"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

    1. Calidade de tóxico.

    2. Actividade tóxica dunha substancia. O parámetro que máis se emprega para calificala é a dose letal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina, de cor branca e sabor amargo, moi soluble en auga e practicamente insoluble en disolventes orgánicos que se emprega en medicina no tratamento das hemorraxias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de translúcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deixa pasar a luz pero non ver con nitidez os obxectos ao seu través.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á molécula que ten tres grupos ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electricidade xerada debido á fricción á que se somete un corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino, incoloro, soluble en auga, alcohol e éter, delicuescente e fortemente corrosivo, que se emprega como reactivo para a detección da albumina e na preparación de herbicidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido orgánico que se presenta como líquido incoloro, fumegante, moi higroscópico e fortemente corrosivo, que se emprega en síntese orgánica e como catalizador. É un dos ácidos máis fortes que se coñecen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matar con crueldade, sen compaixón e despezando as vítimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Inimigo de Pericles e da democracia e xefe do grupo oligárquico-conservador, foi condenado ao ostracismo en 443 a C. Aínda que posteriormente volveu á cidade, non exerceu ningunha influencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Fillo dunha das familias máis ilustres de Atenas, ocupou cargos militares e en 424 a C, durante a Guerra do Peloponeso, foi o encargado dunha misión que fracasou e pola que foi condenado a morte, pero salvouse ao exiliarse nas súas posesións en Tracia, onde escribiu Historia da Guerra do Peloponeso, que deixou inacabada. Sostivo a tese central de que a Guerra do Peloponeso fora o acontecemento bélico máis importante da historia grega, xa que ambos os dous bandos chegaron ao seu grao máximo de poder económico e militar. O que o levou a escribir a súa historia foi o facer intelixible aos seus contemporáneos e á posteridade o verdadeiro sentido do conflito. O seu estilo é duro, difícil e por veces escuro pola gran cantidade de termos poéticos e xónicos e pola súa sintaxe, chea de anacolutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos turnícidos.

    2. Ave da familia dos turnícidos.

    3. Familia de aves, de dimensións pequenas, ata 15 cm de longo, e aspecto moi semellante ao dos paspallás, dos que se distinguen pola ausencia do dedo posterior. Viven nas grandes pradarías e montañas africanas e da Europa suroccidental. A especie Turnix sylvatica vive ao S da Península Ibérica e ao N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido húmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monocarboxílico saturado que está presente no aceite de castor. OBS: Tamén se denomina ácido hendecanoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monocarboxílico insaturado que se obtén mediante destilación destrutiva do aceite de rícino ou do aceite de castor. Emprégase en perfumaría e en medicina, e como plastificante e aditivo para lubrificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de único.

      1. Atributo de ser absoluto e infinito, versado como Deus ou como a totalidade indiferenciada de Deus e o mundo, en virtude do que non pode haber outro ser do mesmo xénero, posto que isto sería contraditorio co absolutismo e infinidade do primeiro.

      2. Atributo polo que o individuo humano, como persoa, non é redutible a simple medio, ou puro número, ou a calquera falta de valor peculiar e, incluso, sacrificable ao conxunto, nas filosofías escolástica e personalistas.

      1. Propiedade que fai referencia á existencia dun só resultado.

      2. Propiedade dun teorema que demostra a existencia dun único obxecto matemático que o satisfai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización ligada ideolóxica e organizativamente á Unión do Povo Galego, e constituída en 1977 cunha perspectiva comunista e patriótica para a mocidade galega. Os seus obxectivos fundamentais pasaron por incorporar os mozos galegos á loita pola liberación nacional de Galicia e á construción do socialismo, á defensa e o fortalecemento da unidade do movemento xuvenil galego, en busca de liberdades para a nación galega e ao apoio a todos os pobos do mundo na súa loita pola liberación nacional, así como na consecución da democracia, a paz e o socialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político-militar creado en París o 21 de Outubro de 1954 pola República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido, Países Baixos, Italia e Luxemburgo. España e Portugal adheríronse en 1990 e Grecia en 1995; dunha época posterior datan as adhesións doutros estados como asociados e observadores. Coordina a defensa dos estados membros, en colaboración coa OTAN, e ten a súa sede en Bruxelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de unívoco.

    2. Carácter universal dun concepto, en virtude do que este é susceptible de ser aplicado a diversos individuos nun mesmo e único sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido do ácido ribonucleico do lévedo.

    VER O DETALLE DO TERMO