"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • Liñaxe que se estableceu en Ourense. Outros apelidos relacionados con esta caste son Debalado, Devalar e Debaladoiro. As súas armas levan, en campo de azul, un río sucando un terreo de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei dos Dacios (87-106). Reconstruíu o seu reino despois das campañas de Domiciano (85-89). Venceu o xeneral romano Cornelio Fusco, pero foi derrotado por Traxano (101-102). Suicidouse despois do fracaso da insurrección (105-106).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que malgasta o diñeiro ou os bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malgastar os cartos ou os bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baixar dunha cabalería.

    2. Facer baixar dunha cabalería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar da súa embalaxe algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desembalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar as baldosas dun pavimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar ou desatascar algo que está atascado ou entupido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descabalgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacudir as plantas da xeada que cae pola noite para que non as queime o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deriva dunha forma verbal. Así, por exemplo, durmiñar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Ramiro Díaz Baliño. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña da que, posteriormente, foi profesor de modelado e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi delineante maior de vías e obras da deputación coruñesa dende 1920. Realizou obras de temática galega, entre as que destacan O cego, O rezo, Devotiña, A volta da sega e No sermón. Fixo tamén o busto de Xosé Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña, o Sagrado Corazón de Cesuras e participou na decoración, entre outros edificios, do Hotel Finisterre e do Banco de La Coruña e do antigo Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou nos festexos de celebración do primeiro aniversario da Segunda República coa realización de diversas obras. Dende 1912 participou en numerosas exposicións de arte galega, entre as que destacan a Primera Exposición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, irmá de Camilo, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño. Iniciou os seus estudios co seu irmán Camilo e en 1929 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permitiu ampliar estudios en Madrid. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino da Coruña. Na súa obra mostra unha imaxinación leda e chea de cor e de carácter decorativo que lembra as ilustracións dos contos. Posúe un debuxo solto e un rico colorismo, en obras que lembran en certo modo o modernismo, con mulleres convertidas en fadas e paisaxes imaxinadas pola artista, nas que os motivos florais enchen o espacio. As súas creacións, realizadas en pequeno formato, amosan un certo horror vacui. Entre as súas obras destacan Tríptico alegórico de Galicia e Las Hadas del Caracol. Participou, entre outras mostras, na Exposición de Arte Gallego (Santiago de Compostela, 1926), na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas da Real Sociedad Económica de Amigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Indalecio Díaz Baliño. Especializouse na realización en madeira de siluetas de figuras humanas e de paisaxes caracterizadas pola perfección do seu debuxo. Realizou exposicións en diversas vilas galegas e en América do Sur. Participou, entre outras mostras, na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas, organizada pola Real Sociedad Económica de Amigos del País en Santiago de Compostela en 1941. Foi un dos fundadores da Asociación de Artistas da Coruña (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad Pontificia de Comillas - ICADE (Madrid), é Auditor de Contas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, vogal da Asociación Nacional de Abogados Laboralistas, membro de número da Asociación Española de Asesores Fiscales e Socio de Hispaiuris, A.I.E. No ámbito profesional, no que está considerado un dos profesionais de maior prestixio nos ámbitos xurídico e económico a nivel nacional, é Socio Fundador de Viliulfo Díaz Abogados y Asesores Tributarios, así como socio maioritario de Iberaudit Auditores Cantábrico, do grupo de ámbito nacional Iberaudit Auditores. Así mesmo, participa na sociedade Asesor Player’s, dedicada ao asesoramento de deportistas profesionais de elite. Foi profesor de Contabilidade e Estatística na Universidad Pontificia de Comillas (ICADE) (1968-1969); no Instituto de Ciencias Empresariais de Vigo, como xefe de estudos e profesor de Dereito Laboral (1969-1971); na Universidad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Doval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Italia, afluente pola esquerda do Po. Nace ao pé do Montblanc, nos Alpes, pasa por Ivrea e desemboca no Po, preto de Chivasso, despois dun percorrido de 160 km. O seu réxime é nivo-glaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO