"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de carnificarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación culinaria elaborada con rebandas moi finas de carne de vacún cru e servidas frías cunha salsa feita con aceite de oliva, zume de limón, sal, pementa e, en orixe, trufas brancas do Piemonte, habitualmente substituídas por champiñóns fileteados, acompañada de láminas moi delgadas de queixo parmesano. Ideada por Giuseppe Cipriani, propietario do Harry´s Bar de Venecia, foi bautizada co nome do pintor renacentista veneciano. Este termo aplícase tamén a este tipo de preparación efectuada sobre outras materias primas como diversas carnes, peixes (salmón e atún) e mesmo cogomelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. A súa pintura caracterízase por un espírito narrativo panorámico, influencia de Gentile Bellini, e un sentido da cor tomado de Antonello da Messina. Achegou un novo concepto da composición que subordina a ambientación arquitectónica, tratada de acordo coas leis da perspectiva e coa cor adecuada, á unidade do conxunto. Entre 1490 e 1495 realizou unha serie de dez pinturas sobre a historia de santa Úrsula. Entre 1501 e 1502 decorou a sala dos Pregadi e en 1507 as dos Maggiore Consiglio do Palazzo Ducale, desaparecidas no incendio de 1577. Entre 1502 e 1507 pintou as nove teas sobre as vidas de san Xurxo, san Xerome e san Trifón, e a serie sobre a vida de María para a Scuola degli Albanesi. En 1510 realizou o retablo A Presentación no Templo da Accademia de Venecia e en 1511 comezou a serie de cinco historias para a Scuola di San Stefano, das que só se conservan catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. Emigrado ao Río de la Plata, traballou como linotipista e xornalista en Montevideo. Alí comezou a súa obra vinculado ás correntes ácratas. Foi un dos inspiradores da editorial Mar, onde se publicou, en 1937, a súa tradución ao castelán de Os dous de sempre, de Castelao. Nos anos cincuenta trasladouse a Arxentina, onde continuou a súa militancia na Federación Libertaria Argentina e a súa actividade como escritor, da que cómpre subliñar a obra Argentina, hora cero, prohibida polo goberno militar do xeneral Onganía. En 1942 obtivo o Premio da Sociedad de Autores Teatrales del Uruguay pola comedia Estoy sola y te espero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico antropólogo e historiador. Doutorouse en 1971 coa tese Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego: siglos I al VII d C e, dende 1973, ensinou anatomía, antropoloxía e historia da medicina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no eido anatómico-antropolóxico: analizou os grupos sanguíneos do sistema ABO, os dermatoglifos palmares e dixitais da poboación galega e participou nas escavacións das necrópoles de Roupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, a cova do Rei Cintolo, a vila e necrópole de Medos e o xacemento do monte do Cribo. Ademais, realizou traballos sobre historias clínicas, como o caso do cirurxián Charlín ou o de hidrofobia en Betanzos, biografías de médicos e sobre a historia compostelá e a tradición xacobea. Foi comisario xacobeo de Galicia en 1993. Publicou diversos artigos na prensa e nas revistas especializadas e as obras Santiago de Compostela (1984), El ajedrez del Camino de Santiago: testimonio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos que dan orixe a un relevo cárstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo con funcións de control, inspección e fiscalización do comercio metropolitano coas Indias españolas, creado polos Reis Católicos en 1503 en Sevilla, a imitación da Casa da Índia fundada en 1499 en Lisboa. Agás o período comprendido entre 1529 e 1573, no que os principais portos casteláns podían expedir directamente barcos, exerceu un estricto monopolio do comercio con América. Foi tamén un organismo consultivo do goberno con respecto á política colonizadora. En 1510 atribuíronselle, coa creación dun tribunal de xustiza mercantil, funcións xudiciais relacionadas co comercio e coa navegación. Levou a cabo, ademais, un importante labor técnico-científico no terreo da náutica e da navegación, e estableceu unha auténtica escola marítima. Coa chegada ao trono dos Borbóns, a Casa de Contratación trasladouse a Cádiz (1717), pero coa abolición do seu monopolio (1778) perdeu moita importancia e desapareceu en 1790. O monarca Carlos V concedeulle ao Reino de Galicia unha Casa de Contratación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anulación feita polo Tribunal Supremo ou, en certos casos, polos tribunais superiores de Xustiza das comunidades autónomas, relativa ás sentencias xudiciais definitivas ditadas polos tribunais ordinarios, polo consello supremo de xustiza militar ou por árbitros, no caso de que estes non se axusten á lei, infrinxindo as garantías procesais fundamentais ou, ás veces, por erro na apreciación das probas por parte dos tribunais de instancia. A institución da casación apareceu en Francia despois da Revolución, cando se estableceu un tribunal único, con xurisdición en todo o estado, e coa función de unificar a interpretación da xurisprudencia someténdoa ao texto das leis. Se o tribunal de casación entende que nunha sentenza dun tribunal ordinario se cometeu unha infracción da lei, a sentenza debe anularse e remitirse de novo ao tribunal de orixe para ditar unha nova conforme a dereito. O sistema de casación está admitido en diferentes países. A lexislación española discrepa, en parte, da fórmula...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición instrumental que consta de diversas partes, semellante á serenata e ao divertimento. Propia do s XVIII nos países xermánicos, interpretábase en sesións nocturnas ao aire libre. As máis coñecidas son as de Haydn e as de Mozart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de comercio na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña.   En 1954 escribiu un artigo sobre Rosalía de Castro no xornal El Ideal Gallego, único texto que o escritor viu publicado en vida. Incluído na Nova Narrativa Galega, entre 1957 e 1958 escribiu as novelas inacabadas Un traxe aldeán e Os profetas, actividade que compaxinou coa elaboración de ensaios sobre literatura, historia e arte. En 1959 escribiu os contos “O Rei”, “Cristo morto”, “O regreso”, “O falar dun sapo” e “Conto en poucas verbas”. Os seus contos recompiláronse postumamente no volume O camiño de abaixo, publicado en 1970 por Reimundo Patiño e prologado por Méndez Ferrín, do que sairía en 1985 unha edición facsimilar na que se incluíron tres novas narracións inéditas e un epílogo de Reimundo Patiño titulado “Escritos no tempo polo que levo viaxado durante estes tres meses”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caseificar.

    2. Dexeneración caseosa dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intradermorreacción que utiliza líquido estéril de quiste hidatídico, realizada para determinar a diagnose da hidatidose. Estableceuna o médico italiano Tommaso Casoni (1880-1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de mosteiros cistercienses de Castela, Asturias e Galicia, fundada por frei Martín de Vargas (Jerez, 1380), trala autorización do Papa Martiño V na bula Pía supplicum vota (1425). Tiña como obxecto retomar a pureza da orde. En Galicia o primeiro en iniciar a reforma foi o mosteiro de Sobrado, en 1494. Posteriormente, incorporáronse os de Meira, Montederramo, A Franqueira, San Clodio, Armenteira, Oseira, Xunqueira de Espadañedo e Oia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de castelanizar ou de castelanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de carácter privado fundada no ano 1984 co fin de honrar e divulgar a memoria de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Ao mesmo tempo procura favorecer a cultura galega, especialmente as artes plásticas, a etnografía, a socioloxía, a economía, a política, a narrativa e o teatro, áreas nas que tamén se distinguiu o seu inspirador. Entre as publicacións desta Fundación cómpre salientar diversas edicións das obras de Castelao a cargo de Henrique Monteagudo De viva voz. Castelao: Conferencias e discursos (1996), de X. Amancio Liñares Giraut, O centenario de Castelao na lembranza 1986 (1997) e o Catálogo da Exposición 50 aniversario de Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica do Bronce siciliano, caracterizada pola cerámica pintada. Coñécense poboados de cabanas de planta elíptica e sepulcros dentro de coviñas artificiais cos cadáveres encollidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Lucca (1316-1327). Membro da familia xibelina dos Antieminelli, derrotou os florentinos en Altopascio no 1325 e apoderouse despois de Pistoia, Volterra e Pisa. A súa intención era crear un grande estado xibelino toscano e conseguiu do Emperador Luís IV que os seus dominios fosen un ducado hereditario (1328), aínda que, pouco tempo despois, foron ocupados polos florentinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de castrar, con finalidade terapéutica ou para conseguir modificacións metabólicas, fisiolóxicas, etc. No home, se a castración se efectúa antes da pubertade, consérvanse os trazos infantís, non se alcanza a maduración da sexualidade e aparece un cadro de eunucoidismo. No home adulto os caracteres sexuais secundarios desaparecen lentamente; na muller adulta aparece un cadro semellante ao da menopausa. A castración non terapéutica está considerada como delito na maioría das lexislacións. Nos animais domésticos ten como finalidade provocar a aparición de cambios de tipo fisiolóxico co fin de favorecer o depósito de graxas, a mellora da calidade da carne e que os animais se volvan máis dóciles. A castración realízase por ablación cirúrxica ou mediante outros procedementos como a administración de estróxenos.

    2. Segundo a psicanálise freudiana, angustia do neno de ser castrado polo seu pai como castigo por intentar seducir a súa nai, e da nena ao crerse castrada pola nai e sufrir o complexo de Edipo, amais de experimentar envexa pola falta de pene e desexo de ter un fillo do pai. Este complexo, refutado por outros investigadores, constitúe a base da diferenciación sexual entre home e muller.

    VER O DETALLE DO TERMO