"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Reacción de transformación de certos explosivos na que a acción inicial, térmica ou mecánica, se propaga rapidamente por toda a superficie do explosivo, que entra en combustión dende fóra cara a dentro. Comprende as etapas de inflamación, que é practicamente instantánea, e de combustión, que transcorre a unha velocidade altísima por mor do aumento de presión e temperatura dos gases producidos na reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce deflagración.

    2. Utensilio que se emprega para acender os barrenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arder unha substancia polo procedemento da deflagración.

    2. Producir unha deflagración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode degradar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de degradar ou degradarse.

    2. Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.

    3. Cesamento do desenvolvemento dun órgano.

    4. Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo seguindo unha serie de pasos. A miúdo reciben o nome de degradacións as reaccións de diminución do número de átomos de carbono dun composto orgánico.

    5. Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.

    6. Evolución dun solo de xeito desfavorable, xeralmente debida a un incremento na evacuación da fracción fina ou lavado. Isto provoca a acidificación do solo e a conseguinte diminución da fertilidade.

      1. Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais. Consiste na privación das responsabilidades, os privilexios, as dignidades e os honores vinculados ao cargo que ocupaba ata o momento da condena.

      2. degradación actual/real

        Degradación que se realiza coas solemnidades que están establecidas por dereito ou aquela que vai introducida por unha cerimonia.

      3. degradación canónica

        Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de degradar.

    2. Efecto fotográfico a través do que se difuminan os contornos dunha imaxe. Conséguese ao colocar diante do obxectivo unha gasa ou un filtro difusor. Normalmente, emprégase para crear unha atmosfera onírica.

    3. Sector urbano que sufriu unha forte desvalorización económica, que se manifesta no deterioro da súa morfoloxía e da calidade ambiental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen degrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que degrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha persoa perda o privilexio, grao, dignidade ou emprego que posúe, especialmente na milicia.

    2. Facer algo polo que unha persoa se envileza ou perda a súa propia dignidade ou honor.

    3. Alterar algo as calidades dunha persoa ou cousa.

    4. Diminuír gradualmente nunha foto ou cadro, a luz, a sombra e a cor para producir un determinado efecto estético en función da distancia á que se supoñen situadas as súas figuras.

    5. Perder alguén a súa dignidade ou honor.

    6. Perder alguén ou algo a súa calidade orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sacar os grans da espiga do millo.

      2. Sacar os grans dos legumes das casulas.

      3. Sacar as castañas dos ourizos.

      1. Caer os grans dun cereal.

      2. Caer os grans dos legumes.

      3. Caer as castañas dos ourizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixes de cereal que se teñen preparados para lles quitar o gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que procede da vulgarización da voz latina decrētu(m). No galego estándar consérvase como forma culta o termo común decreto.

    2. Liñaxe que se asentou en Betanzos. Outro apelido relacionado con esta caste é Degradar. As súas armas levan, en campo de goles, un folio que contén un decreto real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político belga. Foi cofundador e dirixente do Movemento Rexista, de tendencia antiparlamentaria e autoritaria (1935). Durante a Segunda Guerra Mundial organizou a Lexión Valona, que combateu contra a URSS. Ao rematar a guerra fuxiu a España, mentres en Bélxica foi xulgado e condenado a morte en rebeldía pola súa colaboración coa Alemaña nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura estreita e longa que se produce na superficie dun corpo sólido ou na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrirse en gretas unha superficie ou a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de degrumar.

    VER O DETALLE DO TERMO