"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Poetisa. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Membro directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do consello editorial de Letras de Cal, colabora en diversas publicacións como Dorna e Ólisbos. Publicou Elevar as pálpebras (Premio Fermín Bouza-Brey 1994, 1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio da Crítica Española, 1998) e Edénica (2000), e participou nos volumes colectivos Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), Mulher a facer vento (1998) e Alguén agarda que volva alí (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de percusión idiófono que se fai soar facendo bater dúas pezas cóncavas de madeira dura ou marfil, talladas en forma de castaña; a parte superior e máis estreita, a orella, ten dous furados polos que pasa o cordón que as une entre si e co que se suxeitan ao dedo polgar da man. Semellantes aos antigos crótalos, difundíronse no mundo romano, especialmente na Bética, e perduraron sobre todo no folclore andaluz. Modernamente, algúns tipos incorporáronse á orquestra. OBS: Emprégase habitualmente en plural.
-
PERSOEIRO
Militar e arquitecto. Comezou a súa carreira militar na Academia de Infantería de Toledo, onde acadou o grao de alférez no 1924. Participou na campaña de Marrocos e despois pasou ao Estado Maior, anos nos que se doutorou en Arquitectura e nos que obtivo o título de enxeñeiro xeógrafo. En 1931 converteuse en capitán e, destinado á Coruña, participou na sublevación militar de 1936. A actividade militar levouno a formar parte das columnas galegas que ocuparon Oviedo e que participaron nas campañas de Teruel, Levante e o Ebro. Trala guerra ascendeu a tenente coronel. Foi axudante de campo de Franco (1952), xeneral de División e gobernador militar de Madrid (1962), xefe da Casa Militar de Franco (1966-1969) e ministro do Exército. No ano 1973 pasou á reserva e regresou á Coruña. Como arquitecto deixou unha mostra da influencia racionalista nos edificios da subestación do encoro de Belesar (1959-1960), onde predomina a idea dunha arquitectura de formigón e vidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Bailén e marqués de Portugalete. Loitou contra Inglaterra, principalmente na conquista de Menorca (1782) e no asedio de Xibraltar. En 1802, ascendido a tenente coronel, foi nomeado gobernador do Campo de Xibraltar (1782). Ao iniciarse a guerra contra Napoleón, formou un exército improvisado e derrotou o xeneral Dupont en Bailén (1808), vitoria que lle valeu o título de duque de Bailén en 1883. En 1810 foi presidente da Rexencia e mostrouse contrario ás Cortes de Cádiz. Co restablecemento absolutista de Fernando VII, foi nomeado capitán xeneral de Catalunya (1815). O fusilamento do xeneral liberal Luis Lacy deulle unha grande impopularidade (1817). En 1820 obrigárono a dimitir despois de aclamar a Constitución. Á morte de Fernando VII (1833), mantívose fiel a Isabel II e ocupou cargos políticos importantes, foi membro do Consello de Rexencia, presidente do Consello de Estado, presidente do Congreso e titor de Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado do Tribunal Supremo. Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, secretario xeral do Instituto de Cooperación Iberoamericana, director xeral de RTVE e presidente do Banco Hipotecario. Exerceu como profesor de Dereito Civil e Mercantil na Escuela de Inspección Financiera y Tributaria e no colexio universitario Cardenal Cisneros. No eido político foi deputado e senador por Madrid. Entre as súas obras figuran: La Constitución como fuente de derechos, El recurso de amparo constitucional, La potestad reglamentaria del Consejo General del Poder Judicial, El papel de la cultura en la España de los 80, Estado y RTVE e El mercado Hipotecario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ila da provincia de Roma, no Lazio, situado á beira do lago Albano, Italia (6.506 h [1991]). Edificada probablemente sobre a antiga Alba Longa, conserva restos romanos como o palacio de Domiciano. No ano 1608 pasou á Santa Sé e converteuse en residencia de verán dos papas. Dende 1929, cos pactos de Letrán, o palacio goza de extraterritorialidade.
-
PERSOEIRO
Escultora. Bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian, estudiou en París. Realizou esculturas de carácter neofigurativo e abstracto. Entre as súas obras destacan o Monumento ao Emigrante, en Santa Apolónia, e o Monumento de Taipa en Macau.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma do estado español que se estende polo territorio meridional da Meseta central da Península Ibérica e da rexión histórica de Castela (79.226 km2; 1.712.529 h [1996]). Comprende as provincias de Albacete, Ciudad Real, Cuenca, Guadalajara e Toledo. A capital é Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Dende un punto de vista morfolóxico, Castela-A Mancha abrangue dúas grandes rexións: a chaira da Meseta, que os Montes de Toledo dividen en dúas (ó N, a conca do Tajo e La Alcarria, e ao S, a conca do Guadiana) e a beira montañosa que bordea as chairas mencionadas. Ao L, ao S e ao O os límites físicos de La Mancha coinciden co bordo de terreos paleozoicos e mesozoicos. Ao N, en La Alcarria, os terreos miocénicos aparecen rotos polos vales. La Mancha é unha chaira ou plataforma estrutural, de entre 600 e 700 m de altitude media, formada por sedimentos miocénicos, principalmente calcarios, que recobren un zócolo paleozoico. A parte setentrional da Meseta correspóndese... -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume étnico aplicado a individuos procedentes de Castela. Documéntase no s XII: “Fernandus Rudericis Castellanus” (doc ano 1162 en Manuel Lucas Álvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 187). Unha variante deste apelido é a forma Castelao.
-
-
Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Castela.
-
Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, que pertence á subfamilia itálica da familia indoeuropea, orixinaria ou propia de Castela. O castelán, denominación que alterna coa de español, é a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay (co guaraní), en Bolivia (co quechua e co aimará), en Perú (co quechua), en Puerto Rico (co inglés) e en Guinea Ecuatorial (con sete linguas bantús, un crioulo portugués e un pidgin inglés). Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia (co galego); Catalunya, València e Illes Balears (co catalán); e Nafarroa e Euskadi (co éuscaro). No sur dos EE UU (Arizona, California, Colorado, Nuevo México e Texas) non é oficial. Existen ademais importantes núcleos de hispano-falantes (portorriqueños e cubanos,...
-
-
Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais. Tiña que facer xuramento de fidelidade e homenaxe ao señor.
-
Muller dun castelán.
-
-
Moeda de ouro cuñada en Castela durante a Idade Media.
-
Dereito propio dos territorios da antiga coroa de Castela. O legado visigótico, representado pola vixencia do antigo Liber iudiciorum, acadou a súa máxima importancia nos primeiros séculos do proceso de reconquista, na zona máis occidental: Galicia, Portugal, Asturias e, sobre todo, na rexión leonesa, onde residía a corte, que se consideraba como a continuación lexítima do reino visigótico. O seu influxo estendeuse co reino cara ao sur e reflíctese na tradución do Liber iudicorum ao romance (Fuero juzgo) e tamén no feito de constituír a fonte básica do Fuero real, o código de Afonso X o Sabio. Tamén cómpre destacar o papel do elemento consuetudinario e arcaizante, xurdido das novas circunstancias sociais derivadas da repoboación de grandes sectores casteláns ao sur dos montes cantábricos e cara aos sistemas Ibérico e Central. Ademais dos vestixios xermánicos, evidentes no dereito castelán da Alta Idade Media, poden detectarse outros vestixios...
-
-
-
Palabra ou expresión propia do castelán usada noutra lingua.
-
Erro cometido por influencia do castelán noutra lingua diferente a esta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fala castelán.
-
-
Señorío territorial dependente dun castelo que ten leis e xurisdición de seu.
-
Territorio propio dun castelo que está suxeito á xurisdición dun castelán.
-
Cargo de castelán.
-
Dereitos anexos ao cargo de castelán.
-
Obriga dos residentes dun castelo de traballar na construción e reparación do mesmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento lingüístico orixinario do castelán e transferido a outra lingua. Aínda que se pode manifestar en calquera dos niveis da análise lingüística, adóitase reservar especificamente o termo para aludir a aquelas influencias ou interferencias que se manifestan, sobre todo, no léxico. A maior parte das linguas europeas, na época de maior poder político castelán, adoptaron, directa ou indirectamente, algúns termos cortesáns (crianza, cumplimiento, grandeza) ou pertencentes a outras facetas da vida castelá (alcoba, matamoro, pícaro). As loitas e os acontecementos políticos do s XIX tamén favoreceron a entrada doutros vocábulos (guerrilla, junta, pronunciamiento). Non obstante, nalgunhas linguas que manteñen co castelán un contacto permanente, a presión hexemónica exercida por esa lingua é considerablemente maior. Este feito pode constatarse en galego na existencia de castelanismos nos difentes planos lingüísticos: fónico, ortográfico, morfosintáctico, fraseolóxico, semántico e, sobre todo,...
-
-
Persoa que emprega castelanismos.
-
Persoa influenciada pola cultura castelá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de castelanizar ou de castelanizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tende ao castelán.
-
-
Darlle carácter castelán a algunha cousa.
-
Dar forma castelá a unha palabra ou expresión doutra lingua.
-
Adoptar unha cousa o carácter ou a forma castelá.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos castelanos.
-
Individuo do pobo prerromano dos castelanos.
-
Pobo prerromano establecido na comarca de Olot.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO