"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Nome masculino procedente do latín Cassianus. Na súa orixe trátase dun adxectivo derivado de Cassius, apelido dunha familia romana. Con posterioridade pasou a cognome e, xa na época imperial, a prenome. Dous santos levan este nome: san Casiano de Marsella (360?-432?), celebrado o 23 de xullo, e san Casiano de Ímola (s IV), o 26 de marzo e o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s IV) Bispo de Bruxas e mestre en Ímola, cidade da Romaña italiana. Instruía os seus alumnos na relixión cristiá, pero estes martirizárono ata matalo cravando no seu corpo os estilos cos que lles aprendera a escritura taquigráfica. Por esta razón, é patrón dos mestres de escola que sofren agresións por parte dos seus discípulos e tamén dos estenógrafos. Na arte iconográfica aparece sentado nunha cadeira e leva como atributos persoais un libro aberto na man e un estilete ou punzón; ás veces, represéntase tamén vestido de bispo. A súa festa celébrase o 26 de marzo e o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Dobruxa 360? - 432?) Monxe e escritor latino cristián. De nome Johannes Cassianus, iniciouse no monaquismo en Belén, foi monxe en Palestina e, a partir do 385, eremita en Exipto. No 401 marchou a Constantinopla, onde foi ordenado diácono por san Xoán Crisóstomo. Logo de ser este desterrado, refuxiouse en Roma, cidade na que foi elevado ao presbiterado no 405. Finalmente, chegou a Marsella, onde fundou dous mosteiros entre o 413 e o 416: un para homes, o de San Víctor, e outro para monxas. Escribiu De institutis coenobiorum et de octo principalium vitiorum remediis libri XII (As regras cenobiais e os oito principais remedios dos vicios, libro XII), tratado sobre as institucións monásticas que contribuíu ao desenvolvemento do monacato en Occidente, e Collationes XXIV (XXIV Confrontacións), onde se critica a doutrina agustiniana da graza desde a liña teolóxica semipelaxiana. Ambas as dúas obras serviron de base para a composición da súa regra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente do Consello no 1893 e durante esta etapa, tomou duras medidas contra os anarquistas e rexeitou a separación entre Igrexa e Estado. Nomeado presidente da República no 1894, dimitiu un ano despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia e gran duque de Lituania, fillo de Casimiro IV de Polonia e de Isabel de Habsburgo, tivo como preceptor a Xoán Dlugloss, o célebre cóengo de Cracovia coñecido como Loginos. Cando o seu irmán maior Ladislao foi nomeado rei de Bohemia, converteuse en herdeiro directo da coroa polaca. Durante a ausencia de seu pai ocupouse da gobernación de Polonia "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( 1481-1483 "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) . O Papa León X declarouno beato e Adriano VI decretou a súa canonización en 1522. Escribiu poesías latinas dedicadas á Virxe. Na arte iconográfica leva manto e coroa principesca e, como atributos persoais, unha azuzena, símbolo da súa pureza, e unha pluma de ave, símbolo do seu labor literario; ás veces, leva tamén un lirio na man e unha coroa aos pés para reflectir a súa renuncia a loitar pola coroa de Hungría. É patrón de Lituania e a súa festividade celébrase o 4 de marzo. "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia. Logo de casar coa viúva de seu irmán, chegou a ser coroado rei en 1648. Non obstante , en 1669 decidiu abdicar para entrar no mosteiro parisino de Saint Germain-des-Prés, onde chegaría a cardeal. Na arte iconográfica leva unha coroa e un cetro real tirados aos seus pés, como símbolo da súa renuncia á dignidade real. É patrón de Polonia e dos xastres. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida artisticamente co nome de Joanna Cassidy, estudiou arte na University of Syracusa. Protagonizou con Harrison Ford Blade Runner (1982), de Ridley Scott. Participou tamén nos filmes: Bullit (1968), Under Fire (Baixo o lume, 1983), The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1987), Chain Reaction (Reacción en cadea, 1996) e The Second Civil War (A segunda guerra civil, 1997).  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, publicista e profesor. Foi profesor de filosofía na Universidad de Madrid, onde influíu na formación de Julián Besteiro. Tamén exerceu no colexio internacional, fundado por Nicolás Salmerón, e na Institución Libre de Enseñanza, na que figura xa na primeira xunta facultativa de 1876. Na ILE ocupou o cargo de director de segundo ensino e dirixiu o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, no que colaborou con 17 artigos entre 1880 e 1892. Realizou unha análise da situación educacional en Galicia e escribiu, entre outros, os artigos “Institución Libre de la Enseñanza” (1882), publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana, e “Una misión pedagógica” (1885), publicado en Revista de España, onde analiza a situación das escolas de párvulos de Pontevedra e da Coruña. Publicou ademais La enseñanza del idioma (1889) e traduciu Los orígenes de la civilización, de Lubbock. Preparou o libro póstumo de Sanz del Río Análisis del pensamiento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alejandro Rodríguez Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das bandas suberizadas que presentan as paredes radiais e transversais das células da endoderme. Ao mesmo nivel das bandas, as membranas aparecen intimamente soldadas e o citoplasma mantense estreitamente unido a elas. Isto obriga a que a auga absorbida teña que atravesar o protoplasma destas células, antes de acceder aos vasos condutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Mar Caspio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolphe Jean-Marie Mouron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pertenceu á orde dos xesuítas, foi cualificador do Santo Oficio, profesor de matemáticas en Madrid e un dos fundadores da Academia de la Lengua. Escribiu as vidas de san Estanislao de Kostka (1715), de san Luís Gonzaga (1726) e de Dionisio Rickel (1738), os libros Historia de la Compañía de Jesús en el nuevo reyno de Granada (1741) e Los varones ilustres de la Compañía (1734), unha Historia de la Academia e diversas obras científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Profesor de astronomía na Universidade de Boloña, en 1667 chamouno Colbert para ser director do observatorio de París. Entre 1671 e 1684 descubriu catro satélites de Saturno e a división do anel deste planeta que leva o seu nome (división de Cassini). Mediu os períodos de rotación de Marte e Xúpiter. Estudiou, tamén, o movemento dos satélites de Xúpiter e publicou unhas táboas aplicables á navegación. Determinou a paralaxe solar e foi o primeiro en considerar cientificamente o fenómeno da luz zodiacal. Publicou Opera astronomica (Obra astronómica, 1666).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Loitou en México, Cuba e Santo Domingo (1862-1871). Dominou a insurrección cantonalista de Cartagena (1873) e destacou na Terceira Guerra Carlista. Foi ministro da Guerra (1887) con Sagasta, deputado por Cartagena e senador por Canarias. Propuxo unha polémica reforma militar que non foi aprobada e dimitiu en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Participou na defensa da República española e na Resistencia francesa. Foi director do Musée National d’Art Moderne de París (1946-1964). Autor de novelas como Éloge de la folie (Eloxio da loucura, 1925) ou Le bel automne (O fermoso outono, 1950), cultivou tamén a poesía e o ensaio. Como crítico de arte publicou Panorama des arts plastiques (Panorama das artes plásticas, 1960) e organizou a exposición Les Sources du XX siècle para o Consello de Europa en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor arxentino. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes entre 1929 e 1932 e, en 1939, con André Lothe en París. Diplomouse tamén en arquitectura. Viaxou a Europa en diversas ocasións e aprendeu a técnica da augada. Traballou nos obradoiros de Spilimbergo e Ramón Gómez Cornet. Entre as súas obras destacan Homenaje a Spilimbergo (1956), Cabeza de niño (1948) e Maternidad (1963). Recibiu numerosos premios entre os que sobresaen o primeiro premio no Salón Nacional (1943), o primeiro premio da Bienal Internacional de México (1960) e o premio especial da Bienal Internacional de Saigón (1961). Foi membro da Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea del Castagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Froito do castiñeiro. Antano constituíu un elemento moi importante na dieta dos galegos. Isto debeuse tanto á súa abundancia como ao seu alto valor calorífico; de feito, en épocas de fame, a castaña foi o alimento que garantiu a supervivencia de moita xente. A partir do s XVIII foise substituíndo pola pataca, de orixe americana. Constitúe un alimento moi apreciado polo seu valor nutritivo e gastronómico. Consómese fresca ou maia. Antigamente, o costume era conservalas para que durasen todo o ano; nos Ancares, púñanas en salmoira e logo torrábanas, mentres que na Rúa de Petín se conservaban en area ou serraduras. A súa recolección ten lugar entre finais de setembro e principios de decembro. As castañas poden consumirse crúas, cocidas (en auga ou en leite) ou asadas. Cando se cocen coa casca denomínanse zonchos, mamotas ou zamelos. Para asalas hai que beliscalas e despois botalas nás brasas ou nun caldeiro furado. A castaña admite outras preparacións culinarias,...

      2. castaña boleca/bolerca/folga

        Castaña que non chegou á súa completa madureza e só ten pel.

      3. castaña bullada

        Castaña que se sacou do ourizo ou que caeu ela soa.

      4. castaña degraída

        Castaña madura que cae do ourizo.

      5. castaña do leite

        Castaña verde.

      6. castaña do san Martiño

        Castaña serodia, plana e alongada.

      7. castaña maia/do canizo/do carrizo/pisada/reseca

        Castaña sen pel e seca.

    1. Nome que recibe nalgunhas zonas o tubérculo da pataca. OBS: Tamén se coñece co nome de castaña de/da terra, castaña da horta, castaña mariña e castaña das Indias. Esta acepción explícase porque a partir do s XVIII este produto americano vén substituír a propia castaña na alimentación básica dos galegos.

    2. Órgano xenital feminino.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar poboado de castiñeiros.

    2. Variedade de uva tinta de forma ovada.

    VER O DETALLE DO TERMO