baptista

baptista

(

  1. adx [RELIX]

    Relativo ou pertencente aos baptistas ou á súa doutrina.

    Ex: Coñecín un rapaz que practicaba a doutrina baptista.

  2. s [RELIX]

    Membro dunha das principais igrexas denominadas libres ou “non conformistas” dentro do Protestantismo. A característica principal desta igrexa é o bautismo por inmersión. O seu antecedente histórico máis próximo é o movemento anabaptista. Os baptistas afirman a necesidade dunha experiencia relixiosa persoal ou conversión para poder formar parte da Igrexa coma o corpo místico de Cristo. As igrexas son de carácter local, e adoitan agruparse para uns fins determinados. Practican dúas ordenanzas: o bautismo, sempre de crentes e por inmersión, e a santa cea ou comuñón. A organización baptista máis representativa é a Alianza Baptista Mundial, que agrupa uns 30 millóns de fieis, presente en 125 estados. No 1920 o comité executivo da Alianza Baptista Mundial decidiu que España, como misión, quedaría a cargo da Convención Baptista do sur dos EE UU.