"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi cóengo e xuíz do Fuero (1550) en Mondoñedo. Da súa produción destaca Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (1550), dividido en cinco partes que recollen datos xeográficos, históricos, artísticos, ditos populares, tradicións e lendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Estivo moi vinculado ás actividades culturais das asociacións galegas da capital arxentina, onde entrou en contacto con intectuais galegos, e Galicia sempre foi un tema recorrente na súa obra. Destacado poeta, ensaísta e articulista, das súas obras destacan Itinerario gallego (1958), Latitud Finisterre (1961), Canto a las provincias gallegas (1967) e El perfil en la sombra (1970). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1962) e recibiu o Premio Fernández Latorre (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como herbicida. O seu mecanismo de acción consiste en intervir no crecemento de meristemas e está autorizado sobre monocotiledóneas anuais en cultivos de arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mollicutas.

    2. Microorganismo da clase das mollicutas.

    3. Clase de microorganismos diminutos e desprovistos de paredes celulares. Son saprófitos, parasitos ou patóxenos de animais e dalgunhas plantas. Pódense cultivar en medios acelulares, pero o desenvolvemento dos parasitos é normalmente extracelular. O xénero máis importante desta clase é o Mycoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da cidade de Perm’ entre os anos 1940-1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • V’ačeslav Mikhajlovič Skrajabin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou torre da Hedra Construción situada en Momán (Cospeito). Case non quedan restos desta antiga construción defensiva. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de tempo mínimo ou extremamente curto.

    2. Tempo preciso en que ocorre algo.

    3. Tempo oportuno para facer algunha cousa ou para que se faga realidade un desexo, un propósito.

    4. Espazo de tempo máis ou menos longo caracterizado polo seu contido.

    5. Dada unha variable aleatoria X, e sendo f(x) a súa función de densidade, valor m r dado pola fórmula

      FORMULA
      m r = c ? -? (x - a) r   f(x) dx,

      en que a é un número real fixado e r é un número natural que determina a orde do momento.

    6. alor determinado polo parámetro na representación paramétrica dunha curva. Este parámetro, en física, é sempre o tempo.

      1. momento angular respecto a un punto

        Dado unha partícula en movemento e un punto arbitrario A, momento do vector momento lineal da partícula respecto ao punto A. O momento angular denomínase tamén momento cinético e cantidade de movemento angular e, no caso dun sistema de partículas, defínese como a suma dos momentos angulares das partículas do sistema. A propiedade que fai interesante o movemento angular establécea o denominado teorema do momento angular, segundo o que, baixo condicións moi xerais, a derivada temporal do momento angular respecto a un punto A é igual ao momento resultante, respecto ao punto A, do sistema de forzas exteriores que actúan. Un corolario inmediato deste teorema é o denominado teorema da conservación do momento angular, segundo o que o momento angular dun sistema de partículas é constante se sobre o sistema non actúa ningún momento exterior de forzas.

      2. momento de inercia

        momento de inercia.

      3. momento dipolar

        Dada unha distribución de cargas eléctricas en repouso, coeficiente do termo 1/r 2 que aparece ao desenvolver o potencial creado polas cargas nun punto do espazo en serie de potencias de 1/r. Analogamente, denomínase momento cuadripolar, octopolar, etc, aos respectivos coeficientes dos termos 1/r 3 , 1/r 4 , etc, desta serie. Un desenvolvemento análogo do potencial vector do campo magnético dá lugar aos momentos dipolares, cuadripolares, etc, magnéticos, coincidindo o primeiro deles co denominado momento magnético dunha espira.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña entre o 16 de febreiro e o 13 de marzo de 1930 baixo os subtítulos “Diario independente” e “Diario de la noche”. De tendencia progresista e galeguista, incluíu información local da Coruña e Santiago de Compostela e artigos sobre educación e política, aínda que moitos dos seus contidos foron censurados. Contou con colaboracións humorísticas de Álvaro Cebreiro, con ilustracións de Cousas de Castelao e textos de V. Risco, A. Iglesia Alvariño, Villar Ponte ou Víctor Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Viveiro a partir do 1 de decembro de 1931. Cesou en 1934. Subtitulouse “Órgano de las Agrupaciones Socialistas del distrito y defensor de la clase trabajadora”. Dirixiuno Bieito Sánchez López, e aparecía cada dez días, ata agosto de 1933 en que se fixo quincenal. De tendencia socialista e autonomista, caracterizouse pola súa postura anticaciquil e anticlerical, a defensa do voto da muller, a preocupación pola cultura do obreiro e a súa oposición a unha República burguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Promotor, realizador cinematográfico e editor. Montou espectáculos de variedades en París, Londres ou Los Angeles e dirixiu filmes como Hombres contra hombres (1935), La hija del mar (1953) ou Il gladiatori invincibile (1961), que tamén produciu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado e profesión de monxe que se caracteriza por un certo afastamento material da sociedade e por unha vida de ascese e pregaria. Deixando á parte o Islam, que non ten vida monástica propiamente dita, as tres grandes correntes son o monacato cristián, o hindú e o budista. O monacato cristián, vivido por homes e mulleres, ten a orixe nos ascetas e nas virxes que vivían radicalmente a súa fe cristiá nas cidades. No s III xa había anacoretas en Siria, Palestina, Mesopotamia e, sobre todo, en Exipto. No s IV dúas grandes figuras marcaron a norma para o futuro: santo Antón Abade, chamado pai dos anacoretas, e san Pacomio, chamado pai dos cenobitas. San Basilio o Grande, no mesmo s IV, cos seus escritos monásticos, sobre todo coa regra de san Basilio, marcou o desenvolvemento ulterior do monacato. En Occidente, cara a 360, san Martiño de Tours fundou en Ligugé o primeiro mosteiro occidental do que se ten constancia. En Hispania documéntase no s III cunhas características propias,...

    2. Institución monástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo italiano. Foi investigador de filoloxía románica e publicou unha coidada edición diplomática dun dos dous códices mandados transcribir a comezos do s XVI por Angelo Colocci, Il Canzoniere portoghese della Biblioteca Vaticana (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Covelas (Ribadeo). O seu cumio acada os 570 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e Vilanova (A Veiga). O seu cumio é A Moneda, que acada os 1.526 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. De personalidade controvertida, practicou un nacionalismo internacionalista mesturado cun propagandismo anticlerical profundamente relixioso. Aliado de Garibaldi nas súas ideas unitarias, editou Il secolo (1867-1895) e fundou o xornal La vita internazionale (1898). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Piemonte, Italia, comprendida case totalmente na actual provincia de Alessandria. É unha rexión esencialmente agrícola que produce viños rosados de boa calidade. Os centros máis importantes son Asti e Alba. Foi un marquesado (1000?) posuído pola familia Aleramici ata que, en 1305, pasou aos Paleólogo. Ao morrer Xoán Xurxo Paleólogo (1533), sen fillos, a sucesión foi disputada polos Gonzaga e polos Savoia. O emperador outorgoulla aos primeiros (1536). En 1575 foi convertido en ducado por Maximiliano II. Os Savoia aproveitaron a morte dos duques Francisco IV de Mantua (1612) e Vicente II de Mantua (1627) para disputar o ducado, que polo Tratado de Cherasco (1631) pasou aos Gonzaga. En 1707 o emperador outorgoullo aos Savoia, e desde aquel momento quedou vencellado á historia de Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO