baptisterio
(< grβαπτιστήριον ‘baño’)
-
s
m
-
Nunha igrexa, lugar onde está a pía bautismal.
-
Edificio, próximo a un templo, no que se administraba o bautismo.
-
-
s
m
Pía bautismal.
-
s
m
[HIST/RELIX]
Nos primeiros séculos do Cristianismo e a causa das persecucións, efectuábanse os bautismos nos lugares onde había auga natural ou ben nas casas particulares, probablemente tamén nas catacumbas. Os baptisterios máis antigos, que datan do final do s III e inicios do s IV, deben a súa tipoloxía arquitectónica á práctica do rito da inmersión. Eran construcións romanas aproveitadas como San Xoán de Letrán (Roma, s IV) ou ben salas anexas ás igrexas. Máis tarde, xeneralizáronse os baptisterios autónomos de planta circular, cadrada ou poligonal, con piscina centralizada, provistos en certos casos de deambulatorio e de pequenas ábsidas, con cubertas cupuladas e ás veces cunha decoración de mosaicos como o de Ravenna (s V). Cómpre destacar, entre os baptisterios repartidos por todo o ámbito mediterráneo, o de santo Ambrosio de Milán (s V), prototipo dos baptisterios octogonais, o da Provenza (s V), o de Pisa (1153-s XV), ou o de Florencia (rematado en 1520). O único baptisterio autónomo claramente hispánico é o de Santa María de Ègara (Barcelona, s V?). Débese destacar tamén, en Ègara, o da capela de San Miguel, do s VI. En Santa Baia de Bóveda a piscina central puido funcionar como baptisterio. Cando foi suprimido o rito da inmersión, o baptisterio foi reducido a unha pía, case sempre circular ou poligonal, dentro dunha capela e preto da entrada, recollendo así a tradición de situar o baptisterio antes da igrexa, como signo da doutrina da pertenza ao corpo místico a través do sacramento do bautismo.