"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

    1. Que carece de columna vertebral.

    2. Que carece de estrutura ou organización interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Discípulo de W. K. Röntgen, foi director do instituto físico-agronómico de San Petersburgo e membro directivo da Academia das Ciencias da URSS. Estudiou as propiedades físicas e eléctricas dos cristais e dos semicondutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Gérard David, foi autor do Díptico da Virxe das Dores, A misa de san Gregorio e o Tríptico do Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e empresario palestino. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de cardioloxía. En 1967 foi expulsado da súa terra durante a Guerra dos Seis Días e chegou a España en 1970. Realizou varios masters en dirección de empresas e, no campo do audiovisual, foi creador, produtor e realizador de programas e series de televisión. Publicou o libro Palestina, crónica de una injusticia (2002). Foi presidente da Fundación Araguaney, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello Audiovisual de Galicia, e é asesor da representación en España da Autoridade Nacional Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e psiquiatra estadounidense. Estudiou a relación mutua entre cultura e personalidade. O concepto central da súa teoría é o da personalidade básica, ou sexa, os trazos comúns de todos os individuos que participan nunha mesma cultura. As súas principais publicacións son: The Individual and His Society (1939) e Sex and Morality (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de labrar a terra.

      2. Época en que se realiza este labor.

    1. Acción e efecto de traballar ou labrar a pedra, a madeira ou outros materiais.

    2. Anaco fino e delgado que se desprende da madeira ou doutros materiais ao labralos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante republicano, foi deputado e senador en diversas ocasións. Defendeu a autonomía das Antillas e a abolición da escravitude. Foi membro do movemento krausista e contribuíu á fundación da Institución Libre de Enseñanza (ILE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Abandonou os estudios de arquitectura e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1945-1950). Durante a súa etapa universitaria recibiu o Primeiro Premio na II Exposición de Arte Universitario, foi bolseiro de paisaxe en El Paular (Segovia) e un dos fundadores da revista Alférez e realizou a súa primeira exposición en 1947. En 1953 deseñou, por encargo de M. Fisac, as vidreiras para a capela do colexio de Formación Misioneira dos Dominicos de Valladolid, as pinturas murais para o pavillón da Coruña na Feria del Campo de Madrid e os frescos da delegación provincial de sindicatos da Coruña. Despois de traballar un tempo como axente comercial, en 1954 instalouse en Madrid e dedicouse exclusivamente á arte. Durante a década de 1950 realizou pintura figurativa de tema relixioso que combinou coas primeiras pinturas abstractas e espaciais, ámbito en que derivou cara á abstracción xeométrica. Colaborou, entre outras publicacións, en Atlántida....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo arado e preparado para a sementeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Labrada (Guitiriz) e desemboca pola dereita no río Ladra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Comezou a traballar no Real Consulado da Coruña en 1787, do que foi secretario en 1802. Intérprete do xefe do Estado Maior das tropas francesas na Coruña durante a invasión napoleónica, foi secretario da Junta Censora constituída polos liberais (1820). Secretario da Deputación Provincial de Ourense (1822), en 1823 reintegrouse no Real Consulado da Coruña como secretario. Destaca a súa obra Expostulatio cum morte ob interitum Rmi. Patris Martini Sarmiento e Descripción económica del Reyno de Galicia (1804), onde definiu o seu pensamento económico, presentou a xeografía e a economía intimamente ligadas e denunciou o atraso económico de Galicia, a inxustiza social e o parasitismo administrativo ao tempo que reivindicou diversas reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Niñodaguia e Texós (Baltar). O seu cumio acada os 812 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno afluente pola dereita do río Xallas, que nace e desemboca na parroquia de Mallón (Santa Comba).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lexo (Baralla). O seu cumio acada os 929 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de coitela con dúas empuñaduras que se utiliza na cestería para afinar as tiras de madeira coas que se elaboran os cestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra que se dedica ao cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de labrar.

    2. labradío.

    3. Operación e resultado de labrar a madeira, a pedra ou outros materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen labra a terra.

    2. Persoa que se dedica a cultivar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO