"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PERSOEIRO
Pintor. Licenciado en Belas Artes, traballou con diferentes soportes e técnicas. A súa obra caracterízase pola ausencia do tema e polo estilo neoexpresionista. Realizou exposicións en Madrid, Ourense, Vigo e outras cidades e participou en diversos certames.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente mariña fría que se orixina no Océano Glacial Ártico e percorre as costas orientais de América do Norte ata confluír coa corrente cálida do Golfo. Transporta cara ao S grandes cantidades de bloques de xeo, que se disolven en contacto coa corrente cálida do Golfo. O plancto, adaptado á corrente cálida do Golfo, morre se é arrastrado cara á corrente fría do Labrador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Atlántico, situado na costa nororiental de Canadá, entre a península do Labrador e o S de Groenlandia.
-
PENÍNSULAS
Península do NL de Canadá, situada entre o Océano Atlántico ao L, o estreito de Hudson ao N, e a baía de Hudson ao O. É a parte máis elevada do escudo canadense (Torngat, 1.675 m de altitude). A costa é moi recortada e con numerosos fiordes. O clima é moi frío e a vexetación é de taiga e, ao N, de tundra. Os poucos habitantes (esquimós) viven da caza e da pesca. Ten importantes recursos mineiros. Descuberta por Giovanni Caboto en 1498, pasou ao poder de Reino Unido pola Paz de París (1763), ao de Canadá en 1774 e á xurisdición de Terranova en 1809. A partir de 1949 a parte NL da península formou parte da provincia de Terranova e o resto da provincia de Québec.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feldespato calco-sódico, de fórmula (Na,Ca)[Al(Al,Si)2SiO8]. Pertence á serie das plaxioclasas, cristaliza no sistema triclínico e ten hábito tabular. A súa composición química oscila entre un 50% de albita e un 50-70% de anortita. É de cor branca ou gris e ten brillo vítreo. Ten unha dureza de 6 a 6,5 e unha densidade de 2,69 a 2,72. Aparece formando parte de rochas magmáticas básicas e intermedias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de labrar a terra.
-
-
Actividade que consiste en arar a cultivar a terra.
-
Época en que se prepara o campo para sementar.
-
-
-
Remover e facer sucos co arado na terra para poder cultivala. Na tradición oral recóllense ditos como: “Labra no fondo se queres ter pan de abondo”.
-
Traballar a madeira, a pedra ou outro material para darlle unha forma determinada.
-
Facer debuxos, adornos en relevo nunha tea, no coiro ou en calquera outro material.
-
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa o feito de facer no encaixe un traballo ben feito.
-
-
PUNTA
Punta do litoral L da illa de Sálvora, situada na parroquia de Aguiño (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten branquias lameliformes.
-
-
Relativo ou pertencente aos lamelibranquios.
-
Molusco da subclase dos lamelibranquios.
-
Subclase de moluscos, da clase dos bivalvos, que presenta a cuncha constituída por dúas valvas, sen cabeza, con pé en forma de machada e branquias de aspecto laminar. O corpo, de simetría bilateral e comprimido lateralmente, está recuberto por un manto que presenta dous lóbulos laterais, que, aplicados á parede interna das valvas, delimitan a cavidade palial. Estes lóbulos, soldados polos bordos, deixan tres buracos: por un sae o pé, e polos outros dous entra e sae a auga na cavidade palial. Estes dous últimos buracos poden prolongarse en dous tubos de lonxitude variable, os sifóns. A auga, ao entrar na cavidade palial, facilita o osíxeno e os alimentos ao animal e, ao saír, expulsa o dióxido de carbono, os excrementos e as partículas residuais respiratorias. A cuncha, coa cara interna de nácara, presenta dúas valvas que se articulan dorsalmente mediante unha charneira e un ligamento elástico. O pé, en forma de machada, falta nos moluscos sedentarios, pero está moi desenvolvido nos escavadores...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en París en 1852 por Pierre Larousse e Augustin Boyer. Nos seus inicios dedicouse á publicación de libros de texto, baseados en principios pedagóxicos modernos na súa época. En 1863 emprendeu a publicación do Grand Ditionnaire universel du XIXe siècle, ao que seguiron numerosos dicionarios enciclopédicos, como o Grand Larousse encyclopédique e o Grand Ditionnaire encyclopédique Larousse, ademais de diversos dicionarios bilingües, outros especializados e obras xerais. Destas, unha das máis destacadas é Le Petit Larousse. Cun espírito internacional, conta con equipos de edición e redacción en nove países do mundo.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Couso (Avión) e Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 939 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a praia de Espiñaredo e a punta Gorgo, na parroquia de Olveira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lebrato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría da lebre. As súas crías caracterízanse, ao contrario que as dos coellos, por nacer con pelo e cos ollos abertos. Dispérsanse polos seus propios medios no contorno da zona de parto pouco despois de nacer. Unha vez ao día agrúpanse e son amamantadas pola nai. Crecen rapidamente e son independentes antes dun mes.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Veiga de Forcas e Hospital (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.132 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1942-1960), profesor da Universidad Complutense de Madrid desde 1961, director da Revista de Estudios Políticos (1969) e do Instituto de Estudios Políticos (1970-1974), e tradutor de numerosos libros. Escribiu Filosofía del Derecho (1953), Humanismo, estado y derecho (1960) e Introdución al pensamiento marxista (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo NL da parroquia de Serén (Friol). O seu cumio acada os 555 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de lembrar ou lembrarse.
-
Que ten fama ou prestixio polo que é digno de ser recordado.
-