"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
isión deformada na que as raias aparecen arqueadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio, sodio e potasio (Na,K)AlSi3 O8, do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico; está formado pola mestura isomorfa de albita e de ortosa, e presenta a miúdo maclas. É incoloro ou branco. Ten dureza 6 e peso específico 2,6. Só é estable a altas temperaturas, pero pode atoparse en rochas volcánicas que se consolidaron lentamente.
-
IGREXAS
Igrexa do concello de Cabana que aínda conserva algúns restos de orixe románica: o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre columnas con capiteis vexetais, algúns con caras humanas. Polo exterior, atópanse varios canzorros no beiril. O edificio debeu ser construído cara ao final do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de anovar.
-
-
Que impide a ovulación.
-
Substancia que impide a ovulación, utilizada por motivos terapéuticos ou para evitar a fecundación ante unha eventual presenza de espermatozoides nos órganos xenitais femininos. O anovulatorio máis coñecido, a chamada pílula, basea a súa acción na administración continuada de proxesterona para inhibir a secreción de gonadotropinas e, xa que logo, da ovulación. En xeral, a proxesterona leva asociada unha pequena cantidade de estróxeno para manter o equilibrio hormonal do organismo feminino. Adminístrase en forma de comprimidos por vía oral, tomados diariamente durante vintecinco días do ciclo menstrual. Algunhas investigacións intentan desenvolver diferentes produtos hormonais con efectos de varias semanas ou meses tras unha única inxección.
-
-
-
Acción e efecto de anquilosar ou anquilosarse.
-
anquilose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
erme dun ou dous cm de longo e menos dun mm de diámetro, de cor branca ou rosada, parasito do home, con algúns estadios de vida libre. Presenta unha cápsula bucal provista de catro garfos cos que se fixa ao intestino delgado, onde se alimenta de células da mucosa intestinal do hóspede. Ao mesmo tempo segrega toxinas hemolíticas causantes da patoloxía denominada anquilostomiase, de aparición cosmopolita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade causada polo anquilostoma, parasito que penetra a través da boca ou de feridas na pel do hóspede ata fixarse no intestino delgado. Prodúcese principalmente nas zonas tropicais e subtropicais e soe afectar as persoas que traballan en profundidade, como os mineiros, polo que tamén se denomina anemia dos mineiros.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Hamburgo (831) e de Bremen (848). Monxe nas abadías de Corbie (Picardía) e Korvey (Westfalia), recibiu de Gregorio IV a legación misioneira do norte de Europa, onde o seu ministerio lle valeu o sobrenome de Apóstolo do Norte. A súa festa celébrase 3 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Bispo de Lucca dende 1071, abandonou o bispado para entrar no mosteiro de Polirone. Gregorio VII, embarcado nas loitas das investiduras, insistiu para que se reincorporase á súa sé. Desde alí interveu activamente na redacción dunha Collectio canonum e dun Liber contra Guibertum et sequaces eius, dirixido contra o antipapa nomeado por Enrique IV. A súa festa celébrase o 18 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Teólogo e filósofo. Ensinou Teoloxía na abadía bieita de Bec, Normandía (1059-1093). Pasou a Inglaterra e foi arcebispo de Canterbury desde 1093. Enfrontado coa monarquía pola súa defensa dos intereses da Igrexa de Roma, viuse obrigado a exiliarse durante tres anos. As súas obras máis importantes,
VER O DETALLE DO TERMO
Monologium
(1077),
Proslogion, De veritate, De libertate arbitrii, Cur Deus homo?
, tratan de xustificar racionalmente as principais verdades da Revelación, de acordo coa tese de que é necesario partir dunha fe viva que incite á razón a entender aquilo que xa cremos (fides quaerens intellectum). A súa orixinalidade resalta na famosa proba apriorística da existencia de Deus, coñecida posteriormente por argumento ontolóxico, contida no Proslogion: “aquel que na súa mente ten a idea de Deus, non pode negar a súa existencia, porque esta é unha nota esencial no concepto do Ser Supremo”. Tamén defendeu a Inmaculada Concepción nunha época en que moitos teólogos a negaban.... -
PERSOEIRO
Foi un dos santos galegos da Rivoira Sacrata, no val do Sil. Bispo de Ourense, a tradición atribúelle milagres e o don da profecía. De familia nobre, doou a san Rosende, abade de Celanova, a igrexa de Santa María de Bonata. Nos últimos anos de vida, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil. A súa festa celébrase o 26 xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Pedroso (concello de Rodeiro) no límite coa de Parada (concello de Lalín). Ten 593 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia británica formada nos territorios da Antártida situados entre o paralelo 60° latitude S e os meridianos 20° e 80° lonxitude O. Os territorios que abrangue son a parte continental -coa península Antártica-, as illas Órcadas do Sur e as illas Shetlands do Sur. A súa superficie é de 388.500 km2. Ata o 3 de marzo de 1962 formou parte das dependencias das Malvinas. Arxentina e Chile reivindican para si unha parte deste territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Refrán dunha composición poética que aparece sempre diante de cada unha das estrofas en lugar de aparecer ao final.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que foi dito ou referido anteriormente. OBS: Emprégase sobre todo no discurso escrito.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto lombardo. Centrou a súa actividade en Parma, onde esculpiu o Descendemento da Cruz da Catedral (1178), realizou a portada do baptisterio (1196) e, xunto cos seus discípulos, principiou a decoración do seu interior. Tamén realizou a fachada da Igrexa de Santo Andrés de Vercelli (1223). As súas composicións, dotadas de volume e dun sólido modelado, exerceron unha ampla influencia no nacemento do Gótico italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamentación superposta a xambas e arquitrabes.