"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido polos Reis Católicos a Sancho Sánchez de Ulloa y de Monterroso en 1474, quen construíu a torre de Don Sancho no castelo de Monterrei. A II condesa de Monterrei foi Francisca de Zúñiga Ulloa, que llo deixou en herdanza ao seu fillo Alonso de Acevedo, III conde de Monterrei. Destacaron o IV conde, Xerome de Acevedo, nomeado embaixador de Filipe II no Concilio de Trento (1561) e o V conde, Gaspar de Acevedo, que apoiou a Filipe II na invasión de Portugal e participou na defensa da Coruña contra Francis Drake, ademais de ser vicerrei de Nueva España (1595-1603) e de Perú (1603-1606). A partir da VIII condesa de Monterrei, Catarina de Haro Guzmán, o condado converteuse nunha rama do ducado de Alba, ao casar a condesa cun dos membros da mesma, Francisco Álvarez de Toledo. O título osténtao María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Domingo de Zúñiga-Fonseca.
-
-
-
Árbore do xénero Morus, da familia das moráceas, que presenta follas grandes en forma de corazón, dentadas e lobuladas. As flores dispóñense en espigas e as infrutescencias en sorose.
-
moreira branca [Morus alba, Fam das moráceas]
Árbore caducifolia, de ata 15 m de altura, que presenta codia agrisada, follas alternas con pecíolo longo, ovadas, dentadas ou lobuladas de cor verde clara e consistencia branda. As flores son pequenas, unisexuais e agrúpanse en espigas, cun froito vermello escuro. Florece entre abril e maio e é orixinaria de Asia.
-
moreira negra [Morus nigra, Fam das moráceas]
Árbore caducifolia, de ata 10 m de altura, de follas con pecíolo, dentadas en forma de corazón, coas flores masculinas en amentos e as femininas en espigas e infrutescescencia con pedúnculos curtos ou sésil, de cor azul-violácea a negra. Florece entre marzo e xuño e é orixinaria de Asia. En Galicia está presente en parques e xardíns. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades analxésicas, antiinflamatorias e laxantes.
-
-
Pequena árbore caducifolia e dioica, de follas ovaladas e serradas, flores masculinas en inflorescencias amentiformes e flores femininas en glomérulos e de inflorescencias avermelladas. Árbore ornamental e de sombra, é orixinaria de Asia oriental e de Polinesia.
-
papuxa das amoras.
-
-
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada entre as praias das Pipas e Lobaxeira, na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as do Diamante e A Praia, na parroquia de Morquintián (Muxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Ulla, que nace na parroquia de Larazo, no monte San Cristovo e desemboca na de San Tomé de Insua, ambas as dúas no concello de Vila de Cruces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de goles, nove escudiños de prata, cargados con cadansúa cruz floreteada de sinople, colocados en tres paus de tres.
-
GALICIA
Músico. Recibiu estudos musicais na capela da catedral de Santiago de Compostela e especializouse como cantante de música renacentista e barroca. Foi director do Orfeón Terra a Nosa e director da Capela de Música da catedral de Santiago de Compostela. Do seu repertorio destacan a interpretación do Magnificat de Bach, o Gloria de Vivaldi e o Requiem de Mozart.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñadora. Realizou o vestiario para a película Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988). Gañou o primeiro certame de Moda Femenina en Madrid, o premio Aguja de Oro, o Premio Reconquista de Vigo e o premio Telva ao mellor deseño galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor. Activo en Galicia, tallou por encargo do antigo convento de Cambados unha imaxe da Concepción (1582). En 1585 realizou o retablo para a igrexa de Santa María de Teo e en 1590 un Crucifixo para o altar da cruz da capela da Concepción na catedral de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Fontecuberta (Palas de Rei). A fachada está constituída por dúas edificacións de planta cadrada unidas por un soportal que conta cunha escaleira de balaustrada de granito. Os muros son de cantaría regular e a cuberta é a dúas augas. Na edificación orixinal contaba cunha torre que xa non está.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cequeliños (Arbo). Na súa orixe tivo un carácter defensivo sobre o val do Miño e pertenceu á familia Vázquez Puga, da que aínda se conserva o seu escudo de armas nunha das fachadas. A edificación data do s XVIII e ten dúas alturas e está construída en cantaría e cachotaría. Destaca, nun ángulo, a torre ameada con garitas. Conserva a capela, exenta, o pombal e unha fonte de 1856.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse no s XII, en estilo románico, aínda que sufriu diversas remodelacións no s XVIII. Na súa orixe era de planta rectangular, modificada pola construción de capelas que constituíron unha planta en cruz latina. Atopáronse pinturas murais baixo as capas de cal que cubrían as paredes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino situado en Castroverde. Fundouno dona Sancha en 1198 e foi dependente do mosteiro de Yepes.
-
PERSOEIRO
Obreiro ferroviario e militante anarquista. Nado en Galicia, emigrou moi novo a Arxentina, onde militou na Federación Libertaria Arxentina desde a década de 1940 e participou activamente na denuncia do establecemento de antigos soldados nazis en Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -