"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Poeta e sacerdote. Coñecido como Elísio Filinto, considérase un poeta prerromántico debido á simpatía que sentía pola Ilustración. Purista da lingua e poeta arcádico, realizou traducións de autores latinos e franceses, cultivou a sátira e escribiu epigramas e espístolas. A súa obra máis destacada é Da Arte Poética Portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante brasileiro. Compositor e adaptador musical, a súa música está moi influenciada pola tradición popular brasileira. Xunto con Chico Buarque, é o expoñente máis destacado da canción brasileira. Das súas obras destacan Encontros e Despedidas (1985), Angelus (1994), Nascimento (1997, Grammy Award for Best World Music Album, 1998) e Pieta (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á natación.
-
Que se utiliza ou serve para nadar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización do Tratado do Atlántico Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que demostra aptitudes especiais para a realización de certas actividadades desde o nacemento.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Dirixiu a Académie de France en Roma. Foi autor dos medallóns do Palais Soubise (París), da cúpula de San Luigi dei Francesi (Roma) e dos cartóns coa Histoire de Don Quichotte para a fábrica de tapices de Beauvais.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e pedagogo alemán. Foi o máximo representante da escola neokantiana de Marburg. Escribiu Sozialpädagogik (Pedagoxía social, 1899), Philosophie und Pädagogik (Filosofía e pedagoxía, 1909) e Sozialidealismus (Idealismo social, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). Consta de dúas plantas en forma de U, cun patio inscrito e cunha solaina descuberta na parte sur. Ten un portal con escudo e unha cheminea con pináculos, gárgolas e outro escudo de armas dos Feijoo. O conxunto complétase cunha capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Londres, fundado a partir da colección persoal de sir Hans Sloane (1660 - 1753), que inclúe unha gran variedade de plantas, animais e fósiles, así como máis de 600 exposicións. Estivo englobado dentro do British Museum ata 1881, cando se trasladou de Blomsbury a South Kensington. En 1986 anexionouse ao Geological Museum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de beneficencia e protección mutua fundada en La Habana en 1928 por ortigueireses que vivían en Cuba. Foi a derradeira asociación que implantaron os emigrantes galegos en Cuba e o seu obxectivo era axudar aos socios enfermos, sen traballo ou imposibilitados fisicamente.
-
PERSOEIRO
Botánico francés. Precursor de Darwin pola súa concepción da evolución orgánica, fixo numerosos experimentos de hibridación e chegou a unha serie de conclusións teóricas que achegan a súa obra á de Mendel, motivo polo que se considera un dos fundadores da xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do nomós de Etolia-Acarnania, Grecia, situada na costa setentrional do estreito que separa o golfo de Patras do de Corinto (8.200 h [estim 1980]). Antiga cidade da Locrida Ozolia, despois da Batalla de Egospótamos pasou a Lócrida (404 a C), aos etolios (338 a C) e, finalmente, aos romanos (191 a C). En época bizantina coñeceuse co nome de Épaklos. En 1407 pasou a poder dos venecianos, que a fortificaron, e os turcos apoderáronse dela en 1499. Nela librouse a batalla entre os otománs e a Liga Santa (Batalla de Lepanto).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Servoi (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 855 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Negrelos (Rodeiro). O seu cumio acada os 647 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid. Foi discípulo de R. Menéndez Pidal, con quen fundou a Revista de Filología Española, e profesor das universidades de Syracuse e Columbia. Realizou importantes estudos de fonética e dialectoloxía, ademais de traballos sobre crítica literaria. Dirixiu o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, do que se publicou o primeiro volume en 1962. Das súas obras destaca Manual de pronunciación española (1918), co que se asentaron as bases da fonética castelá; El acento castellano (1935), Estudios de fonología española (1946), El español de Puerto Rico (1948), sobre aspectos dialectolóxicos; Manual de entonación española (1948), en que aparece o sistema de inflexións melódicas do castelán; Métrica española: reseña histórica y descriptiva (1956), Documentación lingüística del Alto Aragón (1957) e Arte del verso (1959), en que se amosan cuestións sobre versificación. Editou as obras de Garcilaso de la Vega (1911) e Las Moradas de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.
-
GALICIA
Judoka. Baixo a dirección técnica de Bernardo Romay, foi dúas veces campión de España (1993 e 1995), participou en dous campionatos do mundo (1993 e 1995) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Despois de deixar a competición, converteuse en seleccionador galego junior e absoluto masculino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director de escena. Foi o creador da agrupación de teatro de cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, coa que dirixiu espectáculos como Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, en 1959 e Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, en 1961. En 1963 dirixiu A noite vai coma un río coa compañía Tespis, propostas que constitúen as primeiras achegas dun teatro en galego da posguerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Expresión matemática de equilibrio dinámico dun elemento de fluído, que no caso particular dunha corrente de fluído newtoniano (viscosidade cinemática constante), en réxime laminar, toma a forma:
FORMULA
sendo ¦Í a velocidade, F a forza activa aplicada á unidade masa, z a densidade, p a presión, ¦Ã a viscosidade cinemática e 6 o operador diferencial nabla. Desta fórmula pódese deducir a ecuación fundamental da hidroestática, ao facer ¦Ã = 0 (fluído perfecto) e -¦Í/-t = 0 (fluído en repouso ou en movemento continuo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de néboa.