"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PERSOEIRO
Novicio xesuíta polaco. Realizou estudios clásicos en Viena. Conta a lenda que alí se lle apareceu a Virxe co neno e comungou da mans dun anxo. Con 17 anos fuxiu a pé cara a Alemaña e Roma, onde foi admitido no noviciado por san Francisco de Borja e ingresou na Compañía de Xesús. Foi canonizado por Benedicto XIII en 1726. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe e leva, como atributos persoais, unha azucena sostida por el ou por un anxo que o acompaña (símbolo da pureza), e outras veces ten aos seus pés unha arma de fogo ou unha peza de artillería (como protector de Polonia). A súa festividade celébrase o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei nominal (1704-1766) e efectivo (1704-1709, 1733-1736) de Polonia e palatino de Posnania. Coa axuda de Carlos XII de Suecia, foi elixido rei de Polonia por primeira vez en 1704, aínda que trala vitoria de Poltava perdeu o trono fronte a Augusto II e viuse obrigado a refuxiarse en Suecia. Ao morrer este en 1733, foi reelixido rei, circunstancia que provocou unha guerra de sucesión. Tralo Tratado de Viena (1738) renunciou ao trono e a cambio obtivo a soberanía sobre Bar e Lorena. Seguidor do movemento ilustrado, tras abandonar Polonia dedicouse a embelecer arquitectonicamente Lunéville e Nacy e a escribir A voz libre do cidadán (1733) e o Memorial acerca da consolidación da paz universal (1749).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Polonia (1764-1795), tamén coñecido como Augusto IV. Formado en distintos países europeos, residiu na corte rusa antes de ser elixido rei de Polonia. Monarca ilustrado, tentou modernizar as institucións polacas fronte á oposición dos conservadores da Confederación de Bar (1771). Tralo primeiro reparto de Polonia (1772) perdeu o seu poder efectivo, polo que centrou as súas medidas reformadoras no ámbito da educación, a través da Comisión Nacional da Educación (1773). Trala Gran Dieta (1788-1792) prestou xuramento á constitución, aínda que en 1792 permitiu a intervención rusa. Non participou nin no segundo (1793) nin no terceiro repartimento do país (1795) e abdicou o 25 de novembro de 1795.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir. Estudiou en Polonia e París e foi bispo de Cracovia (1072-1079). Enfrontouse ao Rei Boleslao, botándolle en cara as crueldades e inxustizas que cometía co seu pobo e ameazándoo con terribles castigos se non se arrepentía. En vinganza, o mesmo rei asasinouno no altar mentres celebraba a misa. O Papa Inocencio canonizuno en 1253. Na iconografía viste de pontífice, con báculo e mitra, e leva como atributo persoal un cadáver resucitado. A súa festividade celébrase o 11 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘estaño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera composto de estaño en que este actúa cun número de oxidación +4. Os estannatos alcalinos empréganse en tinturería e impresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estann(i/o)-.
-
-
Relativo ou pertencente ao estaño.
-
Que contén estaño.
-
Aplícase especialmente aos compostos de estaño en que este ten un número de oxidación +4.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén estaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de estaño, ferro e cobre, de fórmula Cu2FeSnS4. Cristaliza no sistema tetragonal. Os cristais son escasos e moi pequenos. A miúdo preséntase diseminada en agregados. É de cor gris de aceiro, con brillo metálico. Ten unha dureza 4 e un peso específico 4,3-4,5. Denomínase tamén pirita de estaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estann(i/o)-.
-
-
Relativo ou pertencente ao estaño.
-
Que contén estaño.
-
Aplícase especialmente aos compostos de estaño en que este ten un número de oxidación +2.
-
-
-
Elemento metálico do grupo IV A da táboa periódica, de número atómico 50 e peso atómico 118,69, moi dúctil e maleable, pouco duro e pouco resistente á tracción, que presenta tres variantes alotrópicas enantiótropas. Normalmente actúa con número de oxidación +2 e +4, malia que tamén se pode presentar con -4. O metal ordinario, estaño branco ou estaño β (Snβ), medianamente duro pero moi maleable, cristaliza no sistema tetragonal, obtense por solidificación do estaño fundido e é metaestable. A variedade β transfórmase en estaño gris ou estaño α (Snα), cúbico e moito menos denso, se se arrefría enerxicamente. A transformación reversible comeza a producirse a 13°C, pero a súa velocidade no sentido α→β é case nula ás temperaturas ordinarias da natureza. Debido á súa escasa densidade, o estaño α aumenta de volume e pulverízase. Quentando o estaño β (t>161°C) obtense outra variedade enantiótropa, o estaño...
-
Sólido cristalino, de aparencia graxa, soluble en auga e nos disolventes orgánicos máis correntes. Obtense por acción, en quente, do ácido clorhídrico concentrado sobre o estaño. Entre outras aplicacións, emprégase en tinturería como axente redutor.
-
Líquido incoloro caústico que se obtén por acción do ácido clorhídrico sobre o estaño. Emprégase como mordente en tinturería.
-
Pos de color marrón escura, insolubles en auga e alcohol, e solubles en ácidos e en solucións alcalinas concentradas. Obtense quentando o hidróxido estannoso (Sn(OH) 2 ), e emprégase como axente redutor e na preparación de sales de estaño.
-
Cristais octaédricos, existentes en estado natural en forma de casiterita, que se pode obter baixo a forma de pos brancos amorfos por oxidación do estaño polo ácido nítrico e quentando o produto que así se obtén. Emprégase na obtención de colorantes para a cerámica.
-
Sólido en forma de escamas amarelas (se se obtén por acción do ácido sulfhídrico sobre un sal estánnico) ou de pos marróns (se o sal que se emprega é estannoso), insoluble en auga e en solucións alcalinas e soluble nos ácidos clorhídrico e sulfúrico concentrados. Emprégase como catalizador de reaccións de polimerización e para broncear obxectos de xeso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde a ‘queixo de vaca’.
-
-
Depósito natural que se forma nun curso de auga.
-
Depósito artificial de auga que se constrúe con fins utilitarios, como o de regar, ou ben con fins ornamentais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten ou atende un estanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é estanco e non permite nin a entrada nin a saída dun fluído.
-
-
Táboa ou prancha de calquera outro material que se coloca horizontalmente contra unha parede ou como peza dun moble, para colocar cousas enriba.
-
Moble con andeis, xeralmente sen portas, que se usa normalmente para colocar libros.
-
-
-
estadea.
-
Persoa moi alta e seca, semellante a un fantasma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica do estribo que se realiza en casos de otosclerose en fases avanzadas.