4. Tipo de corrente eléctrica que ten lugar nun material, condutor ou illante, cando se lle aplica un campo eléctrico variable co tempo. Este concepto, ideado por Maxwell, aplícase especialmente no caso dos dieléctricos.

    5. Ángulo, medido en radiáns, no que un corpo ou liña foi rotado nun sentido específico ao redor dun determinado eixe.

    6. Desprazamento cara a lonxitudes de onda máis grandes que experimentan as liñas do espectro dun obxecto estelar. Os desprazamentos cara ao vermello dos obxectos da Galaxia interprétanse en termos de efecto Doppler, orixinado polo movemento de arredamento da fonte respecto do observador. O desprazamento cara ao vermello dos obxectos extragalácticos tamén ten como orixe o efecto Doppler, causado neste caso pola recesión das galaxias. O desprazamento cara ao vermello gravitacional, predicido por Einstein na relatividade xeral, está causado pola acción de campos gravitacionais intensos sobre os fotóns emitidos pola fonte. É unha das bases das teorías de expansión do Universo e do Big Bang.

    7. deriva continental.

    8. Desprazamento dunha poboación da súa localización orixinal a outra. Un dos casos máis habituais é o que se produce ao quedar unha poboación asolagada pola auga dun encoro, como aconteceu coa vila de Portomarín por mor da construción do encoro de Belesar sobre o río Miño.

    9. Magnitude vectorial que, no seo dun campo eléctrico E , é igual ao produto do campo pola permisividade do medio, D = ε E . Tamén se denomina densidade de fluxo eléctrico ou indución eléctrica.

    10. Reacción na que un átomo ou molécula se substitúe e se libera por outro átomo ou molécula.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover a alguén ou algo do lugar no que está.

      1. Facer que alguén abandone o seu cargo ou posto para que o pase a ocupar a persoa que o despraza.

      2. Substituír unha cousa por outra.

    2. Desaloxar un corpo un volume de auga ou líquido igual ao da parte somerxida.

    3. Moverse unha persoa ou cousa do lugar no que está.

    4. Ir dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Carlos Casares en 1996. Ambientada nos anos anteriores e posteriores á Guerra Civil española, combina a temática amorosa coa crónica político-social e a reflexión filosófica. A través da perspectiva externa dunha muller innominada (“Ela”), que observa desde a ventá da súa casa o protagonista (“El”), nárrase a historia dun triángulo amoroso en dous tempos: lembranzas do pasado e sucesos do presente. O “Deus” é un intelectual co que “Ela” tivo unha intensa relación amorosa na súa xuventude. A identificación do protagonista coas aspiracións do novo réxime franquista fan que “Ela” torne progresivamente a súa admiración inicial polo desprezo absoluto. Non obstante , co paso dos anos, “El” evoluciona desde o entusiasmo inicial á frustración e á perda de fe nos ideais que apoiara ata chegar á postración do presente, símbolo de illamento e decadencia. A indagación ética sobre a condición humana e o compromiso do intelectual co tempo que lle tocou vivir, así como a reflexión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción señorial situada en Dexo (Oleiros). Ten planta cadrada e unha torre ameada. Foi casa patrucial dos Sánchez de Taibo. Conserva un brasón que alude ás familias Taibo, Ponte e Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Varela de Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou paz de Terrer Acordo asinado en Deza, preto de Soria, e en Terrer, preto de Calatayud, os días 13 e 14 de maio de 1361, entre Pedro I de Castela e Pedro IV de Aragón, que intentaba poñer fin á Guerra dos Dous Pedros. Acordaron a restitución das prazas ocupadas, a liberación dos prisioneiros e a remisión ao legado do preito sobre Alacant e Almazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido patronímico formado a partir do nome Didacus, de onde derivou Diego. Outras variantes deste apelido son: Días, Díez, Diéguez, Diegues, Diz, Dis. Na época medieval as variantes, tanto en documentos en latín como en romance, que presentaba eran moitas máis: “Ovecus Didaci” (doc ano 857 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 373), “Gondesindo Diaz” (doc ano 910 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 373), “Petrum Diez” (doc ano [942-977] en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 225), “Vistrario Didat” (doc ano 977 en Santiago Montero Díaz, La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol], 7, 25, 1935, p 58), “Ioannes Diaci” (doc ano 1001 en Manuel Lucas Alvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 457), “Froilani Didazi” (doc ano 1098 en Manuel Lucas Álvarez, El...

    2. Liñaxe que se estableceu na Devesa, en Ribadeo. As súas armas levan un escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, cunha estrela de ouro; segundo e terceiro de prata, cunha árbore de sinople arrincada. Outra variante trae, en campo de azul, tres bandas de prata, acompañadas de dez estrelas de ouro de catro puntas, colocadas catro a cada un dos lados da banda central e as outras dúas por fóra das bandas laterais, unha arriba e outra abaixo. Algúns levan, en campo de azul, un cometa de ouro. Outros ostentan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, unha estrela de ouro, coa cola de abaixo máis longa ca as outras; segundo e terceiro, en campo de goles, cunha torre de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Agrarista. Membro de Solidaridad Gallega, asinou o Manifesto Solidario de 1907 e foi vogal e presidente (1908-1912) da Xunta Solidaria da Coruña. Dende 1908 participou nas campañas propagandísticas e nos mitins campesiños, e colaborou en diversos medios xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e etnógrafo. Colaborou en distintas publicacións, como Faro de Vigo, Vida Gallega, Museo de Pontevedra, Nordés, Castrelos ou Lucerna. Publicou Carta y noticia arqueológica de las islas Cíes (1958), Noticias de prehistoria en torno a Vigo y su ría (1973), con Mª del Carmen Seoane Rodríguez, Ánforas romanas en los caminos del mar (1981), La caracola de piedra (Premio Municipal Antonio Palacios, 1982), En Tui llueve diferente (1986), Noticia del primer horno y alfar de ánforas gallegas (1988), con Manuel Vázquez Vázquez, Noutronte (1994) e Os muíños de Folón (1998), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Redactor xefe da revista Galicia en Madrid, colaborou asiduamente na prensa galega da época. Entre outras obras, publicou La historia y sus héroes (1929), Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier (1932), Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (Premio da Real Academia Galega, 1944) e Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (Premio da Real Academia Galega, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico e pintor, fillo de Isaac Díaz Pardo. Ten o título de deseñador gráfico profesional expedido polo Bureau of European Designers Associations (BEDA). Abandonou os estudios de filosofía e letras para dedicarse ao deseño. Durante a súa estancia no Grupo Sargadelos, foi secretario do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, director de sistemas de comunicación do Seminario de Sargadelos e director artístico de Ediciós do Castro. Colaborou con diversas compañías teatrais, e así en 1973 deseñou o vestiario do Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araújo, para Teatro Circo. Foi tamén deseñador da escenografía de A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro, na montaxe da Escola Dramática Galega en 1979. A súa obra pictórica caracterizouse pola composición xeométrica e esquemática que foi definida como construtivista, e pola investigación plástica que realizou no plano, coordinando e enfrontando formas e cores unidos a unha síntese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro do Partido Liberal, alcalde da cidade de Panamá (1910-1912) e presidente da Asamblea Nacional (1932). Elixido presidente en 1948, ocupou o cargo durante dez meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Alone, estudiou no seminario de Santiago e posteriormente no Instituto Comercial de Santiago e na Escuela Dental. Colaborador en numerosas revistas e xornais da época (La Unión, El Mercurio, Selecta, Corre-Vuela, El Diario Ilustrado e Zig-Zag), fixo unha grande achega á historia da literatura chilena cos seus estudios. Publicou, entre outras obras, La sombra inquieta (1916) e Memorialistas chilenos (1960). Foi membro da Academia Chilena de la Lengua, da Academia Chilena de la Historia e doutor honoris causa pola Universidad de Chile. Recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...

    VER O DETALLE DO TERMO