"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Precedesor de Samuel Beckett e do nouveau roman, a súa obra inicial inclúese na estética surrealista; posteriormente pasou a ser máis intimista e a basearse nas súas vivencias persoais. Como poeta publicou Le hollandais volant (O holandés voador, 1936), Poèmes de la nuit et du brouillard (Poemas da noite e da néboa, 1945) e Poésie-Journal (Poesía-Xornal, 1969-1980); no eido da narrativa é autor, entre outras obras, de Le froid du soleil (O frío do sol, 1963), Histoire de la mer (Historia do mar, 1973) e Histoire du ciel (Historia do ceo, 1979). Escribiu tamén numerosas novelas, guións de cine e curtametraxes. Dende 1973 é membro da Académie Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Derradeira Cea Xuntanza que, segundo os Evanxeos, realizou Xesús cos seus doce apóstolos para celebrar a Pascua, tal e como preceptuaba a Lei de Moisés, e na que se instituíu a eucaristía. Despois de cear e cantar os salmos de celebración da Pascua, saíron cara ao monte de Xetsemaní onde prenderon a Xesús. A Santa Cea foi un tema moi representado na iconografía cristiá, dende a que pasou a toda a arte occidental. Hai mostras xa na arte paleocristiá e nos mosaicos bizantinos de San Apolinar il Nuovo en Ravenna (s VI). A composición máis habitual é a de dispoñer os apóstolos, con Xesús no centro, ao redor dunha longa mesa e de cara ao espectador. No románico introduciuse a figura de Xudas e o anuncio da traizón; desta época destacan a representación pictórica de san Isidoro de León, os capiteis da catedral de Pamplona e da igrexa de San Juan de la Peña. O gótico representouna dun xeito máis detallista e realista, como no retablo da catedral de Toledo. Durante...
-
PERSOEIRO
Historiador e crítico de arte. Cultivou o debuxo e a pintura no taller de Juan Espinal en Sevilla e despois con Rafael Mengs en Madrid. Animado por Jovellanos, dedicouse á investigación. Publicou Dicionario de los más ilustres profesores de bellas artes en España (1800), Noticias de los arquitectos y la arquitectura en España (1829) e un gran número de estudios e monografías. Foi membro da Real Academia de Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Academia San Luis de Zaragoza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Militar. Comandante en xefe do rexemento de Infantería destinado no cuartel de San Francisco en Ourense, asumiu o mando durante a sublevación militar de 1936 nesta cidade. Dez días despois, marchou coas súas tropas á fronte de Asturias onde o feriron.
-
PERSOEIRO
Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes, estudiou na Académia de Belles Arts de San Carles de València. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e subdirector xeral de Promoción e Difusión Cultural da consellería de Educación e Cultura. A súa pintura caracterízase polo xeometrismo e o colorido das composicións. Recibiu a Medalla de Prata da cátedra de Historia da Arte no seu cincuenta aniversario e unha mención na Trienal de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no Cebreiro do que só se conserva a igrexa. A súa orixe está na fundación dun hospital para peregrinos e dun pequeno templo no s IX, fundados posiblemente por Xerardo, conde de Aurillac, despois de percorrer o Camiño de Santiago. O mosteiro noméase nun documento de doazón de Afonso III ao bispo de Iria no 833. Estas dependencias substituíronse por outras en 1072, cando Afonso VI lles cedeu o control do hospital aos monxes franceses da abadía de Saint-Geraud d’Aurillac, máis tarde anexionada á de Cluny. O mosteiro recibiu privilexios e doazóns de Afonso VI, Afonso VII e Fernando II. En 1487, os Reis Católicos, peregrinos a Compostela, ampliaron o primitivo hospital e separárono, grazas á bula de Inocencio III, de Aurillac. En 1496 pasou a depender da congregación de san Benito el Real de Valladolid ata a súa exclaustración en 1835. O deterioro que sufriu o conxunto monástico alongouse ata que no ano 1962 se iniciou a rehabilitación do hospital, convertido na Hospedería...
-
PERSOEIRO
Diplomático, conde de Fuenclara. Vicerrei de Nueva España (1742-1746), ao seu regreso a España nomeárono embaixador en Viena e xestionou o matrimonio do rei de Nápoles, futuro Carlos III, coa princesa María Amalia, filla do rei de Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou filosofía na Universidad Complutense de Madrid e graduouse na Escuela Oficial de Periodismo en 1963. Nese mesmo ano fundou a revista Cuadernos para el diálogo e traballou como redactor xefe no xornal Pueblo. En 1968 incorporouse como redactor xefe ao xornal Informaciones. Foi conselleiro delegado do grupo PRISA e de Canal+, e vicepresidente de Sogecable. Dirixiu os servicios informativos da primeira cadea de TVE e, en 1976, formou parte do equipo fundacional do diario El País, que dirixiu ata 1988. Publicou, entre outros libros, La prensa y la calle (1980), La isla del viento (1990) e La agonía del dragón (2000). Recibiu, entre outras distincións, o Premio Nacional de Periodismo (1983) e o Premio Internacional Trento de Periodismo y Comunicación (1987). En 1996 foi nomeado membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e profesor. Licenciado en Ciencias Sociais, Filosofía e Teoloxía, foi profesor de doutrina social da Igrexa, ética e socioloxía no seminario maior de Santiago e profesor de ensino secundario no instituto compostelán Arcebispo Xelmírez. Foi delegado episcopal de socioloxía e estatística do arcebispado de Santiago, consolidario diocesano da xuventude obreira católica e delegado episcopal de Caritas en Santiago de Compostela. Foi coautor de El trabajo manual del clero (1968) e Encuesta R.M.A. (religiosa, axiológica, moral): a jóvenes de 14-15 a 19-20 años (1985). Publicou unha serie de guías turísticas entre as que destacan Santiago (1971), Santiago y Galicia: Guía turística (1976), Guía para visitar los santuarios marianos de Galicia (1989) e Santuarios de Galicia (1991). Entre os seus estudios destacan Prostitución y Sociedad (1977), Juventud gallega: actitudes religioso-morales (1987), Una escuela para...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista e propagandista libertario. Comezou traballando no Instituto coruñés e posteriormente se vinculou á escola laica da Antorcha, na que se dedicou á súa reorganización e a impartir clases. En 1898 fundou a Sociedad Cooperativa de Obreros e mantivo unha intensa actividade como asesor e inspirador de diversas sociedades de resistencia e do primeiro agrarismo nos arrabaldes da Coruña. Como secretario da Sociedad de Oficios Varios acusárono de ser o principal responsable dos sucesos de maio de 1901 e condenárono a 12 anos de cadea. Indultado no 1902, fundou o cadro de declamación do Centro de Estudios Germinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, ilustrador e humorista gráfico. Coñecido como Julio Cebrián, a súa carreira profesional comezou no mundo do xornalismo. Foi debuxante de La Codorniz e crítico de arte de La Gaceta del Arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cebu.
-
Natural ou habitante de Cebu.
-
Lingua de Oceanía da familia austronésica, do grupo de linguas malatyo-polinesias occidentais. Procede do visayo e conta cuns 9.000.000 de falantes.
-
-
PERSOEIRO
Guionista de cine, filla de Emilio Cecchi. Traballou para Luigi Zampa en Vivere in Pace (Vivir en paz), Vittorio de Sica en Ladri di biciclette (Ladrón de bicicletas) e para Luchino Visconti en Bellissima (Belísima), Senso (Sentido), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns), Il Gattopardo, Ludwig e L’innocente (O inocente). Escribiu o guión I picari (Os pícaros, 1987) e Il male oscuro (O mal escuro, 1990), de M. Monicelli e de Occi ciorni (1987), de N. Mikhalkov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que cecea.
-
PERSOEIRO
Pintor, escultor e teórico da arte. En Florencia formou parte do grupo dos macchiaioli, do que chegou a ser un dos seus teóricos. Realizou obras de pequeno formato nas que representou aspectos da vida cotiá. Na súa obra Notas críticas, defendeu a libre expresión do artista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo da Concepción.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Redondela e realizada por Fernando Casas, quen contratou o proxecto no ano 1743 para reedificar un templo tardogótico do s XVI. A planta presenta unha nave rectangular de dous tramos, cuberta con bóveda de crucería e precedida dun coro alto amodo de nártice ou vestíbulo. Na cabeceira están o cruceiro, pouco desenvolvido e cuberto cunha bóveda nervada, e o presbiterio de grandes dimensións. No interior conserva o retablo maior e os laterais de estilo barroco. A fachada presenta un corpo prismático enmarcado entre dúas pilastras, no que se tentou destacar o eixe central rematado en espadana, o que aumenta a sensación de verticalidade. Está decorada con motivos xeométricos. Entre 1880 e 1884 realizáronse obras de restauración.
VER O DETALLE DO TERMO