"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
GALICIA
Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado á beira do río Nacimiento (2.644 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na agricultura (cereais), na gandería e no sector alimentario. De orixe romana, durante a ocupación musulmá foi un importante centro de produción de panos de seda. Do seu patrimonio cultural destacan a alcazaba (ss X-XV) e a mesquita ou ermida de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade que ten por obxecto avanzar os recursos financeiros a outras empresas para o financiamento de novos investimentos, a cambio duns xuros determinados.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás finanzas.
-
economía financeira
Análise das necesidades e dos recursos financeiros dun sistema económico así como das medidas pertinentes para a súa adecuación.
-
sistema financeiro
Conxunto de institucións a través das que se canalizan as dispoñibilidades de fondos cara ao crédito e ao investimento distinto do autofinanciamento. Nos países capitalistas, as operacións destas institucións inflúen directamente sobre o nivel de actividade das súas economías, e o banco central ten a misión de regular e de coordinar as súas operacións.
-
-
Que financia.
-
Persoa que se dedica a operacións financeiras.
-
-
DIARIOS
Diario inglés fundado en 1888 en Londres, especializado en información política, económica e financeira. Ademais de analizar as principais economías mundiais e os negocios das grandes compañías, inclúe información sobre os mercados bursátiles máis importantes do mundo, cunha especial atención a Wall Street (Nova York) e Londres. Nos seus diferentes apartados, “Themes & Topics”, “News & Comment” e “Comment & Respond” engade reportaxes e comentarios sobre política internacional, lexislación e empresas, deporte, cultura e comentarios dos propios lectores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.
-
Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.
-
-
-
Proporcionar os fondos necesarios para a constitución, desenvolvemento e xestión dun proxecto ou dunha actividade económica.
-
Achegar os cartos necesarios para comprar algo a crédito.
-
-
-
Conxunto de bens e recursos económicos necesarios para desenvolver calquera actividade.
-
Bens económicos dunha persoa ou sociedade.
-
Conxunto de procedementos empregados polo Estado para recoller uns ingresos con vistas a efectuar gastos de ámbito estatal, local ou de axencias do goberno. A súa finalidade é a de prover a comunidade duns servicios, implantar unha determinada política social, controlar determinados sectores económicos, ou actuar sobre toda a economía conxuntamente.
-
-
PERSOEIRO
Hispanista e historiador británico. Coñecido como Gerald Brenan, residiu en Andalucía entre 1919 e 1936, e novamente dende 1953. Publicou, entre outras obras, The Spanish Labyrinth (1943), The Face of Spain (1950) e The Literature of the Spanish People (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Escribiu unha serie de sonetos políticos de inspiración güelfa e outra serie, incompleta, sobre a virtude do cabaleiro. Destacan as dúas coleccións de sonetos I sonetti della settimana e I sonetti dei mesi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘enfermidade’.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor. Contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento do motor de explosión para automóbiles. Patentou un motor de gasolina de 4 ciclos e 4 cilindros (1891) e inventou o acendido por magneto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo do arquiduque Carlos Luís e sobriño do Emperador Francisco Xosé I. Proxectou unha organización trialista que asociara Croacia, Bosnia, Dalmacia e Eslovenia nun estado iugoslavo vinculado a Austria-Hungría e que reforzase a autoridade da monarquía e da Igrexa. O seu asasinato por un nacionalista serbio o día 8 de xuño, preludiou a Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu baladas románticas (Gedichte, 1838) e logo orientouse cara á poesía de carácter político (Mein Glaubensbekenntnis, 1844; Neuere politische und soziale Gedichte, 1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor na Universidade de Berlín. Investigou nas ramas máis elevadas da álxebra, en conexión coa teoría das funcións e dos grupos. Os numerosos teoremas que levan o seu nome representan un enriquecemento da álxebra clásica e constitúen un dos puntos de partida da álxebra moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino khmer que se estendeu polos actuais Vietnam do S e Camboxa, nas rexións de Tonle Sap e ao S do Mekong. Fundado no s I, foi invadido polo Reino de Chenla no s V, pero recobrou a súa independencia cara ao 665. A comezos do s IX pasou a formar parte do novo estado khmer, que reunificou o territorio. Sufriu unha forte influencia do hinduísmo e o sánscrito foi a súa lingua oficial.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Colaborou, entre outros medios de comunicación, no xornal La Noche e en Radio Vigo. En 1953 incorporouse ao Faro de Vigo, onde asinaba as páxinas dominicais “Crónicas de lo insólito” e “Reportaje a la historia”. Ademais, publicou o libro de poemas Íntimo latido (1960) e os ensaios La bella Otero (1959) e Mujeres célebres (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou para os papas Clemente XII e Bonifacio XIV. Entre as súas obras romanas destacan o Palazzo della Consulta, a fachada de Santa Maria Maggiore e a tumba de Inocencio III. En 1751 estableceuse en Nápoles, onde foi arquitecto real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, escritor e arquiveiro. De orixe galega, colaborou na Crónica General de España (1865-1867), Revista de España e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan o libreto da zarzuela Pedro Madruga, Alfonso. Recuerdos de Galicia (1895), El castillo del marqués de Mos de Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1870-1871) e Últimas relaciones de España con la República de Chile (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que fulmina.
-
-
Que ten un efecto rápido ou instantáneo.
-
-
-
Que ten un efecto rápido ou instantáneo.
-
-
Aplícase á substancia que serve para lanzar o proxectil nas armas de fogo ou que fai detonar unha carga explosiva.
-