"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que profesan os baptistas.
-
-
Relativo ou pertencente aos baptistas ou á súa doutrina.
-
Membro dunha das principais igrexas denominadas libres ou “non conformistas” dentro do Protestantismo. A característica principal desta igrexa é o bautismo por inmersión. O seu antecedente histórico máis próximo é o movemento anabaptista. Os baptistas afirman a necesidade dunha experiencia relixiosa persoal ou conversión para poder formar parte da Igrexa coma o corpo místico de Cristo. As igrexas son de carácter local, e adoitan agruparse para uns fins determinados. Practican dúas ordenanzas: o bautismo, sempre de crentes e por inmersión, e a santa cea ou comuñón. A organización baptista máis representativa é a Alianza Baptista Mundial, que agrupa uns 30 millóns de fieis, presente en 125 estados. No 1920 o comité executivo da Alianza Baptista Mundial decidiu que España, como misión, quedaría a cargo da Convención Baptista do sur dos EE UU.
-
-
PERSOEIRO
Político e diplomático boliviano. Desempeñou misións diplomáticas na Guerra do Pacífico (1879-1883). Foi presidente do senado e vicepresidente da República. En 1892, apoiado polo presidente saínte Aniceto Arce, accedeu á presidencia da República (1892-1896). Emprendeu unha política de mellora do ensino público. En 1893 decretou unha amnistía que permitiu o regreso do antigo presidente Hilarión Daza.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nunha igrexa, lugar onde está a pía bautismal.
-
Edificio, próximo a un templo, no que se administraba o bautismo.
-
-
Pía bautismal.
-
Nos primeiros séculos do Cristianismo e a causa das persecucións, efectuábanse os bautismos nos lugares onde había auga natural ou ben nas casas particulares, probablemente tamén nas catacumbas. Os baptisterios máis antigos, que datan do final do s III e inicios do s IV, deben a súa tipoloxía arquitectónica á práctica do rito da inmersión. Eran construcións romanas aproveitadas como San Xoán de Letrán (Roma, s IV) ou ben salas anexas ás igrexas. Máis tarde, xeneralizáronse os baptisterios autónomos de planta circular, cadrada ou poligonal, con piscina centralizada, provistos en certos casos de deambulatorio e de pequenas ábsidas, con cubertas cupuladas e ás veces cunha decoración de mosaicos como o de Ravenna (s V). Cómpre destacar, entre os baptisterios repartidos por todo o ámbito mediterráneo, o de santo Ambrosio de Milán (s V), prototipo dos baptisterios octogonais, o da Provenza (s V), o de Pisa (1153-s XV), ou o de Florencia (rematado en 1520). O único baptisterio autónomo claramente...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Barapasaurus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos cetiosáuridos, propios de principios do Xurásico. É un saurópodo de ata 15 m de lonxitude e dentes planos de bordo dentado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tartaraña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación coa que é coñecido o bordado de 70,34 m por 50,55 cm que se conserva no museo da Raíña Matilde de Bayeux. Tamén recibe o nome de Tapiz da Raíña Matilde. Estímase que foi realizado entre os anos 1080 e 1090. É unha obra de notable realismo e consta dunhas 70 escenas que representan a conquista normanda de Inglaterra. Trátase dunha das raras pezas medievais de tema profano.
-
CIDADES
Cidade do condado de Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (64.599 h [1981]). É o centro industrial do Nottinghamshire, onde se asentaron industrias químicas, téxtiles, de construción mecánica, equipamento para a telecomunicación e confección e fabricación de mobles. Así mesmo, desenvolveuse como área residencial obreira de Nottingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e feminista inglesa. Considerada a primeira muller profesional das letras no seu país, escribiu dezasete obras de teatro, trece novelas e varias coleccións de poemas e traducións. En 1670 representouse a súa primeira comedia: The Forced Marriage (Matrimonio forzado, 1671). A novela Oroonoko (1688), obra de tema antiescravista, anticípase ao realismo da narración inglesa posterior. Defendeu a autonomía da muller e o seu dereito a unha educación en igualdade de condicións respecto ao home.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia aromática extraída da esencia da bergamota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos XIVde Suecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de precisión construído por F. W. Bessel para a medida de bases.
-
PERSOEIRO
Duque de Istria. Mariscal francés. Loitou con Napoleón nas campañas de Exipto, España e Rusia. Morreu. Morreu sendo comandante en xefe da cabalería francesa mentres inspeccionaba o desfiladeiro de Rippach antes da batalla de Lützen
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Uso terapéutico das radiacións β emitidas polo radio ou os isótopos radioactivos.
-
Utilización terapéutica de feixes de electróns producidos por aceleradores de partículas como os betatróns, para a irradiación profunda de certos cancros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública do estado do Vaticano, herdeira da primitiva biblioteca papal. Iniciada propiamente despois da Cisma de Aviñón, cara ao 1376, a actual biblioteca fundada polo pontífice Sixto IV coa bula Ad decorem militantis Ecclesiae (15.6.1475) deriva, así mesmo, das primeiras recoleccións feitas por Nicolao V (1447-1475). Actualmente, malia a separación do Arquivo Secreto Vaticano da biblioteca, acontecida durante o pontificado de Paulo V, os manuscritos superan os 70.000, os incunables os 8.000 e os volumes impresos o 1.800.000. Durante o pontidicado de Pío XII (1939-1958) entraron varias coleccións de manuscritos como o Arquivo do Capitolio de san Pedro e o fondo musical da Capella Gioulia, a carón da Capela Sixtina. Na fin do pontificado de Pío XII e durante os de Xoán XXIII (1958-1963) e de Paulo VI (1963-1978) adquiríronse novas coleccións de mauscritos e códices. No que atinxe á tradición manuscrita da lírica galego-potuguesa o cancioneiro do códice de pergamiños Vat....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Sevilla. Fundada por Fernando Colón (morto no 1539), fillo de Cristóbal Colón e cóengo de Sevilla. Pasou posteriormente ao cabido de Sevilla. Aínda que se perderon e se espallaron moitos libros, consta de 6.257 pezas, algunhas de gran rareza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terapia ocupacional na que o paciente é inducido a ler libros. Utilízase no tratamento de determinadas enfermidades mentais.
-
-
Que presenta unha capa dobre ou dúas capas.
-
Asociación de fosfolípidos que nun medio acuoso enfrontan os seus extremos apolares (partes hidrófugas) e manteñen en contacto co medio os seus grupos polares (partes hidrófilas); deste xeito pódense formar vesículas ou liposomas pechados sobre si mesmos.
-