"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo francés. Conservador xefe das antigüidades orientais do Musée du Louvre (1928), participou en campañas arqueolóxicas en Sūsah e Ṣ aydā (Sidón). Director da Encyclopédie d’archéologie orientale (Enciclopedia de arqueoloxía oriental, 1914-1957), foi autor, entre outras obras, de La civilisation assyro-babylonienne (A civilización asirio-babilónica, 1922), La civilisation phénicienne (A civilización fenicia, 1926) e Manuel d’archéologie orientale (Manual de arqueoloxía oriental, 1914-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é do mesmo lugar ca outra persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións destinadas a contrarrestar o bloqueo que impón un inimigo.
-
-
Relativo ou pertencente ás convolvuláceas.
-
Planta da familia das convolvuláceas.
-
Familia de árbustos, árbores e herbáceas da orde das solanais que comprende 50 xéneros con 1.800 especies, de distribución principalmente tropical e subtropical, como as patacas doces e as correolas.
-
-
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou na Columbia University, onde se doutorou en 1954. Profesor en diversas universidades dos EE UU e membro das principais sociedades científicas internacionais, realizou notables investigacións sobre física teórica e publicou numerosos artigos. Os seus traballos sobre a supercondutividade, realizados en colaboración con J. Bardeen e J. R. Shrieffer, que constitúen a denominada teoría BCS, valéronlle a concesión do Premio Nobel de Física no ano 1972, que compartiu cos seus dous colaboradores. A el débeselle o descubrimento das parellas de Cooper.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Pélope. Tras asasinar a Ífito tivo que abandonar a súa terra natal, Élide, e refuxiarse en Micenas, na corte de Eristeo, a quen serviu como heraldo. Cando acudiu xunto aos atenienses para lles reclamar a expulsión dos heraclidas, matárono. O seu fillo Perifetes, famoso pola súa valentía e forza, acompañou a Agamemnon a Troia e morreu a mans de Héctor.
-
-
Relativo ou pertencente ás coprináceas.
-
Fungo da familia das coprináceas.
-
Familia da orde das agaricais á que pertencen os xéneros Coprinus, Lacrymaria e Psathyrella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de coquetear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.
-
-
Relativo ou pertencente ás coralináceas.
-
Alga da familia das coralináceas.
-
Familia de algas vermellas, a máis importante da orde das criptonemiais. Comprende especies moi calcificadas, de cores brancas ou rosadas, que forman cotras preto do nivel onde baten as ondas, como os xéneros Lithophyllum e Lithothamnium, ou frondes rectas con moitas ramificacións divididas en artigos, como as dos xéneros Corallina e Jania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cordaitáceas.
-
Planta da familia das cordaitáceas.
-
Familia de plantas da orde das cordaitais que pertence ao xénero Cordaites.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé da poesía grega e latina composto de dúas sílabas, a primeira longa e a outra breve.
-
-
Arte de compoñer ballets ou danzas anotando as figuras e os pasos dos solistas e dos grupos, harmonizados coa música e outros elementos do espectáculo. A primeira notación coreográfica -moi rudimentaria-, da que se ten noticia, apareceu no Llibre Vermell de Montserrat. A primeira escola xurdiu en Milán, formada por mestres de danza profesionais (Pompeo, Diobono, mestre de Negri e de Belgioioso, Martire, Tetoni e Legnano) que difundiron por toda Europa os principios da danza italiana. Na fin do século XVI destacou Fabrizio Caroso co seu tratado Il ballarino (1581). O primeiro que inventou un sistema de notación coreográfica foi Jehan Tabourot. No s XVII sobresaíron diversos coreógrafos, como Balbi ou Bocan. A aparición do tratado Choréografie ou l’art de décrire la danse (Coreografía ou a arte de describir a danza, 1699), de Feuillet, significou un avance nesta arte. Nos dous primeiros decenios do s XVIII houbo un predominio do ballet cunha coreografía de tipo...
-
Conxunto de figuras, pasos e movementos que compoñen un ballet ou danza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á coreografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á coreografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das asteráceas, de follas pinnatisectas e capítulos heterógamos. Orixinarias de América do Norte, cultívanse como plantas ornamentais.
-
-
Relativo ou pertencente ao coiro.
-
De textura semellante ao coiro.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás coriariáceas.
-
Herba ou arbusto da familia das coriariáceas.
-
Familia de herbas ou arbustos da orde das ranunculais, integrada por media ducia de especies de follas simples, enteiras, opostas ou verticiladas, con flores actinomorfas, unisexuais ou hermafroditas, pentámeras e solitarias ou dispostas en acios, e froitos en drupa. Propia de zonas temperadas ou cálidas, comprende só o xénero Coriaria.
-
-
-
Director do coro na traxedia grecorromana. Os diálogos entre o corifeo e o coro teñen a súa orixe nos que se establecían entre o xefe do coro de cantantes e o propio coro nas celebracións rituais das festas de Dioniso: o texto cantado polo solista, que adoptaba a forma do ditirambo, recibía como resposta uns ritornellos ou “refráns”. Considérase que a figura do primeiro actor xorde no momento en que o corifeo se independiza do coro. Este papel atribuíuse tradicionalmente a Tespis, que conxugaba as funcións de actor e autor de traxedia.
-
Guía ou mentor dun partido ou dunha secta.
-