"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Charles Yriarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago británico, situada ao O da illa de Gran Bretaña, da que só a separan 23 km no lugar máis estreito do mar de Irlanda (83.849 km2). Está dividida entre a República de Irlanda, estado soberano, e Irlanda do Norte, que forma parte do Reino Unido e Irlanda do Norte.
    Xeografía
    O zócolo irlandés componse dunha gran variedade de rochas primarias: calcarias paleozoicas, xistos e granitos. Morfoloxicamente a illa está formada por unha depresión central dominada ao N e ao S por macizos montañosos, onde aparecen lagos e turbeiras. Ao N, macizos graníticos e volcánicos aparecen separados por amplos golfos; o maior é o de Dún na nGall, no NO. Ao S os sistemas encadéanse de xeito lonxitudinal con máis continuidade, e forman un relevo de tipo apalachense (montañas de Corcaigh e Ciarraí). Neste sector atópase o punto culminante da illa, os 1.041 m de altitude do Carrantuohill. A rede hidrográfica ten como principal expoñente ao río Shannon (Ant-Sionna)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Occidental que ocupa a maior parte da illa homónima (70.273 km2; 3.828.000 h [2001]). A súa capital é Dublín.
    Xeografía económica
    O ingreso do país na Comunidade Económica Europea en 1973 significou un punto de inflexión na súa estrutura económica, que ata esa data se caracterizaba polo predominio do sector agropecuario, que proporcionaba a maior parte do emprego malia permanecer, en gran parte, sumido en condicións precapitalistas. As condicións climáticas impoñen un predominio dos cultivos pratenses, que ocupan máis de dúas terceiras partes da supericie agraria útil, o que favorece a orientación das explotacións cara á produción gandeira. O censo gandeiro é moi elevado e triplica á poboación humana. Destacan os armentíos bovino, ovino e porcino. O cooperativismo está moi estendido, especialmente para a produción leiteira. Ademais, cultívase millo, patacas, remolacha azucreira, hortalizas e maceiras....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do NL da illa de Irlanda que forma parte de Reino Unido (13.576 km2; 1.702.000 h [2000]). A súa capital é Belfast.
    Xeografía< /B>
    O 62% da poboación é protestante e o 38% católica. Os protestantes son maioritarios en Belfast e nos distritos máis orientais do país, onde se concentra a produción industrial, mentres que os católicos habitan os condados rurais e os barrios periféricos de Belfast. O desenvolvemento do país vese moi freado polo conflito político. Malia a estreita vinculación con Reino Unido, a renda per cápita é sensiblemente inferior á do conxunto do país, pois non chega ao 70% dela.
    Historia
    Está formada polos antigos condados de Antrim, Armagh, Down, Fermanagh, Derry e Tyrone, que se corresponden coa antiga provincia histórica de Ulster. En 1920 promulgouse a Government of Ireland Act, pola que Ulster debía ser dirixido por un gobernador británico e un goberno autónomo responsable...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar de Europa que separa as illas de Gran Bretaña e Irlanda e que se comunica co Océano Atlántico polos canais do Norte e de San Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Irlanda.

    2. Natural ou habitante de Irlanda.

    3. Lingua do grupo gaélico das linguas celtas, que se fala principalmente na Irlanda occidental. Na segunda metade do s V xa se documenta o irlandés primitivo en inscricións funerarias escritas en alfabeto ogámico. Na primeira metade do s VI existe a etapa denominada irlandés arcaico, tamén recollida en inscricións ogámicas e nalgunha glosa. Despois de mediados deste século está o irlandés antigo, no que aínda se distinguían dúas etapas: o irlandés antigo inicial (ó redor do 550-700), documentado nunhas poucas inscricións ogámicas e glosas con arcaísmos fonéticos, e o irlandés antigo clásico (ó redor de 700-900) que se recolle nas glosas de Würzburg (sobre o 750), Milán (sobre o 800) e Sankt Gallen (sobre o 850). Entre o 900 e o 1200 pásase ao irlandés medio, con extensos e abundantes textos literarios. A partir do 1200 comeza o irlandés moderno. Entre os ss XIII-XVII, o chamado irlandés moderno clásico foi unha norma...

    4. Arte desenvolvida en Irlanda. Da Idade do Bronce consérvanse lúnulas de ouro e machados, e do período de La Tène, o colar de Broighter. O desenvolvemento dunha cultura local cristiá e monástica, non suxeita ás invasións, deu lugar ao estilo irlandés dos ss VI-IX, baseado en elementos célticos e coptos, estes últimos introducidos por san Patricio e mantidos polos intercambios con Exipto e Siria. Desta época consérvanse piares, estelas con decoración xeométrica (Fahan Mura e de Carndonagh, s VII), cruces de pedra con escenas bíblicas (Monasterboice e Ruthwell), pezas de ourivería e manuscritos miniados, entre os que destacan os evanxeliarios de Durrow, Kells e Lindisfarne. De estilo gótico son a catedral de Dublín, totalmente reconstruída, e os castelos de Dangan e Luimneach, e do derradeiro cuarto do s XVII, o Royal Hospital, de W. Robinson, e a Duana, de J. Gandon, os dous en Dublín. A arquitectura do s XIX mesturou o neogótico e o neoclásico (catedrais de Cork e Killarney). No comezo do...

    5. escritura insular.

    6. Literatura cultivada en Irlanda en lingua irlandesa. Inicialmente desenvolvéronse tres ciclos épicos precristiáns: o mitolóxico, o dos fenianos (do s XI ao XVIII) e o dos ulates, heroes semimíticos do s I. Logo apareceron os filid, poetas doutos, desprazados no s XIII polos bardos, ao servicio das familias poderosas. Co cristianismo introduciuse en Irlanda a cultura clásica, que nunca tivo un papel decisivo; aínda así, ambas as dúas tendencias chegaron a fusionarse nalgúns xéneros. No s XII comezou a conquista da illa polos ingleses e prohibiuse o uso do irlandés. A partir do s XVII comezou a realizarse unha literatura reivindicativa da propia tradición. O renacemento literario do s XIX tivo lugar basicamente en inglés; fundouse unha sociedade para a defensa da lingua irlandesa (1876), o periódico Irisleabhar na Gaedhilge (1882-1909) e a Connradh na Gaedhilge ou Liga Gaélica (1894), ademáis das achegas dos eruditos John O’Donovan e E. O’Curry. No s XX xurdiron as reivindicacións...

    7. Arte musical cultivada en Irlanda. A música tradicional irlandesa é moi rica en ritmos (reel, jig, hornpipe, air), instrumentos (arpa, tin wisthle, bodrhan, uillean pipe, etc) e música vocal. Os cantos dos bardos conserváronse ao longo dos anos, e así foi como se coñeceron as composicións de T. O’Carolan, destacado arpista do s XVI. As danzas máis típicas son o planxty e o reel, e requiren unha destreza rítmica e de movementos moi elevada. Moitas son as formacións musicais e intérpretes que contribuíron a recuperar o abundante folclore irlandés, entre os que cómpre mencionar solistas como Liam O’Flynn ou Sean Potts, e grupos como Boys of the Lough, The Dubliners ou The Chieftains, estes últimos con máis de corenta anos de traballo a prol da música tradicional do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (95.700 h [1990]). É un núcleo industrial donde predomina a maquinaria, a electrónica, a industria téxtil e a do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista suízo. Catedrático da Universidade de Berna, redactou, en colaboración con Jakob Jud, o Sprachund Sachatlas Italiens und der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), que inaugurou unha nova época da xeografía lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Estudiou na Universidade de Berlín e foi profesor na de Königsberg. Achegou novas ideas á teoría xeral dos determinantes, métodos orixinais para integrar as ecuacións diferenciais e un dos mellores estudios sobre as funcións elípticas. Tamén fixo importantes estudios de física matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psiquiatra alemán. Expoñente do existencialismo, concibiu a filosofía como unha “dilucidación da existencia”, como unha reflexión total da condición humana concreta, non abstracta, que se revela nas “situacións límite” (sufrimento, morte). O problema filosófico consiste en pensar toda a dimensión da existencia sen caer no irracionalismo. Expuxo o seu pensamento, entre outras obras, en Philosophie (1939), Von der Wahrheit (Da verdade, 1948), Vom Ursprung und Ziel der Geschichte (Orixe e fin da historia, 1949) e Einführung in die Philosophie (Introdución á filosofía, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, urbanista e pintor de orixe suízo. Coñecido como Le Corbusier, formouse con Joseph Hoffman, Auguste Perret e Peter Behrens. Establecido en París (1917), alternou a actividade arquitectónica coa pictórica e fundou co pintor Ozenfat a revista Esprit Nouveau (1919-1925), órgano do movemento purista. Coa Ville Savoie de Poissy (1928) e co pavillón suízo da cidade universitaria de París, situouse á cabeza dos racionalistas. Cos seus escritos Vers une architecture (1925), Une maison un palais (1928) e La ville radieuse (1935), deu a coñecer os cinco puntos da súa teoría arquitectónica: os pilotes, as terrazas xardín, a planta aberta, a ventá lonxitudinal e a fachada libre. Posteriormente deu un xiro antirracionalista e violento á súa obra. Neste estilo construíu a Unité d’Habitation en Marsella (1947-1952), caracterizada polos elementos de formigón deixados á vista e na que empregou un sistema de proporcións baseado no modulor,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Catedrático de Patoloxía Médica das universidades de Sevilla (1922) e Madrid (1926), foi creador do instituto e da fundación que levan o seu nome e da clínica da Concepción de Madrid (1956). Foi unha das autoridades máis destacadas no ámbito da medicina interna no Estado español. Das súas moitas obras destacan Lecciones de clínica médica, Enfermedades del intestino delgado e El médico explorando a su enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista brasileiro. Foi un dos principais impulsores da renovación da música popular de Brasil, que na década de 1960 desembocou na bossa nova. Moitas das súas composicións, entre elas Garota de Ipanema, fixéronse famosas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral sueco. A súa traxectoria está ligada basicamente á obra de Ingmar Bergman, con obras como Nara Livet (1957), Vargtimmen (1967), Em passion (1970), Scenner ur ett aktenskap (1973) e Fanny och Alexander (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e psiquiatra suízo. Colaborou con S. Freud ata que, por diverxencias teóricas, se separaron. Ensinou en Zúric e Basilea. As súas principais contribucións no campo da psicoloxía profunda son a relación da libido co conxunto da enerxía vital da psique; a distinción entre o inconsciente individual e o colectivo; a distinción entre un tipo de conduta extravertida e unha introvertida. Escribiu Wandlungen und Symbole der Libido (Mutacións e símbolos da libido, 1912), Die Beziehungen zwischen dem Ich und dem Unbewussten (Relacións entre o eu e o inconsciente, 1928), Symbolik des Geistes (Simboloxía do espírito, 1948) e Aion, Untersuchungen zur Symbolgeschichte (Eón, pesquisas na historia dos símbolos, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte alemán. Entre os seus estudios destacan Winckelman und seine Zeitgenossen (1860-1872), obra biográfica, e Diego Velázquez und se Jahrhundert (1888), unha das primeiras grandes obras sobre este pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Fixo investigacións sobre as baixas temperaturas e, en 1908, obtivo a primeira licuefacción do helio. Estudiou os efectos do frío extremo en numerosos gases e metais, e en 1911 descubriu a supercondutividade (condutividade eléctrica aumentada a temperaturas que se aproximan ao cero absoluto); en 1914, descubriu a saturación paramagnética preto do cero absoluto. En 1913 foille concedido o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da cidade de Chemnitz, Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico estadounidense. Estudiou nas universidades de Harvard e Michigan, onde se doutorou en química e física en 1943. Participou na creación da bomba atómica. Desde 1968 traballou na busca sobre a estrutura da materia en Washington. Foi presidente da Unión Internacional entre 1981 e 1984. Concedéronlle o Premio Nobel de Química en 1985, xunto con Herbert Hauptman polos seus traballos sobre o desenvolvemento dun método directo para determinar a estrutura dos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. A súa obra aparece entre as máis destacadas da lírica sueca do s XX. Deuse a coñecer como poeta con Vildmarks och Kärleksvisor (Cancións do bosque e do amor, 1895), e con Fridolins visor (As cancións de Fridolin, 1898) obtivo un enorme éxito. Cómpre salientar tamén Flora och Pomona (Flora e Pomona, 1906) e Hösthorn (Corazón de outono, 1927). En 1931 foille outorgado postumamente o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO