"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Valois (París 1401 - Bermondsey 1437) Raíña de Inglaterra, filla de Carlos VI de Francia. No Tratado de Troyes acordouse o seu casamento con Enrique V de Inglaterra (1420), recoñecido como herdeiro do soberano francés. O seu fillo Enrique VI foi proclamado rei de Francia e Inglaterra. En 1428 casou con Owen Tudor e un dos seus netos, Enrique Tudor, foi rei de Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Raíña de Castela (1390-1406), filla do duque de Lancaster e neta de Pedro I. O seu casamento en 1388 con Enrique de Trastámara, futuro Enrique III, puxo fin ás loitas dinásticas entre os descendentes de Pedro I e os Trastámara. Ambos os esposos recibiron o título de Príncipes de Asturias, denominación que dende aquela levan os herdeiros da coroa española. Foi correxente do seu fillo Xoán II dende 1406.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa italiana. De nome Catarina Benincasa, aos dezaseis anos entrou na Terceira Orde dominicana e levou unha vida ascética, consagrada a obras de penitencia. En 1376 foi a Aviñón co fin de convencer a Gregorio XI para que a sé papal regresase a Roma, co conseguinte volta do papa, despois de 70 anos en Aviñón. En 1378 mediou na paz entre Florencia e Gregorio XI, e preparou a adhesión de Nápoles a Urbano VI. Entre as súas obras destaca o Diálogo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( Il libro della divina doctrina "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) e 380 cartas que amosan a súa actividade político-relixiosa. No ano 1461 foi canonizada e en 1970 proclamárona doutora da Igrexa. Declarada por Pío II segunda patroa de Roma, é patroa tamén das mulleres solteiras. Os dominicanos pretenderon que tamén sufrira a estigmatización como san Francisco, feito que negaron os franciscanos. Na iconografía viste hábito branco e capa negra dos dominicanos, leva na man a flor de lis "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";(...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. De nome Caterina Fieschi, filla do vicerrei de Nápoles, consagrouse á beneficencia desde 1473. Inscrita no misticismo, escribiu un Trattato del Purgatorio e un Diálogo entre a alma e o corpo. A súa festa celébrase o 15 de setembro. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xeocronolóxica (non cronoestratigráfica) situada baixo o Arqueozoico. Ten categoría de era e fai referencia a todo o espazo temporal que vai dende a formación ou individualización da Terra como planeta ata a primeira rocha arqueozoica, a máis antiga ata agora atopada dentro do rexistro de datas radiocronométricas. Trátase dunha unidade temporal da que, por exclusión, non se ten testemuño e que abrangue un período de 800 millóns de anos (dende o -4600 Ma ao -3800 Ma). Fai referencia a todos os tempos pre-xeolóxicos dunha Terra en formación e diferenciación xeoquímica, na que despois xurdiron a primeira cortiza e as primeiras segregacións siálicas que deron lugar aos protocontinentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Catarqueano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista infantil ilustrada editada en Santiago de Compostela no ano 1904. Baixo a dirección do P. Urrutia, era un complemento ao labor pedagóxico, que contiña, dende avisos sobre as actividades da catequese, ata artigos de fondo e seccións de entretemento. Atravesou diferentes etapas; a primeira delas rematou no número 76, cando, en 1915, cambiou o seu nome polo de Catecismo de Niños y Niñas. O seu novo director, o P. Luís María Ortiz, apostaba por unha idea máis infantil e lúdica, ao tempo que como poeta e escritor en galego aumentaba a cantidade de colaboracións nesta lingua. Incluíu escritos de J. Barcia Caballero, Julio Alarcón, Juan de Dios Peza, José da Viña e Miguel dos Agros. Tamén insería poemas de Celestino García, Francisca Herrera ou de frei Alfonso Rey. Publicaba dúas seccións; por un lado, “Entretenimientos”, na que había cancións, adiviñas e xogos, e por outro, “Correspondencia”, na que se intercambiaban cartas. En 1917, co traslado de Ortiz para Bilbao, levou con el o Catecismo....
-
SEMANARIOS
Semanario dos Padres Franciscanos que se publicou en Ourense dende 1943 ata 1945. O seu director foi o P. José Mª Guillén Rey. No sumario figuran as seccións “Pedagogía y catequesis”, “Liturgia” e “Miscelánea”. Entre os redactores destacan Aurora Maceda, Andrés Herranz, Agustín Rodríguez, Josefa Rodríguez e Germán Yáñez. O grupo de colaboradores estaba integrado por Vicente Risco, José Mª Ciorda, Amparo F. Noguerol ou José Mª Parente. Trátase dunha folla semanal de información que co tempo se converteu nunha revista mensual de formación relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso situado na parte alta do Oligoceno, por debaixo da Aquitania e por riba da Estampia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Catiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel López González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro xornal editado en Galicia que saíu do prelo o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela. Comparando a data de publicación de El Catón Compostelano coa dos primeiros periódicos españois, obsérvase o enorme baleiro no que estivo sumida a prensa galega durante unha boa parte do s XVIII. Este xornal, fundado por Francisco de Valle Inclán, nace nunha época na que era difícil sacar á luz “papeis públicos”, debido á censura previa que existía. De feito, os “autores de papeles periódicos” tiñan a obriga de presentalos asinados por si mesmos ao xuíz de imprenta, e este era o encargado de outorgar ou rexeitar a licenza de impresión se, previamente, o ditame do censor fora favorable. A aparición deste decano dos xornais galegos foi o decisivo punto de arranque para novas publicacións periódicas, pero non dunha maneira inmediata, xa que non volvería aparecer ningún outro no período que vai de 1800 a 1808. O tipo de periodismo que se fixo coa entrada das tropas napoleónicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar por medio de espellos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabalo de trunfos’.
-
PERSOEIRO
Historiador, economista e político. En 1839 fundou e dirixiu Il Politecnico, un repertorio de estudios de contido positivista e de carácter saint-simoniano. A través da investigación científica propuxo un programa político sobre a cuestión italiana, de tendencia republicana e federal. Durante os feitos das Cinque Giornate de Milán (1848) exiliouse a París e Lugano (1848-1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Caucasia ou ao Cáucaso, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Caucasia ou do Cáucaso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cola prénsil.
-
GALICIA
Escritor. Colaborou na prensa da época (La Opinión Pública, El Porvenir e La Ilustración Española y Americana), publicou as pezas dramáticas Luchas de amor y deber (1851) e Triste ejemplo! (1878), e o poemario Cantares españoles (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO