"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Muro protector que se adoita poñer nos lados de plataformas altas, como as dos balcóns e pontes, para evitar caídas ou poder asomarse sen perigo.

    2. Parte inferior e horizontal dunha fiestra onde se apoia quen se asome para ver o exterior.

    3. Superficie exterior ou derramo do muro dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antepoñer e antepor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio ou traballo preliminar gráfico, técnico, xurídico, económico, etc, que serve de base á redacción definitiva dun proxecto, dunha normativa, dunha lei, etc.

    2. Proposta provisional que eleva un ministro ou conselleiro ao consello de ministros ou consello do goberno autónomo co fin de proceder á redacción definitiva dun proxecto de lei e a súa presentación ao parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatuto de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de materiais que preceden o texto que o autor considera definitivo, e que permiten o estudo da súa xénese mediante a análise dos sucesivos cambios que sofre a obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antinuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Placa metálica dun tubo de Crookes oposta ao cátodo, onde se producen os raios X ao chocar nel os raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate as criptógamas.

    2. Substancia química aplicada no tratamento das enfermidades das plantas producidas por fungos e por bacterias. Entre os produtos de máis alto valor anticriptogámico están o xofre, o cobre e os funxicidas sintéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a Biblia, é o inimigo por antonomasia de Cristo, así como o perseguidor do Cristianismo máis decidido que aparecerá pouco antes da fin do mundo. A figura do Anticristo aparece no Antigo Testamento, onde algúns autores, sobre todo Ezequiel e Daniel, describiron personaxes históricos ou imaxinarios, inimigos de Deus e do pobo xudeu. No Novo Testamento, Paulo e Xoán falaron dun sedutor ou impostor que fai apostatar os crentes, Xoán foi o primeiro en denominalo anticristo. O anticristo por excelencia presentarase na fin do mundo, e o mesmo Cristo, axudado polo arcanxo san Miguel, aniquilarao no momento da parusía. A figura do anticristo empregouse en varias épocas da historia, coincidindo con crises políticas e relixiosas, por visionarios de todo tipo. O maxisterio da Igrexa non se pronunciou sobre a natureza do anticristo, feito polo que algúns eséxetas argumentan que será unha persoa e outros que se tratará dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a detonación.

    2. Substancia que, engadida á gasolina, evita nos motores de explosión, a detonación espontánea mesmo a compresións elevadas. O máis utilizado é o tetretilchumbo, produto que actúa interrompendo as cadeas de reacción e ao cal se suman algúns hidrocarburos haloxenados para evitar a deposición do chumbo e do óxido de chumbo no motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que actúa sobre un veleno e evita os seus efectos tóxicos. A acción dos antídotos pode ser física, química ou fisiolóxica. Teñen unha acción puramente física as graxas e os mucilagos, que forman unha película ao redor de certas substancias velenosas e así retardan a súa absorción, ou tamén o carbón activo, eficaz polo seu poder absorbente. No caso dos antídotos químicos prodúcese unha reacción entre o antídoto e o veleno (neutralización, precipitación, transformación nun composto non tóxico). Os antídotos fisiolóxicos neutralizan os efectos do tóxico sobre o organismo e exercen unha acción antagónica.

    2. Medio ou preservativo para non caer en ningunha falta ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que ten o poder de evitar que se inicie unha fermentación ou de detela unha vez iniciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación cristiá do conxunto dos libros da Biblia escritos antes do nacemento de Cristo. Baixo esta denominación, os cristiáns católicos e ortodoxos agrupan 46 libros nos que fan constar os 7 que foron excluídos do canon hebreo, establecido ao remate do s I d C; mentres que os fieis da Igrexa Reformada (protestantes) agrupan 39, seguindo a distribución xudía. Os xudeus distribúen estes 39 libros, os únicos da súa Biblia en tres grupos: a Lei (Toráh), Profetas (Nebiim) e Escritos (Ketubim). Católicos e ortodoxos clasifican os 46 libros do seu Antigo Testamento en catro grupos, segundo os xéneros literarios empregados neles: Pentateuco, Históricos, Sapienciais e Proféticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico grego. Foi a primeira persoa, da que temos coñecemento, que constatou a relación entre a Lúa e as mareas. Foi o autor dun escrito sobre curiosidades zoolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Alexandre o Grande. Á morte deste, gobernou Frixia e outros territorios de Asia Menor. Baixo a rexencia de Antípater, foi nomeado xeneral dos exércitos de Asia e loitou contra Seleuco I, Rei de Babilonia, e unha coalición de xenerais. Ao rematar a guerra (311), Antígono dominou toda Asia Menor, Siria e unha boa parte de Mesopotamia. No ano 306 proclamouse, xunto co seu fillo Demetrio, “Rei”. Foi vencido en Isios, cidade de Frixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a gota.

    2. Substancia empregada no tratamento da gota. Actúan como antigotosos as drogas uricosúricas, que aumentan a excreción de ácido úrico, o alorupinol, que inhibe os últimos pasos na biosíntese do ácido úrico, e a colquicina, que diminúe a fagocitose dos cristais de urato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Xosé Verea y Aguiar publicada en 1836. Encádrase dentro da corrente historiográfica romántica, iniciada por el mesmo na Historia de Galicia que escribiu, onde introduce por vez primeira o celtismo como modelo de explicación dos restos arqueolóxicos e dos feitos prehistóricos, co fin de subliñar o carácter diferencial da historia de Galicia, reivindicándoa como nación fronte a outros territorios da Península Ibérica. Principia así unha longa escola que guiará a moitos historiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as inflamacións.

    2. Fármaco utilizado para combater a inflamación. Os antiinflamatorios divídense en específicos e non específicos. Entre os primeiros están os sales de ouro e a penicilamina, indicados na artrite rematoide. Entre os segundos existen dous grandes grupos, os corticoides e os antiinflamatorios non esteroidais, que se subclasifican en derivados salicílicos e non salicílicos. Poden utilizarse por vía xeral ou tópica. Tamén o frío pode actuar como antiinflamatorio posto que produce unha vasoconstrición periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado por Alemaña e Xapón o 25 de novembro do 1936 para opoñerse á Internacional Comunista (Komintern). Posteriormente adheríronse Italia (1937), Manchukuo e España (1939), Hungría (1940) e Bulgaria (1941). En novembro de 1941 renovouse o pacto por un período de cinco anos, que non se chegou a cumprir debido á derrota das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia estruturalmente relacionada cun metabolito que inhibe a súa utilización e bloquea as súas relacións enzimáticas normais ao entrar en competencia con el para ocupar as posicións activas dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO