"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi membro do Tribunal Internacional de Xustiza desde 1987 e xuíz do Tribunal Europeo dos Dereitos do Home (1998-2003). Escribiu Lecciones de derecho internacional público (1985) e Curso de derecho internacional público y organizaciones internacionales (2003). Recibiu a Encomienda de Número de la Orden de Isabel la Católica (1998) e a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e funcionario. De familia orixinariamente galega, educouse no Milanesado, onde coñeceu o primeiro borbón hispánico, Filipe V, que o levou á súa corte (1702). Membro do Consello de Órdenes, despois de ser superintendente de Extremadura en 1711, o ministro francés Orry destinouno en 1713 na fronte catalá, durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Cando en setembro de 1714 se aniquilou a resistencia dos barceloneses, presidiu a nova Xunta de Goberno e Xustiza. Deste xeito procedeu ao reaxuste do aparato fiscal de Catalunya. Fíxose cargo das rendas do patrimonio real, aplicouse nos recursos confiscados e sobre todo, preparou, regulamentou e puxo en marcha todo o mecanismo tributario coñecido por catastro real. Os amplos proxectos militares e marítimos da coroa filipista levárono a Cádiz en 1717, pero os grandes armamentos preparados entre 1717 e 1720 co fin de reconquistar Sardeña e Sicilia foron desbaratados polos ingleses. En 1726 foi secretario de Estado para a mariña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na Revolución de 1868 e foi elixido deputado en 1869, pero uniuse ao grupo de republicanos descontentos e dirixiu unha partida republicana en Andalucía (1869). Acusado de instigador do asasinato do xeneral Prim i Prats, exiliouse a América e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e paisaxista inglés. Cando traballaba como xardineiro en Chatsworth comezou coa construción de grandes invernadoiros, en que ensaiou un sistema de cubrición realizado con metal e vidro. Encargouse da construción do Crystal Palace da Primeira Exposición Mundial de Londres (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutorouse en Medicina na Universidad de Salamanca (1978). Foi elixido decano da facultade de Medicina de Salamanca en 1990 e presidente da Confederación Nacional de Decanos das Facultades de Medicina Españolas. As súas investigacións céntranse, sobre todo, no campo da anatomía patolóxica. Publicou Cirrosis hepática (1985), Prostate Cancer (1987) e Anatomía patológica (1990). Recibiu a Medalla de Galicia, a Insignia de Ouro das Comunidades Galegas, do Colexio de Médicos de Ourense e da Universidad de Latinoamérica e é Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e profesor. Licenciado en Pedagoxía pola Universidad Complutense de Madrid (1971), exerce como profesor de didáctica na facultade de Educación de Ourense e, desde 1974, como profesor lector da UNED. Foi subdirector e director da Escola Normal de Ourense e, desde 1984, preside o movemento de renovación pedagóxica ASPGP (Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa), a Escola Internacional de Verao: “Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal” e a Federación Galega de MRP. Membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), formou parte do consello de redacción das revistas culturais internacionais de lusofonía Nós e Cadernos do Povo e, desde 1985, dirixe para Galicia a revista educativa O Ensino. Especialista da obra de Rabindranath Tagore, publicou numerosos artigos sobre as súas ideas educativas, as súas institucións pedagóxicas e a súa relación co mundo latino, tanto en revistas da India como españolas, galegas e portuguesas. Publicou o libro A festa popular dos maios na escola (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Forma parte da comisión galega de delimitación territorial e dirixe o grupo de traballo de xeografía para as probas de acceso á universidade no sistema universitario galego. Destacan as súas obras Geografía rural del municipio de Tordoya (1987), La trama de los asentamientos rurales en las Rías Bajas gallegas (1994) e, con X. M. Santos Solla, Bibliografía de xeografía de Galicia (1990), O declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e territorio: As parroquias galegas nos últimos cen anos (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi fundador e coordinador dos estudos da SIDA no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo desde 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de SIDA e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. Destaca como pioneiro en España na realización de estudos sobre hepatite B e hepatite A. Das súas obras destaca A hepatite vírica como complicación do consumo de drogas por vía parenteral (1993), en colaboración con C. Pereiro Gómez e M. A. Castro Iglesias. É fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega da SIDA, desde 1998. Recibiu o Premio Barrié de la Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudo El SIDA en Galicia (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. Estudou na Escuela Superior del Magisterio de Madrid (1929-1932) onde recibiu unha formación carcterizada pola renovación pedagóxica, inspirada na escola nova. Foi director das Escuelas Españolas de Lisboa (1932-1934) e en 1934 foi destinado á Coruña como inspector de primeiro ensino. En 1935 viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. En 1939, coa Guerra Civil Española, marchou para un campo de refuxiados de Alxeria e despois exiliouse a México (1942-1959). Deu clases na Universidad Autónoma de México (1954-1958) e, entre 1959 e 1962, na Universidad Central de Venezuela. En 1962 trasladouse a Valladolid onde exerceu como profesor. Publicou, xunto con J. Jaén Sánchez, Manual de paidología (1933-1935), Trastornos del lenguaje: estudo clínico psicológico (1945), Paidología: psicología del niño y del adolescente (1952) e Psicología clínica (1978) e Los...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, ocultista e crítico de cine francés. Coñecido como Sâr Mérodack, fundou a Ordre du Temple de la Rose-Croix. Experimentou coas doutrinas cabalísticas, que expuxo nas súas novelas, unhas traxedias ben estruturadas de prosa poética. Nas súas críticas de arte combateu o naturalismo. Das súas obras destacan Oedipe et le Sphinx e Seramis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacólogo. Xunto con J. Caventou estudou e deu nome á clorofila; ademais, descubriu os principios activos de diversas drogas clásicas, como a ementina (1817), a estricnina (1818) e a quinina (1823).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dalgúns libros de poemas de estilo neopopularista, coa Segunda República converteuse en propagandista literario da ideoloxía tradicionalista e monárquica. Durante a Guerra Civil presidiu en Burgos a Comisión de Cultura y Enseñanza de la Junta Técnica (1936-1938). Con Poema de la bestia y el ángel (1938) continuou a tarefa propagandística. Despois de 1939 continuou activo en política, como presidente do consello privado de Xoán de Borbón, conde de Barcelona (1957-1969), e no mundo literario. Publicou Antígona (1954) e El horizonte y la esperanza (1970). Presidiu a Real Academia Española (1939-1940, 1944-1947) e recibiu o Toisón de Oro (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e mestre de obras. Dentro dunha corrente clasicista traballou no convento de San Esteban en Salamanca e despois evolucionou cara ao Barroco. En 1652 trasladouse a Santiago de Compostela, onde continuou as obras da igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656 trazou e comezou as obras do colexio de San Xerome e desde 1658 traballou na catedral compostelá, baixo a dirección do cóengo José de Vega y Verdugo. En 1666 converteuse en mestre de obras da catedral. Realizou o Pórtico Real da praza da Quintana, continuou a Porta Santa e a transformación do peche e o coroamento das ábsidas e o ciborio, e entre 1665 e 1771 levantou o primeiro corpo da Torre das Campás da fachada da praza do Obradoiro. Fixo tamén a capela de Santa Tareixa na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na igrexa da Compañía de Xesús   e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pediatra. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e xefe do departamento de Pediatría e Puericultura do Hospital Xeral de Galicia, formouse cos profesores M. Suárez en España, M. Lust en Bruxelas, H. Hungerland en Giessen e M. Debre en París. Dentro do seu labor de investigación destaca a tipificación dun tipo de displasia denominada condrodisplasia metafisaria tipo Peña. Escribiu numerosos artigos para diversas publicacións, como Anales de Pediatría e Acta Pediátrica Española, dirixiu diversos traballos de investigación e colaborou co artigo “Le trataiment de la meningite tuberculose dans Clinique Universitaire de Saint-Jaques de Compostelle” na obra Les Antibiotiques dans l’enface (1952). É tamén autor dos artigos “Las Mucopolisacaridosis: un nuevo capítulo de la patología humana” (1966), “Enfermedad de Morquio y eliminación urinaria del queratrosulfato” (1966) e “Algunos estudios en la displasia ectodérmica congénita” (1966)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña (1991), foi director do departamento de Dereito Privado (1991-1999) e, desde 1999, decano da facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Escribiu La Acción subrogatoria: finalidad y consideración de su naturaleza como aspecto de un derecho real de garantía: valoración crítica de la moderna doctrina italiana (1977) e Concepto del derecho real: (revisión crítica de su caracterización en la doctrina moderna) (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudou debuxo e pintura con Castelao e Laxeiro. Comezou traballando a madeira pero, despois de traballar como mecánico e metalúrxico en Venezuela, decantouse polo ferro. Participou, entre outras mostras, nas primeiras convocatorias da Bienal de Pontevedra. Da súa produción destaca o Monumento aos Mariños Ilustres nos xardíns das Palmeiras en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Formouse en EE UU e foi xefe de escuadrón na base de Torrejón de Ardoz, pero non chegou a exercer como tal xa que foi designado agregado aéreo adxunto en Alemaña. Posteriormente, foi tenente xeneral do Exército do Aire e xefe do Estado Maior do Aire (1984) e en 1999 recibiu como cargo honorífico o emprego de xeneral do Aire. Representou a España ante o Comité Militar da OTAN (1982-1983) e foi subsecretario de Política de Defensa. Recibiu a Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO