"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Embarcación de gran tamaño e peso, e de construción rústica.

    2. e

    3. Dise da persoa desleixada ou patexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carcarínidos.

    2. Peixe da familia dos carcarínidos.

    3. Familia de quenllas da suborde dos galeoideos á que pertencen os marraxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esqueleto dun animal.

    2. Estrutura interna dalgunha cousa, especialmente a que está formada por un conxunto de pezas que sosteñen a caixa ou a cuberta exterior dunha maquinaria e na que ademais se instalan as pezas e compoñentes necesarios para o seu funcionamento.

    3. Casco vello e desfeito dun navío ou doutra máquina calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento francés de Aude e condado do mesmo nome (43.470 h [1990]). A vila está situada nas marxes do río Aude, nunha chaira fértil. O leito fluvial divide a cidade en dúas La Ville-Basse e La Cité. A primeira sitúase nunha chaira, con amplos bulevares. A segunda é a cidade antiga, situada nun outeiro. A actividade económica principal é a industria téxtil. Foi unha antiga colonia romana desde o s I a C, tamén ocupada polos visigodos, que construíron as primeiras fortificacións (s VI) e polos árabes (728-752). En 1247 pasou a formar parte da coroa francesa. As fortificacións medievais, con dobre recinto e con numerosas torres, teñen dúas portas: a Narbonnesa e a Aude, rematadas no s XIII e restauradas completamente por Viollet-le-Duc a mediados do s XIX. Na cidade vella encóntrase a catedral de Saint-Nazaire (1096-1150), románica, restaurada en parte no período gótico (1270-1320) e o castelo dos condes. Na vila, formada na chaira a partir da expulsión, despois da revolta de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Aragón (2.670 h [1996]). A fertilidade do territorio fai da agricultura unha importante actividade e destacan os cultivos de cereais, esparto, legumes e froitas. Tamén é importante a gandería, especialmente a cría de gando vacún e lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo erosivo orixinada en pendentes sobre rochas brandas, como por exemplo as arxilas, pola concentración superficial das augas de arroiada en carreiros, da que resultan profundos sucos que ofrecen un aspecto moi degradado.

    2. Suco profundo existente nun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámpada de aceite que funciona combinando un mecanismo de reloxería e un pistón, inventada polo reloxeiro francés Bertrand Guillaume Carcel (1750-1812).

    2. Antiga unidade de medida aplicada á intensidade luminosa, e, no sistema racionalizado, amplitude de fluxo luminoso; equivale a 9,87 candeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Ribera Alta, na Comunitat Valenciana, no val do mesmo nome (2.022 h [1996]). Aínda que predominan no municipio as actividades vinculadas co sector servicios, a agricultura ocupa boa parte da poboación, especialmente os cultivos de cereais, arroz, legumes e laranxas. Na industria destacan pequenas fábricas de augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cárcere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exacción que lle cobraban os carcereiros ao preso que se deixaba en liberdade, como retribución pola súa custodia. Esta institución mantívose ata1849.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio no que cumpren as penas de privación de liberdade as persoas que cometeron un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada de vixiar as persoas que están no cárcere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito sincárpico, globuloso, unilocular, indehiscente e polispermo, característico do tileiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos lámnidos ao que pertence a quenlla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nunha zona montañosa drenada polo río Granada (1.564 h [1996]). O cultivo de oliveiras e a fabricación de xabón son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Ecuador, drenada polo río Carchi (3.605 km2; 160.983 h [1997]). A súa capital é Tulcán (37.069 h [1990]). A principal actividade económica é a agricultura, cultivos de millo, trigo, patacas, cebada e azucre. Ten pequenas explotacións mineiras (sal xema) e as manufacturas téxtiles e os produtos lácteos son as principais industrias. A vía de comunicación máis importante é a estrada panamericana que atravesa a provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cangrexo’ e ‘cancro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ou relativo ao cancro.

    2. Tumor constituído por acumulacións densas de células de volume uniforme que, polo xeral, presentan unha reacción arxirófila con conversión dun sal de prata en prata metálica. É de crecemento lento e pode afectar, en primeira instancia, ao intestino, ao estómago, aos bronquios, aos ovarios, aos testículos, ao páncreas, á tiroide, etc; despois pode realizar metástase, sobre todo no fígado. O tumor carcinoide é un apudoma que pode sintetizar substancias bioloxicamente activas como serotonina, bradicinina, histamina e hormona adrenocorticotrópica.

    3. Manifestación clínica do tumor carcinoide caracterizada por crise de rubor cutánea na cara e no pescozo, taquicardia, diarrea, lesións nas válvulas cardíacas, telanxiectase e broncospasmo. O diagnóstico confírmase comprobando un aumento da excreción urinaria de ácido 5-hidroxiindolacético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO