"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Neoplasia formada a partir dunha porción de placenta retida despois dun aborto ou dun parto.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Iniciou os seus estudos de dereito en Santiago de Compostela e licenciouse en Oviedo. Colaborador de El Heraldo Gallego, director de La Ilustración Gallega y Asturiana, onde publicou algunhas poesías en galego, e fundador de varios xornais en Madrid, foi tamén director de La Europa e El Norte. Manifestou as súas ideas monárquicas como militante do partido reformista no folleto La izquierda dinástica, que asinou co pseudónimo de Mr. Wihg, e varios artigos e novelas curtas baixo o título de Juvenilia, con prólogo de Murguía, editados na Biblioteca Gallega en 1893.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Consentimento do poder civil a unha disposición ou promulgación da autoridade eclesiástica, nos países en que as relacións entre a Igrexa e o Estado se rexen por normas concordatorias.
-
Consentimento que un estado dá a outro, co que acepta como persoa grata o representante diplomático que se quere enviar. Posteriormente é necesario a entrega das cartas credenciais.
-
Fórmula de adhesión ou voto positivo nun concilio.
-
Aprobación favorable ou consentimento que se dá a algo ou a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou estado de plácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está tranquilo ou en calma ou que produce sensacións agradables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro declarada de interese galega, integrada polos concellos de Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O seu obxectivo principal é dar a coñecer a vida, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río. Desde o ano 2000 e cada 25 de xaneiro celebra a Conferencia Anual Plácido Castro en memoria deste galeguista e en 2001 instituíu o Premio de Tradución Plácido Castro.
-
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Fillo do patricio Tertulio, San Bieito mandouno a Sicilia, onde fundou os primeiros mosteiros da orde. Houbo de afogar no lago Subiaco pero foi salvado milagrosamente por san Mauro, a quen mandara san Bieito; por iso se considera patrón dos afogados. Segundo a lenda, uns corsarios mouros martirizárono xunto con outros monxes. Na súa iconografía viste o hábito negro dos beneditinos con báculo de abade e porta a palma do martirio; ocasionalmente tamén leva un corte no pescozo e sinala a boca cun dedo, xa que lle cortaron a lingua antes de degolalo. A súa festividade celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe latina derivado de placĭdus, co significado de ‘plácido, suave, tranquilo’, por derivación do verbo placeo ‘pracer’, que designaba aquilo que era ‘agradable’. Por influencia de pax ‘paz’ adquiriu o sentido de ‘quedo, apracible, sosegado’. Presenta como hipocorístico a forma Pacho. Con este nome destacan san Plácido (s VI), que fundou os primeiros mosteiros beneditinos en Sicilia, e santa Plácida de Rubiáns, virxe e mártir, cuxas reliquias viaxaron do cemiterio de San Ciríaco de Roma á súa igrexa parroquial en Galicia. A festividade de san Plácido celebrábase o 5 de outubro, ata que o Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal, mentres que a santa de Rubiáns se celebra o primeiro domingo de setembro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
plac(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos engrosamentos en forma de placa do epitelio epidérmico dos vertebrados dos que derivan moitos órganos da epiderme, como os ganglios dos nervios craniais ou a vesícula auditiva.
-
-
Relativo ou pertencente aos placodermos.
-
Peixe fósil da clase dos placodermos.
-
Clase de peixes acoirazados provistos de mandíbulas, próximos evolutivamente aos condritios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos placodontes.
-
Réptil fósil do grupo dos placodontes.
-
Grupo de réptiles mariños do triásico, de dentes planos e co corpo curto e recuberto de placas óseas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás escamas dos peixes osteíctios. En realidade, son pequenos dentes, sostidos por unha lámina ósea basal, que atravesan a epiderme, e que se compoñen de esmalte, marfil e polpa.
-
-
Relativo ou pertencente aos placozoos.
-
Organismo do filo dos placozoos.
-
Filo de organismos mariños con aspecto de ameba flaxelada, sen órganos nin tecidos diferenciados e co corpo formado por dúas capas de células separadas por unha matriz. As dúas capas celulares non son idénticas, de xeito que se pode diferenciar unha cara dorsal e outra ventral respecto ao substrato. Ten poucos representantes.
-
-
-
-
Plano inferior dunha cornixa ou doutro corpo en beiril.
-
Recheo ornamental feito na parte central dun ceo raso.
-
Cada un dos artesóns ou taboleiros pechados cunha moldura.
-
Cada un dos casetóns dun artesoado.
-
Cada unha das pezas prefabricadas de xeso ou escaiola, que serven para a formación de ceos rasos.
-
Porción de parede comprendida entre dúas aberturas ou dúas pilastras, formando un pechado rectangular gornecido cunha moldura.
-
Plano resaltado, liso ou con molduras, que se aplica ou se deixa para adornar certas partes dun edificio.
-
-
Peza plana de madeira que nun moble ou nunha porta, tapa o espazo comprendido entre os montantes e os traveseiros.
-
lampada plana e translúcida que se sitúa pegada ao teito para mitigar ou protexer unha luz.
-
-
-
-
Desgraza ou calamidade que afecta a unha comunidade ou pobo.
-
Maldición que se lle bota a alguén.
-
pragas de Exipto
Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto ao pobo de Israel. Ao principio, posiblemente a tradición denominaba así só á morte do primoxénito do faraón, á que se uniron outros castigos como a lagosta, a sarabia e epidemias. A auga convertida en sangue, que era só un sinal, e o bastón convertido en serpe, conduciron ao número coñecido das dez pragas de Exipto.
-
-
-
Cantidade abundante de animais ou plantas que causan algún dano.
-
Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos. Pode ser causada por microorganismos patóxenos ou parasitos ou por organismos vexetais, aínda que sobre todo por organismos animais, invertebrados maioritariamente, especialmente ácaros e insectos.
-
-
Grande abundancia de algo que é nocivo ou molesto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nube de gas situada nas rexións elevadas da cromosfera solar e que nalgunhas imaxes monocromáticas aparece como unha mancha escura correspondente á raia K do calcio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido galés fundado en 1925, de ideoloxía nacionalista, moderado e socialista comunitario. Entre os seus fundadores figuran os escritores Saunders Lewis e Kate Roberts. Foi un pequeno grupo ata despois da Segunda Guerra Mundial e en 1966 entrou a formar parte do Parliament.