"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
-
DUCADOS
Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia, en 1573, para Federico Guillerme I (?-1602), fillo do duque Xoán Guillerme I de Saxonia-Weimer. En 1672 uniuse ao ducado de Saxonia-Gotha. En 1826 volveu ter entidade propia e en 1919 foi incorporado ao land de Turinxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e ducados de Saxonia en 1563, para o duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha (?-1595). En 1714 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Coburg-Saafeld e, ao adquirir Gotha e pasar Saafeld ao ducado de Saxonia-Meiningen (1825), converteuse en 1826 en ducado de Saxonia-Coburg-Gotha que durou ata 1918, cando se proclamou a república. En 1920 incorporouse ao land de Turinxia, excepto Coburg, que o foi ao de Baviera.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Ernesto I (?-1715), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1826 uniuse en parte ao ducado de Saxonia-Meiningen e en parte ao de Saxonia-Altenburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Ou ducado da Baixa Saxonia Territorio alemán formado como consecuencia da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Xoán I (?-1285), fillo maior do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1689 pasou ao duque de Brunsvic-Lüneburg-Zelle, en 1702 ao electorado de Hannover, en 1815 a Dinamarca e en 1864 a Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1662, a favor de Xoán Xurxo I (?-1686), fillo terceiro do duque Guillerme I de Saxonia-Weimar. Incorporou en 1671 o ducado de Saxonia-Eisenach e uniuse, en 1698, ao ducado de Saxonia-Jena, mantendo, non obstante, a propia denominación ata 1741, que foi incorporado ao ducado de Saxonia-Weimar.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado independente creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Bernardo I (?-1706), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1825 incorporou parte do ducado de Saxonia-Hildburghausen e a totalidade do de Saxonia-Saafeld e en 1826 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Meiningen-Hildbugrhausen. Desde 1871 pertenceu ao Imperio Alemán e desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Estado independente alemán, creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviato de Turinxia, para Xoán Guillerme I (?-1573), fillo pequeno do elector Xoán Federico I de Saxonia. En 1741 incorporou Marksuhl, Eisenach e Jena e tomou o nome de ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin, e en 1815 foi erixido en gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. Foi membro da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e do Imperio Alemán (1871). Desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de secar.
-
Modificación que experimenta unha película de pintura ou verniz ao pasar de estado líquido a sólido. Inclúe, ademais da evaporación do disolvente, a oxidación lenta dalgúns aceites nas pinturas e a polimerización do aglutinante no caso dalgunhas resinas sintéticas.
-
Operación que consiste en separar un líquido do sólido que o retén fisicamente por procedementos non mecánicos. Na industria, o secado forma parte de moitos procesos, como operación diferenciada ou como efecto dunha operación máis complexa, co propósito de eliminar líquido, xeralmente auga, retida por moitas materias, por causas naturais (madeira) ou por causa dalgún tratamento anterior (téxtiles, coiros). Na madeira, o secado pode ser natural, acelerado e artificial. O secado natural consiste en expoñela á atmosfera natural, amontoándoa pero sen que estean en contacto entre elas nin coa terra. O secado acelerado consiste en somerxer, previamente, a madeira en auga, disolvendo o zume e facilitando así a evaporación. O secado artificial consiste en forzar a eliminación da auga por procedementos térmicos ou mediante a acción de axentes químicos. Nos materiais téxtiles, o secado consiste en quitar toda ou a maior parte da auga que conteñen cando sofren operacións como o branqueado, a tinguidura...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar habilitado para o secado de certos materiais de xeito natural ou artificial.
-
-
Que seca ou serve para secar.
-
Aparato que serve para secar algunha cousa, especialmente os cabelos e as mans.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo, máquina ou instalación que serve para secar algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos vexetais que perden a follaxe a causa da influencia do ambiente exterior e segundo un ritmo endoxénico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amplificador destinado a aumentar a intensidade do sinal de retroacción dun servomecanismo co fin de que teña potencia suficiente para accionar un servomotor.
-
-
de significar.
-
Aquilo que quere dicir ou significa unha palabra, un signo, un xesto ou outra cousa.
-
Valor ou sentido de algo.
-
Contido semántico dun signo lingüístico. Cada significado é definido por oposición aos outros cos que forma un campo semántico ou sistema de relacións sémicas, como é o caso de cadeira fronte a banqueta, butaca ou sofá dentro do termo común “asento”.
-
especialización.
-