"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
LAGOS
Lago salgado do S de Palestina, entre Xordania, ao L, e Israel, ao O (1.020km2). As súas augas ocupan unha parte da depresión tectónica de Al-Gūr, prolongación en territorio asiático da gran liña de fractura do L africano. As augas do lago están a 396 m baixo o nivel do mar. O río Xordán, que é o seu tributario máis importante, desemboca na ribeira máis setentrional do lago. A depresión Al-Gūr é unha rexión calorosa e seca. A causa da forte evaporación, as augas do lago son moi salgadas, máis do 26‰, polo que a vida alí resulta totalmente imposible. O corpo humano flota alí sen inconvenientes, grazas á gran densidade das augas. A riqueza salinífera do Mar Morto permitiu crear unha importante indiustria química, localizada na costa SO, en territorio de Israel. Na súa beira sitúanse as covas e ruínas de Qumrān, onde se atoparon manuscritos coñecidos a miúdo co nome de Manuscritos do Mar Morto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista, IV conde de Morton. De nome James Douglas, foi chanceler, e estivo implicado no asasinato de Rizzio e obrigou a María I de Escocia a abdicar no seu fillo Xaime VI de Escocia. Acusárono de complicidade no asasinato de Enrique Stuart polo que foi xulgado e axustizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Luis Mosquera ou Luis Spiegel, ocupou diversos cargos directivos en entidades bancarias e foi xefe de prensa do BBV. Deportista federado, foi presidente da Federación Galega de Hockey e da de Tenis de Mesa. Traballou en Radio Coruña-SER, La Voz de Galicia, El Mundo (Caracas), The Lion (EE UU) ou El Ideal Gallego. Director da Axencia Galega de Noticias, exerceu tamén como director da axencia de noticias Galicia Press. Como correspondente cubriu os principais acontecementos deportivos. Publicou La Magia Celta, Esoterismo y Mística, Astrología y Horóscopos ou Marianismo en Galicia: Fe, tradición, Esoterismo y Folclore. Presidente do congreso de Maxia e Bruxería de Galicia, é membro da Enxebre Orde da Vieira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Foi deputado (1869-1873), senador (1881-1882) e ministro de Ultramar (1871-1873), de Graza e Xustiza (1871) e de Fomento (1874). Desde 1883 foi senador vitalicio e formou parte do Consello do Estado desde 1888. Firmou o proxecto de lei que aboliu a escravitude en Puerto Rico. Defensor da democracia e partidario do sufraxio universal, interesouse pola lei hipotecaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864), Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar colombiano. Candidato conservador, foi elixido presidente da república (1845-1849) e contribuíu á penetración económica de EE UU. Rompeu co Partido Conservador e, como representante do liberalismo radical, obtivo o poder (1861). Foi elixido presidente constitucional (1863-1864) e reelixido en 1866, pero enfrontouse cos liberais e foi derrocado (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arma de fogo portátil, de repetición, máis curta e máis longa ca o fusil e que constituíu o armamento propio dos exércitos durante máis de medio século.
-
Especie de elo ou anel metálico de diferentes formas, que se pecha automaticamente abríndose cara ao interior grazas a un resorte, co fin de pasarlle unha corda ou o burato dun pitón.
-
Broche metálico de diferentes formas que se pecha automaticamente grazas a un resorte que adoita ser colocado no extremo dun cabo, que se emprega para envergar as velas dos balandros.
-
-
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Arousa situada entre a punta de Cabío e a praia de Belloch, na parroquia do Xobre (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Insecto da suborde dos nematóceros, especialmente da familia dos culícidos.
-
anófele.
-
Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnivoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.
-
Insecto da familia dos tiflocídidos, de pequeno tamaño e parasito de cultivos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mosquito.
-
Individuo do pobo mosquito.
-
Pobo amerindio que habita na zona costeira de Honduras e de Nicaragua. Son agricultores e fabrican un tecido feito con cortiza de árbore, moi semellante ao hule. Mesturáronse con poboación negra.
-
Lingua que fala o pobo mosquito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avión bimotor De Havilland empregado durante a segunda guerra mundial como aparato de bombardeo e de asalto.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 5 de agosto de 1868. Cesou o 24 de agosto dese ano (nº 3) pola autoridade gobernativa. Subtitulado “Periódico literario, humorístico y de circunstancias”, todos os artigos eran anónimos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Costa baixa do mar das Antillas, que desde o río Patuca, Honduras, esténdese uns 500 km, cunha anchura de 175, ata Bluefields, Nicaragua. Foi descuberta por Cristovo Colón en 1502 e, xunto con escravos africanos e os indíxenas formouse unha poboación zamba. Os caciques da nova poboación atacaron o dominio británico en 1687 e, en 1786, o dos casteláns. No Convenio de Managua (1860), Reino Unido e EE UU recoñeceron a súa dependencia de Nicararagua. En 1895 a parte do norte pasou a Honduras.
-
GOLFOS
Golfo situado no NO de Panamá, aberto ao mar das Antillas. Ao O atópase a península Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de emisión e absorción resoante de raios por núcleos atómicos. Cando un núcleo excitado libre emite un fotón, este sae cunha enerxía Ejj= E - R, onde E é a diferenza entre a enerxía do núcleo e os estados final e inicial, e R (R = E2 /2 cm2, sendo m = masa do núcleo) a enerxía coa que retrocede o núcleo para non violar a conservación do momento lineal; polo contrario, cando un fotón é capturado polo núcleo e este volve ao estado excitado, a enerxía do fotón é Ejj= E + R.
-
-
Zume de uva antes de fermentar e converterse en viño. Os mostos conteñen dun 70 a un 85 % de auga e de 140 a 225 g de azucre por litro, ademais de ácidos orgánicos, sales minerais, taninos, materias colorantes, nitroxenadas, amoniacais ou orgánicas, gomas, pectinas, etc. A densidade varía entre 1,05 e 1,13.
-
Zume que se extrae de certas froitas.
-
Licor azucrado que se obtén tratando, con auga fervendo, o malte moído.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad de Madrid, situado a 17 km ao SO da capital, nunha chaira regada polo río Guadarrama (196.524 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nun centro industrial e comercial, con funcións de cidade dormitorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
motocicleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘motor’.