"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Presenza de mielocitos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade dunha substancia mielotóxica.

    2. Conxunto de trastornos ocasionados por unha substancia mielotóxica. Principalmente son anemia, leucopenia e trombopenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia química ou física con capacidade de alterar a mielopoese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico chinés. Moi expresivo, nas súas interpretacións empregou diversos recursos mímicos do teatro tradicional xaponés. Formou co realizador Akira Kurosawa unha das parellas máis destacadas de todo o cine xaponés. Colaboraron en dezaseis filmes, dos que destacan Yoidore Tenshi (Anxo bébedo, 1948), Rashomon (No bosque, 1950) e Akahige (1956). Fóra de Xapón participou en Hell in the Pacific (1968), 1941 (1979) ou Picture Bride (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á migración.

    2. Aplícase aos individuos, grupos étnicos ou animais que realizan migración.

    3. Diferenza que se dá entre a emigración e a inmigración para un territorio e un período de tempo concretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vic 1591 - Valladolid 1625) Relixioso. De nome Miquel Argemir i Mitjà, en 1603 ingresou no convento dos trinitarios descalzos de Barcelona e en 1608 no de Oteiza (Iruña). Posteriormente foi nomeado prelado do convento de Valladolid (1622-1623). Foi canonizado en 1862. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1041-1042). Subiu ao trono á morte do seu tío Miguel IV, que o fixera adoptar pola Emperatriz Zoé. De xeito inmediato, tentou retirar á emperatriz nun convento, pero o pobo rebelouse. Foi cegado e recluído nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Especializado en temas relixiosos e colaborador habitual da revista Encrucillada, participou no proxecto de tradución da Biblia ao galego. Da súa obra cómpre salientar Graciñas, La Teología de la Liberación y su método: estudo en Hugo Assmann y Gustavo Gutiérrez (1976), Temos carta de Deus (1994) e Profecía dun capitán Trono: quén coma Deus (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor xornalístico no diario Madrid e posteriormente exerceu como correspondente dos xornais Ya e La Vanguardia en Rabat, Lisboa e diversos países de América Latina. Xefe da sección internacional de El País, colaborou con diversas revistas, como Cuadernos para el Diálogo, Revista de Occidente e Papeles de Son Armadans. Publicou Galicia: éxodo y desarrollo (1967), Galicia: de la estética al subdesarrollo (1970), El pensamiento filosófico de Julián Besteiro (1971), La Comuna de París: ensayo sobre un mito histórico (1971), El Atlántico Sur: un estudo político-estratégico (1984), con Antonio Sánchez-Gijón; Europa y el Mediterráneo, perspectivas de la Conferencia de Barcelona (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e tradutor. Doutorouse (1950) en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid. En 1952 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura española no Instituto Nacional de Ensino Medio de Betanzos (1952). Fundou e dirixiu o boletín informativo Albor e traduciu numerosas obras ao español de autores como S. Kierkegaard, A. Schopenhauer, F. W. Nietzsche, Descartes, Platón e Plotino. Entre as traducións destaca Historia del Pensamiento (1958-1968), de Jacques Chevalier, pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León (1968). É autor de En torno al romanticismo alemán (1949), La tragedia y los trágicos griegos (1973), La comedia y los cómicos griegos (1979) e Colaboración al estudo del habla brigantina e Historia y vicisitud del periodismo brigantino (1980).   Recibiu, ademais, o Premio Nacional da Delegación Provincial de Información y Turismo da Coruña (1956) e o de Colegiado Distinguido y de Honor del Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Impresor. Exerceu na Coruña a partir de 1859. Nesa data fíxose cargo dos obradoiros tipográficos que Pascual Arza mantivo na cidade entre 1821 e 1844 e que estaban en mans de Timoteo Pombo desde 1855. Publicou Diario de la Coruña (1857), diversas obras de Bieito Vicetto, e unha Biblioteca de Galicia, a primeira deste xénero que se publicou en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Comezou escribindo en revistas humorísticas, como La Ametralladora, ata que fundou en 1941 La Codorniz. Tamén tivo presenza no mundo do cine, con colaboracións nos guións dos filmes Bienvenido Mr. Marshall (1953) ou Viva lo imposible (1958). Escribiu comedias en que introduce unha renovación do xénero cómico, cun humor suave, entre patético e desencantado. O seu primeiro éxito teatral foi Tres sombreros de copa (1932), estreada en 1952, ao que seguiron Sublime decisión (1955), Maribel y la extraña familia (1959) ou Ninette y un señor de Murcia (1964). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1964), dúas veces o Premio Nacional de Teatro e foi membro da Real Academia Española (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edito de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lev Milstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia Menor que está situada na desembocadura do río Meandro. Entre os ss XIII e XIV a C poboárona colonos gregos que procedían de Ática e Beocia, e nos ss VIII e VI a C adquiriu o máximo desenvolvemento grazas á importancia do comercio e da exportación de la e cerámica. Foi un dos lugares máis destacados da civilización grega coa súa escola filosófica. Conquistárona os persas, recuperouna Alexandre o Grande (334 a C) e pasou ás dinastías dos ptolomeos, dos seléucidas e dos atálidas, que a fixeron prosperar. Integrouse no Imperio Romano en 78 a C e foi un centro importante do cristianismo a finais do s VII, cando se produciron as invasións musulmás. Conserva restos arqueolóxicos destacados, como a ágora, o teatro romano e outros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e intérprete de jazz estadounidense. Célebre clarinetista e trompetista, formou parte da banda de Ben Pollach (1926). En 1937 formou The Glenn Miller Orchestra, dedicada á música de baile. Das súas composicións destacan Moonlight Serenade, Chattanooga Choo-Choo, In the Mood, Sunrise Serenade e String of Pearls.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto de retroacción interna dun transistor que provoca un aumento da capacidade de entrada (base-emisor) a causa da existencia da capacidade entre a base e o colector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Especializouse en finanzas de grandes corporacións empresariais, sobre o que fixo numerosas investigacións, e foi director da Chicago Board of Trade (1990-2000). Revolucionou as concepcións tradicionais das finanzas corporativas aplicando novos métodos para saber o valor dunha empresa. Escribiu Finance’s Theory (1972). Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1990) xunto con Harry M. Markowitz e con W. Sharpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento destinado a medir a carga eléctrica do electrón, realizado entre 1910 e 1916 por un equipo dirixido por R.A. Millikan. O experimento consiste esencialmente en facer caer gotas de aceite, mediante un pulverizador, no seo dun campo eléctrico. Algunhas das gotas cárganse electricamente e, se se dá ao campo eléctrico un valor apropiado, é posible equilibrar a caída. Millikan observou que os valores das cargas eléctricas das gotas son múltiplos enteiros dunha cantidade fixa, que é a carga elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO