"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Arte de escribir mediante a utilización de abreviaturas e do seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de pensamento por detracción que consiste na supresión de elementos da frase que non están no contexto pero que se poden sobreentender.

    2. Emprego dunha expresión abreviada equivalente a outra máis ampla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeobotánico suízo. Autodidacta e fundador da chamada escola sigmatista ou de Zúric-Montpellier, mantivo boas relacións cos principais botánicos suízos da época. Despois duns anos de docencia e de investigación en Zúric, en 1926 estableceuse definitivamente en Montpellier, onde fundou a Station Internationale de Géobotanique Méditerranéenne et Alpine (SIGMA) en 1930. Foi un dos centros mundiais máis vangardistas no estudo da vexetación. Elaborou un método de estudo das comunidades vexetais (na actualidade é un clásico e aplícase nunha gran parte do mundo) e unha ampla síntese de vexetación europea e mediterránea. É autor de Pflanzensoziologie (Socioloxía dos vexetais, 1928), La végétation alpine des Pyrénées orientales (A vexetación alpina dos Pireneos orientais, 1948), Les groupements végétaux de la France méditerranéenne (Os agrupamentos vexetais da Francia mediterránea, 1952) e Les groupements végétaux du bassin moyen de l’ Ebre et leur dynamisme, en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Iniciou as súas actividades en París en 1953. As súas composicións destacan pola súa calidade poética, musical e por unha gran forza interpretativa, baixo un ton crítico e irónico. Entre os seus títulos salientan Ne me quitte pas (Non me deixes, 1959), On n’oublie rien (Nada se esquece, 1961) e Les bourgeois (Os burgueses, 1962). Como actor participou nos filmes Les risques du métier (Os riscos do oficio, 1967) e L’emmerdeur (1973), e dirixiu Franz (1972) e Le Far West (1972), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración brusca e súpeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Egerton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico suízo. Foi un dos representantes máis importantes da escola neolinneana mediterránea e un dos principais promotores do código de nomenclatura botánica. Son moi importantes as súas achegas á florística mediterránea, especialmente a continuación de Flore des Alpes Maritimes, iniciada por B. Burnat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglomerado de carbón en forma de ladrillo que se empregou especialmente como combustible de ferrocarrís e de barcos de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés. En 1788 fundou a Sociedade de Amigos dos Negros e, ao producirse a Revolución Francesa, foi elixido deputado por París na Asemblea Lexislativa logrando que esta proclamase a igualdade de dereitos para os negros. Foi un dos dirixentes dos xirondinos. Morreu guillotinado. Entre os seus escritos salientan Teoría das leis criminais (1781) e Ós meus lectores (1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras científicas denotando conexión ou relación cos bronquios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos bronquios e ás súas ramificacións nos pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación crónica e irreversible dun ou máis bronquios acompañada de infección secundaria que xeralmente afecta tamén á parte correspondente do pulmón. As bronquiectasias poden ser conxénitas ou adquiridas e poden localizarse nun pulmón ou nos dous; as adquiridas son secundarias a obstrucións ou a infeccións como broncopneumonías, bronquite crónica ou tuberculose. Caracterízase por tose, dispnea, expectoración abundante matutina e variable cos cambios de postura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que forma parte do aparello respiratorio dos vertebrados aéreos e que conduce o aire da tráquea aos pulmóns, e viceversa. Os bronquios principais nacen na traquea e penetran en cadanseu pulmón, dentro dos que se ramifican en bronquios secundarios, bronquiolos terminais e bronquiolos respiratorios, ata acadaren os alvéolos pulmonares. Están constituídos por unha cuberta cartilaxinosa externa e dura, unha capa muscular intermedia e un epitelio vibrátil interno rico en glándulas produtoras de mucus, encargado de expulsar as impurezas que leva o aire aspirado. Nas sucesivas subdivisións dicotómicas dos bronquios vaise perdendo a cuberta cartilaxinosa e a capa glandular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión destrutora das paredes dos bronquios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bronquite aguda na que tamén están afectados os bronquiolos que, ao se obstruiren co exudado inflamatorio, obstaculizan o paso do aire cara aos alvéolos. Provoca dispnea intensa, e tose violenta e continua, a miúdo complicada con broncopneumonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última ramificación dos bronquios no interior dos pulmóns. As súas paredes carecen de cartilaxe, manteñen a capa de células ciliadas e son ricas en tecido muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Inflamación dos bronquios, causada habitualmente por axentes infecciosos ou irritantes, físicos ou químicos.

      2. bronquite capilar

        bronquiolite.

      3. bronquite crónica

        Bronquite que presenta tose produtiva durante polo menos tres meses ao ano ao longo de máis de dous anos consecutivos. A causa fundamental é a inhalación de produtos irritantes, sobre todo tabaco, e tamén outros axentes ambientais ou laborais que determinan a estimulación da secreción de moco polas células das vías respiratorias, a parálise dos cilios destas células coa conseguinte dificultade para eliminar o moco, e a alteración da función dos macrófagos alveolares con diminución da resistencia á infección broncopulmonar. Clinicamente se caracteriza por tose, ás veces paroxismal, e por expectoración mucosa de predominio mañanceiro (bronquite crónica simple). Os síntomas exacérbanse periodicamente, sobre todo no inverno e despois de infeccións virais ou bacterianas; ás veces hai estertores sibilantes e poden darse crises de broncospasmo parecidas á asma (bronquite crónica asmática). Nun estado avanzado da enfermidade a tose é constante e a expectoración purulenta (bronquite...

      4. bronquite aguda

        Bronquite que, na forma simple, se manifesta con tose, inicialmente seca e despois produtiva, cun esputo mucoso ou mucopurulento, hipertermia leve e, ás veces, estertores sibilantes e húmidos. A miúdo vai precedida de rinite, farinxite, larinxite e traqueite. O epitelio dos bronquios vólvese avermellado, descámase e énchese de moco, debido a unha hipersecreción. A súa orixe está nos axentes infecciosos como o adenovirus, o virus da gripe, Mycoplasma pneumoniae, o pneumococo, o estreptococo, o estafilococo, etc. Pode aparecer no curso doutras enfermidades (febre tifoidea, gripe, sarampelo, tose ferina, etc) ou como exacerbación dunha bronquite crónica ou de bronquiectasia; normalmente, asóciase a pneumopatías subxacentes (pneumoconiose, tuberculose ou enfisema).

    1. Enfermidade do aparello respiratorio que afecta o gando bovino, ovino e cabrún novo que pace en ambientes húmidos. Está causada por un nematodo (Strongylus fileria) que penetra nos bronquios e provoca unha inflamación. Os síntomas principais da enfermidade son: enfraquecemento, respiración dificultosa, ataques de tose, expulsión de mocos, desgana e febre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á bronquite.

    2. Quen está afectado de bronquite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tradear ou de abrir buracos nas paredes, madeira, ferro, etc empregando a broca cun movemento circular.

    2. Corromperse ou facerse buracos unha cousa no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escudo pequeno, normalmente redondo, abombado no medio, realizado en madeira forrada de coiro.

    2. Escudo pequeno que leva unha gornición para ser collido.

    3. Defensa ou protección.

    4. Concavidade construtiva da roda do carro que fai que o eixe non siga situado na plano da lamia e que os raios presenten, respecto a este, unha certa inclinación.

    VER O DETALLE DO TERMO