"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
-
Relativo ou pertencente ao mar.
-
Que é favorable para a navegación.
-
ento que procede do mar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María do Cebreiro Rábade Villar.
-
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Filipe IV. Casou con Luís XIV de Francia, segundo o estipulado na Paz dos Pireneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Beira. Segunda muller (1838-1855) de Carlos María Isidro de Borbón, promoveu o carlismo intransixente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou María Tareixa de Habsburgo (Viena 1717 - 1780) Arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e de Bohemia (1740-1780) e emperatriz romano-xermánica, filla do Emperador Carlos VI. O seu pai, pola Pragmática de 1713, aseguroulle os dominios patrimoniais de Austria, pero cando morreu este en 1740, Federico II de Prusia invadiu Silesia (1740-1741) e o elector de Baviera foi proclamado emperador, co nome de Carlos VII (1742). Coa axuda de Inglaterra e Hungría, fixo coroar emperador en 1745, co nome de Francisco I, ao duque Francisco III de Lorena, co que casara en 1736. Pola Paz de Aquisgrán foi recoñecida a devandita coroación e a cesión de Silesia a Prusia, o ducado de Milán a Savoia e os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla a España. Seguindo as directrices do seu ministro Kaunitz-Rietberg, iniciou reformas fiscais e administrativas, e reorganizou o exército.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canteira de mármore.
-
-
Relativo ao mármore.
-
marmorista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Joseph García Balboa.
-
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filloloxía Galego-portuguesa, centrou os seus estudios, sobre todo, nos campos da literatura medieval galego-portuguesa e nas relacións entre escrita e plástica nas literaturas en lingua galega e portuguesa. Publicou As cantigas de Fernan Paez de Talamancos (1992), Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguresa (1996), A pintura nas palavras. “A Engomadeira de Almada Negreiros”: uma novela em chave plástica (1996), Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII (1998) e A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca) (1999, Premio Espiral Maior de Ensaio), e, en colaboración, Luís de Camões. Doce canto en Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças camonianas na lírica galega) (1998). Recibiu o Premio de Investigación Xunta de Galicia (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Fundou en 1987 a Asociación Galega de Compositores. Da súa produción destacan as obras SOS (1985), Atlante (1986), Sonata para frauta e piano (1988), O café de espellos (1988) e Cuarteto de corda nº 1 “Elexía a Dimitri Schostakovich” (1990). Compuxo tamén a banda sonora do filme Novo de Parmui (1987), de Roberto Vidal Bolaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Ten publicado diversos textos dramáticos, entre os que destacan Un día na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky, do que é coautor o seu irmán Carlos Paulo, e Carne de estatua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as puntas de Insua e As Olas, na parroquia de Caión (A Laracha).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi representante rexional do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, 1980), representante rexional adxunto para Centroamérica, Panamá e Caribe (1987-1988) e enviado especial para a antiga Iugoslavia (1991). Foi nomeado representante rexional de ACNUR para os países do Benelux e as Institucións Europeas (1993-1994), e foi elixido deputado europeo independente polo PSOE en 1994. Escribiu El amor armado (1996), Pura vida (1998) e Luanda, 1936 (2001). Recibiu o Premio por la Paz de la Asociación Naciones Unidas (1993) e a Medalla de Oro de la Cruz Roja Española (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Denominación que recibiu a illa de Menorca no seu último período de dominación musulmá, despois da Conquista de Mallorca (1229) por Xaime I de Aragón, o que lle permitiu a independencia nas relacións cos estados cristiáns. Foi mantida na titulación dos reis de Aragón despois da conquista da illa (1287) por Afonso III de Aragón, e posteriormente na dos monarcas de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á menorrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen mente ou ten o costume de mentir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Primeiro cae o mentireiro ca o coxiliqueiro”.
-
REINOS
Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecida como Queca Merino, no seu labor profesional comprometeuse coa difusión da lingua e cultura galegas. Traballou en Radio Popular en Vigo e Radio España en Madrid, e foi directora en Vigo de Radio 80 e Antena 3. Posteriormente, formou parte da Radio Galega, nos centros de Santiago de Compostela e Vigo, e mesmo participou como presentadora e directora de diversos programas da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa Sicilia da Península Itálica e comunica os mares Tirreno e Xónico. Supuxo sempre un perigo para a navegación, que se reflectiu na mitoloxía cos monstros Caribdis e Escila.