"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (11.049 km2; 225.207 h [1983]). A capital é Boké. Foi suprimida como unidade administrativa en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XXIV (720-715 a C). Lexislou contra os señores feudais e liberou de débedas aos labregos do Delta. O etíope Šabaka fíxoo prisioneiro e mandouno matar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento de terraza no deserto do Negev (Israel) que conserva unha secuencia estratigráfica fundamental para o estudo da transición do Paleolítico medio ao superior (47.000-38.000 BP) no Próximo Oriente. A análise espacial revela o tránsito dende o Musterense -puntas e láminas obtidas coa técnica de talla bipolar Levallois-, con lugares de actividade específica diferentes, ao Emirense -láminas de talla unipolar e puntas de Emireh-, con diferentes concentracións de restos que son o resultado dunha mesma actividade, que se ben explicando pola maior mobilidade dos grupos humanos de cazadores-recolledores emirenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das dúas formas do noruegués, chamado tamén dano-noruegués e, antes, riksmal. Contraponse ao nynorsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiorde do SL de Noruega, no Mar do Norte, ao N de Stavanger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e director de escena. Licenciado en Dirección Escénica polo Instituto do Teatro, onde imparte docencia. En Galicia dirixiu dous espectáculos con Teatro de Ningures, Elektra (1991), a partir dun texto de Hugo von Hoffmansthal e O Polbo (1993), a partir da peza homónima de S. I. Witkiewicz. Colaborou coa Revista Galega de Teatro e participou, cun traballo sobre as orixes da dirección de escena, no volume colectivo Teoría e técnica teatral (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia do Transvaal, Sudáfrica (119.890 h [1991]). Debido aos recursos auríferos do contorno, é un importante centro mineiro. A actividade industrial básica é a maquinaria e a petroquímica; posúe tamén unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siglas do estado de Bolivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila que se impregnaba no xeso para adherir os pans de ouro e que hoxe se emprega para dourar obxectos de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista holandés. Traballou en Anveres e Amsterdam. É autor de paisaxes onde aparecen os motivos habituais de Brueghel (as estacións e os kermesses).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de masa de millo ou de trigo, de forma redonda, que pode ser grande e con moito miolo, ou esmagada e máis ben pequena. Cócese no forno e adoita sacarse antes do resto da fornada.

    2. Pan moi delgado que ao cocer quedou sen miga e duro.

    3. Bolo de fariña de flor e leite en forma de molete.

    4. Torta de pan que se fai collendo un anaco de masa e tirándoo con forza contra o fondo do forno, ao que se queda pegado.

    5. Peza de pan redonda que se lle entregaba ao cura que oficiaba o enterro.

    6. Torta de millo cocida na lareira co lume da cociña. É costume comela moi quente. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia tamén se adoita pronunciar bola con [ɔ] aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo que posúe forma esférica.

    2. Corpo esférico, de distintos materiais, empregado nalgúns deportes e xogos.

    3. Calquera obxecto que posúe unha forma esférica.

    4. Xogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.

    5. Testículos.

    6. Esferoide de pedra de múltiples facetas que presentaban arestas e ángulos que eran eliminados por un picado regular, acotío xeneralizado. Este obxecto esférico forma parte dos utensilios presentes no Acheulense superior africano. O seu diámetro é duns 80 mm. O uso da bóla puido ser doméstico ou cinexético.

    7. Motivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.

    8. Figura esférica que se representa sombreada para darlle relevo, o que a distingue do besante e do disco.

    9. Nun espazo métrico de distancia d, (E,d), conxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a é menor ou igual que un número fixo r; fálase entón da bóla de radio r e de centro a.

    10. Peza esférica, de gran dureza e de gran resistencia ao desgaste, empregada como elemento de rodamento nas chumaceiras chamadas precisamente de bólas, como elemento para moer nos muíños de bólas, etc.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ignacio Jacinto Villa Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo que é a capital e dá nome ao concello da Bola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Municipio da Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da comunidade autónoma de Galicia (42° 09’ 07’’ de latitude N e 7° 54’ 02’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello da Merca, ao L cos de Allariz (comarca de Allariz-Maceda) e Rairiz de Veiga (A Limia), ao S con Verea e ao O con Celanova. Abrangue unha superficie de 34,9 km 2 cunha poboación de 1.497 h (2007), distribuídos nas parroquias de Berredo (San Miguel), Pardavedra, Podentes, San Martiño de Berredo, Santa Baia de Berredo, Sorga, Soutomel e Veiga. A capital está no lugar da Bola, na parroquia de Santa Baia de Berredo. Atópase a 134 km de Santiago de Compostela e 29 km de Ourense. Está adscrito á xurisdición do partido xudicial de Celanova e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio municipal da Bola está baixo o dominio climático oceánico continental. Localizado nun territorio de media montaña, os rexistros térmicos vense matizados por este factor, resultando un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou impacto producido por unha bóla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Guinea Bissau, situada no arquipélago de Bijagós. A cidade principal, Bolama, foi capital da Guinea Portuguesa do 1870 ao 1942.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea Bissau (2.624 km2; 26.691 h [1991]). A capital é Bolama (3.332 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO