"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Sistema montañoso que forma parte da serra da Loba e se estende polos concellos de Guitiriz (Lugo) e Aranga (A Coruña). As súas altitudes oscilan entre os 668 m e os 726 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cedeira baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega formada sobre o topónimo Montoxo (Cedeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Perseguido   e encarcerado (1976) pola ditadura de Hugo Banzer por mor das súas actividades políticas, exiliouse en Suecia en 1977. A súa obra está dirixida a relatar, de xeito testemuñal, a explotación, a miseria e a represión da que foi obxecto o pobo boliviano, así como outros temas de carácter universal, e abarca o conto, a novela, o ensaio e a crónica xornalística. Fundou e dirixiu as revistas literarias PuertAbierta e Contraluz, e das súas obras destacan Huelga y represión (1979), Días y noches de angustia (1984), Cuentos violentos (1991), El laberinto del pecado (1993), El eco de la conciencia (1994), Antología del cuento latinoamericano en Suecia (1995), Palabra encendida (1996), Cuentos de la mina (2000) e Entre tumbas y pesadillas (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de fontes históricas medievais de Alemaña e de Europa, fundada e dirixida inicialmente (1818-1823) por G.H.Pertz e publicada primeiro pola Gesellschaft für Deutschlands ältere Geschichitskunde, e despois por outras entidades coma a Akademie der Wissenschaften in Berlin.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra de escultura ou de arquitectura erixida para perpetuar a lembranza dunha persoa ou un feito memorable.

      2. Edificio notable dun lugar ou unha cidade, coma as igrexas ou os pazos.

      3. Obra de importancia notable para as artes, a historia ou a literatura dun país ou dunha cultura.

      4. monumento funerario

        Sepulcro ou obra arquitectónica ou escultórica realizado co fin de honrar a un morto.

      5. monumento nacional

        Monumento que polo seu valor arqueolóxico ou histórico, por decreto positivo, queda baixo a tutela do Estado con vista á súa conservación e restauración. Todos os monumentos quedaron desde 1803, en España, baixo a dependencia do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes. Para velar máis directamente os monumentos, en 1844 foi creada en cada provincia unha comisión provincial de monumentos históricos e artísticos, reorganizada en 1854. As primeiras actuacións provinciais remóntanse a 1870.

    1. Altar especial, cun sagrario ou tabernáculo, que contén nas igrexas o Xoves Santo, para a reserva da Eucaristía do Venres Santo. Antes da reforma da Semana Santa adoitaba ser unha escalinata adornada con flores e cirios e, enriba de todo, unha furna en forma de sepulcro, onde era depositada a Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1951 entrou na Editorial Bruguera, onde destacou como guionista de banda deseñada en El Capitán Trueno. Como narrador publicou os contos El Cafè dels homes tristos (1966, premio Víctor Català 1965), Perduts al pàrking (1974), Mozzarella i Gorgonzola i altres contes (1981), Barcelona 2080 et altres contes improbables (1989), a triloxía Els plàtans de Barcelona (1972), París flash-back (1978) e El tramvia blau (1985), e as novelas La pluja morta (1966), La dona dells ulls de pluja (1993, Premi Joan Crexells) e Diari de bord (sense navegar i a punt de naufragi) (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido co nome de Júnior, formou parte do grupo de música Los Brincos e despois formou dúo con Juan Pardo en Juan y Júnior (1966-1968), co que gravou doce temas, entre os que destaca “Anduriña”. Cando o grupo se separou el dedicouse principalmente á composición e á produción musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Organista e mestre de capela en Ávila, Plasencia, Toledo e Málaga, cantou na Capela Sistina de Roma. Considerado o polifonista máis representativo da escola española, os seus 91 motetes, os sete magnificat e as doce misas que compuxo coñécense en toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Impresor, redactor e administrador de El socialista (1886-1903), foi membro (1894-1899) e secretario (1899-1903) do comité nacional do PSOE. Expulsado do partido ao aceptar un traballo no Ministerio de Fomento, desenvolveu unha tarefa importante como historiador do movemento obreiro. Escribiu Jaime Vera y el socialismo (1918) e El partido socialista obrero (1918). Volveu ao PSOE en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Prórroga do prazo que se concede legalmente a alguén para o pagamento dunha débeda ou tributo.

      2. Tempo que lle concede o acredor ao pagador para pagar a débeda.

      3. xuros moratorios

        Xuros creados desde que se constitúe en mora o debedor

    1. Suspensión ou dilación dun asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica un adiamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alberto Pincherle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1794 era xeneral de división. As rivalidades con Napoleón I Bonaparte e as súas boas relacións con C. Pichegru e os realistas valéronlle a deportación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Especializouse en pintura, cerámica e gravado, e desde 1966 realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Ilustrou a novela de Paco de Tano, Unha xanela ao bío (2003) e da súa obra destaca Martelo bermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Taboada. Diferéncianse dous corpos, dos que destaca o da dereita, que alberga a torre. Este ten tres alturas e accédese a el mediante unha porta de arco de medio punto. A vivenda está construída en cachotaría e destaca a cheminea. Puido ter un cárcere no soto. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Canabal (Sober). Datada no s XV, ten planta en L da que sobresae outro corpo que alberga a torre (s XV), de planta rectangular, que forma esquina. Está construída en cachotaría de granito e destaca o arco de entrada encadrado por dúas columnas de cachotaría e a palleira posterior ao conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Fontecuberta (Palas de Rei). A fachada está constituída por dúas edificacións de planta cadrada unidas por un soportal que conta cunha escaleira de balaustrada de granito. Os muros son de cantaría regular e a cuberta é a dúas augas. Na edificación orixinal contaba cunha torre que xa non está.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cequeliños (Arbo). Na súa orixe tivo un carácter defensivo sobre o val do Miño e pertenceu á familia Vázquez Puga, da que aínda se conserva o seu escudo de armas nunha das fachadas. A edificación data do s XVIII e ten dúas alturas e está construída en cantaría e cachotaría. Destaca, nun ángulo, a torre ameada con garitas. Conserva a capela, exenta, o pombal e unha fonte de 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi correspondente de A Nosa Terra. Ordenouse sacerdote (1963) e foi un dos fundadores da editorial Alvarellos e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Publicou Os mil e un refráns galegos da muller (1973), Os mil e un refráns galegos do home (1977) e Crónicas (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO