"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos introdutores do modernismo en América. O seu primeiro libro Hojas al viento (1890) denotaba xa unha preocupación formal que se concretou no parnasianismo de Nieve (1892). Postumamente, publicouse Bustos y rimas,   colección dunha sensibilidade máis modernista, cunha expresión elexíaca e intimista que denota a influencia de Gautier, Baudelaire e Verlaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Senegal, dividida en 1984 nas rexións de Ziguinchor e de Kolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (44.640 km2; 158.149 h [1997]) que está atravesado polo río Casanare e cuberto de espesos bosques e grandes sabanas. A súa capital é Yopal (68.885 h [1997]). As principais actividades son a gandería e a pesca. Un fenómeno moi común nesta zona é o chamado espellismo das praderías, producido pola evaporación das terras húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome da mitoloxía grega, correspondente feminino de Kássandros. Etimoloxicamente, o máis probable é que estea formado por un elemento *kad ‘destacar’ e a voz andros ( ἀ νδρός) ‘home’, polo tanto ‘home excepcional’. Levou este nome a filla de Príamo e de Hécuba, da que se namorou Apolo. O deus, coa intención de conquistala, regaloulle o don da profecía. Casandra, finalmente, acabou por rexeitalo e Apolo castigouna quitándolle a capacidade da persuasión; como consecuencia, a xente deixou de lle dar creto aos seus agoiros. Logo de conquistar Troia, Agamemnon, o caudillo do exército grego, namorouse dela e tiveron dous fillos xemelgos; ambos os dous morreron traxicamente ao seren asasinados pola muller do rei de Argos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gusta moito estar na casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia, fillo de Antípater. Á morte do seu pai no 319 a C, aliouse con Ptolomeo e Antígono contra o rexente Polispercón e apoderouse de Grecia. Regresou a Macedonia no 315 a C e asasinou a Olimpia, nai de Alexandre o Grande. Atacado por Antígono e Demetrio, logo de matar a Roxana, a viúva de Alexandre, e o fillo, Alexandre Agos, aliouse con Ptolomeo, Seleuco e Lisímaco no 309 a C. Perdeu Atenas no 307 a C pero proclamouse rei de Macedonia no 305 a C. Perdeu as posesións ao sur de Tesalia no ano 302 e, despois da derrota de Antígono e Demetrio en Ipso (301 a C), conservou Macedonia e Grecia. Fundou as cidades de Tesalónica e Casandria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político. Militou na CNT e interveu nas folgas de 1918 polo que tivo que fuxir de Barcelona. No 1921 participou no asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato, en represalia pola persecución dos sindicalistas en Catalunya. Refuxiouse primeiro na URSS, onde ingresou no PCUS, e en 1924 participou na organización de varios movementos comunistas latinoamericanos dende México. No verán de 1932, tralo seu regreso a Barcelona, colaborou na fundación do Partit Comunista de Catalunya, adscrito ao Partido Comunista de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. O nome de lugar Casanova, transparente no seu significado, está moi espallado nas terras galegas. Documéntase no s XVIII: “Alverto Casanova” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 148).

    2. Liñaxe que estableceu a súa casa principal en Trives. Tamén fundou casas en Toiriz, Pantón e A Rúa. As súas armas levan, en campo de ouro, un león de goles, acompañado no alto e no baixo por unha faixa de sinople. Outra variante trae escudo partido en pao: primeira partición, en campo de ouro, con dúas bandas de goles; segunda partición, en campo de prata, cunha aguia negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante. Coñecida como Ana Kiro, comezou a súa traxectoria profesional en Barcelona aos catorce anos participando en concursos de radio. Inicialmente cultivou a canción española e José Guardiola contratouna para actuar por todo Levante. Actuou en distintos festivais musicais e acadou varios premios; fixo, ademais, teatro con Mari Santpere e Belter. En 1969 participou en varios programas de Galas del Sábado para Televisión Española, feito que impulsou a súa carreira musical. Realizou numerosas actuacións por España, Holanda, Suíza, Alemaña e finalmente estableceuse en Galicia. Entre 1996 e 1997 presentou na TVG o programa Toda unha vida e, posteriormente na mesma cadea televisiva, Tardes con Ana. Filla Predilecta de Arzúa, recibiu o Botón de Ouro da Irmandade Galega de Caracas, a Medalla de Ouro Ano Xacobeo da televisión arxentina e o Percebe de prata 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou os poemarios Hamlet y otros poemas (1985), Tú no tienes el cabello de Van Gogh (1988), El espíritu de Rembrandt (1988) e Un libro de horas (1992). Foi galardoado co Premio Hernán Esquío (1983), co Premio Rodrigo de Cota (1987) e co Premio Esquío (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Na súa mocidade emigrou clandestinamente a Arxentina, onde se afiliou ao gremio de panadeiros da Federación Obrera Regional Argentina (FORA), de tendencia anarquista. Volveu a España usando o nome de Manuel Freire cando comezou a Guerra Civil (1936-1939) e incorporouse ao bando republicano na fronte de Aragón. Estivo internado en campos de concentración franceses e, posteriormente, uniuse á resistencia contra a invasión alemana. En París dirixiu Solidaridad Obrera, xornal da CNT no exilio, ata que regresou a Arxentina, onde militou en grupos libertarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante de ópera. Discípula de Luis Rodríguez de Cepeda, actuou ao lado do tenor Julián Gayarre no Teatro Real de Madrid e noutros importantes teatros líricos de Europa. Destacou na interpretación das óperas Aida, L’africaine e Les Huguenots.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Encarcerado nunha prisión veneciana, acusado de prácticas ocultistas, narrou a súa fuga en Histoire de ma fuite (Historia da miña fuxida, 1787-1788). Viaxou por toda Europa e coñeceu os personaxes e ambientes máis refinados da época. Home típico da ilustración, recórdaselle polas súas aventuras amorosas. Nomeado bibliotecario do duque de Waldstein-Wartenberg no 1785, dedicou os últimos anos da súa vida á redacción da novela Isocameron (1778) e do volume de memorias Histoire de ma vie (Historia da miña vida, 1791-1798).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bandoleiro. Coñecido como Toribio, en 1901 protagonizou o asalto á casa reitoral das Grañas no que foi asasinada a criada. Por esta acción estivo preso no cárcere de Ortigueira, de onde fuxiu para botarse ao monte. Capturárono e condenárono a morte, mais a presión popular conseguiu modificar a pena por 30 anos de cárcere que cumpriu a partir de 1903. Estivo tamén nos cárceres da Coruña, Santoña e San Miguel de los Reyes. En 1925 liberárono e volveu á súa vila natal. Foi unha importante fonte de inspiración para os cantares de cegos e para numerosos literatos que novelaron as súas fazañas, como Ramón del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Ramón Otero Pedrayo, Augusto Riera ou Heraclio Puentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sofía Guadalupe Pérez de Eguía Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Pérez de Eguía Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escola da Llotja en Barcelona e en París. Autor dunha obra de gran sensibilidade, foi un destacado representante do novecentismo. Entre as súas obras destaca o monumento a Monturiol en Figueres (1916-1918). Foi presidente de Les Arts i els Artistes (1935). Na Exposición Internacional de Barcelona de 1929 obtivo unha primeira medalla e gañou o Premio Campeny da Generalitat de Catalunya en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1894), ingresou posteriormente no Instituto de Higiene Militar onde ideou un novo método de tinxidura de cilios de bacterias. Foi a París, Berlín e Londres para estudar a vacina antitífica que aplicou nas campañas militares españolas en Marrocos. Traballou en distintos laboratorios botánicos europeos, principalmente en Alemaña e Inglaterra, e abordou o estudo dos briófitos peninsulares. En 1928, despois de acadar o grao de coronel médico, trasladouse á Coruña como director do Hospital Militar. Publicou o libro Flora Ibérica. Briófitos (1919), dedicada ás hepáticas, e en 1932 editouse, postumamente, o segundo volume desta obra dedicado aos mofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político republicano. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela para despois instalarse na Coruña, onde desenvolveu a súa carreira profesional e política. Foi avogado e administrador de propiedades da burguesía local coruñesa e profesor na Escola de Comercio. Desde 1888 exerceu como administrador-secretario da sociedade de Seguros Mutuos, cargo que alternou co seu fillo ata a súa renuncia (1916) en favor deste. Participou na vida política da cidade desde as filas do republicanismo como seguidor das ideas federalistas de Pi i Margall. Redactou, xunto con Moreno Barcia, o Proyecto de Constitución para el futuro Estado Galaico. O seu anticlericalismo manifestouse na expulsión das Hermanas de la Caridad da Coruña no ano 1901. Recoñecido masón, fundou, xunto co seu fillo e Matías Wirtz, a Loxa Gallaecia nº 408 no ano 1919. Elixido concelleiro desde as eleccións municipais de 1902, chegou a ser alcalde da Coruña entre o 19 e o 31 de decembro do 1917, trala situación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político republicano, fillo de Santiago Casares Paz. Estudiou no Colexio Dequidt e no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Iniciou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou na Universidad Central de Madrid, onde defendeu unha tese sobre Ramón de la Sagra, socialista utópico galego. Durante a súa etapa universitaria militou no Partido Republicano Autónomo da Coruña, defensor dun republicanismo de esquerdas e promotor dos dereitos democráticos nun estado laico. No ano 1911 volveu á Coruña, onde comezou a desenvolver a súa carreira como avogado especializado na defensa de pequenos casos de obreiros e líderes sindicais locais que lle deron notoriedade popular. Tralas eleccións municipais de 1911 e ata 1920 resultou elixido concelleiro e ocupou o cargo de sexto tenente de alcalde do concello; no exercicio dese mandato aprendeu a arte de facer política da man dos activos republicanos coruñeses. No transcurso desa década comprometeuse no proxecto...

    VER O DETALLE DO TERMO