"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
-
Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.
-
Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas. É un ente autonómo que pode estar dotado de personalidade xurídica diferenciada. O seu réxime de funcionamento orgánico e financeiro determínase polos seus estatutos. Foi habitual para a colaboración das corporacións locais co Estado na xestión das contribucións territoriais rústicas, pecuarias e urbanas. Como entidade local recadadora perdeu importancia e substituíuse polos consellos territoriais da propiedade inmobiliaria e polas xerencias territoriais.
-
Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servicios e bens públicos.
-
Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de dereito público de carácter administrativo constituída o 28 de abril de 1992, a partir do Real Padroado da Cidade de Santiago polas administracións central (goberno da nación), autonómica (Xunta de Galicia) e municipal (concello de Santiago de Compostela). Con sede no pazo de Vaamonde, ten como obxectivos manter e xestionar as instalacións e equipamentos das que dispón e promover o exercicio coordinado das tres administracións públicas, especialmente no que se refire á protección e promoción exterior da cidade de Santiago e aos camiños de peregrinación no seu termo municipal. Ten as funcións de facilitarlle ao Real Padroado a infraestrutura administrativa necesaria; impulsar, promover e coordinar a execución dos seus acordos; asumir a execución dos proxectos e a xestión dos servicios, así como exercer aquelas funcións que as administracións consorciadas lle encomenden. Os seus órganos de goberno e administración son o consello de administración, o presidente (cargo que ocupa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arco triunfal construído polo Emperador Constantino I o Grande en Roma no ano 315 para conmemorar a súa vitoria sobre Maxencio no 313. Consta de tres vans, o central de maior altura, e remata nun friso. As figuras están colocadas dun xeito uniforme, en estrita simetría, e subordinadas ao personaxe central do emperador. A maior parte dos relevos aproveitáronse de monumentos máis antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.
-
-
Segunda marca que se pon nun artigo comercial para distinguilo dos produtos que unicamente levan a primeira.
-
Marca que se pon nunha moeda, xa cuñada, co fin de lle modificar ou ratificar o valor legal, o ámbito de circulación ou calquera outra característica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer unha contramarca a algunha cousa.
-
-
Retroceso ou volta atrás que se fai no camiño que se levaba.
-
Operación, manobra ou movemento que, dentro do dominio da estratexia ou do campo da táctica, leva a termo un exército ou corpo de tropas para tomar unha dirección contraria á que levaba. A contramarcha estratéxica é unha operación de guerra que constitúe un medio para subtraerse, ao mesmo tempo, da vista e do alcance do inimigo.
-
-
Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de marca cando quere cambiar de marcación, de xeito que ningún barco teña que cambiar de velocidade.
-
Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de fila cando quere cambiar de rumbo por movemento sucesivo, de xeito que cada navío cambie de rumbo ao chegar ao punto no que o fixo o primeiro.
-
-
Árbore intermedia que transmite o movemento dunha árbore primaria a unha árbore secundaria por medio dun sistema de correas e poleas ou de engrenaxes. Emprégase para aumentar ou diminuír a velocidade de rotación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha contramarcha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo marco que se pon sobre o principal ou bastidor xa fixado á parede para poñer nel as vidreiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porca de reforzo que se coloca sobre outra para evitar que se solte o parafuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toyota Cup.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Escola de Copenhaguen Grupo de lingüistas dinamarqueses reunidos, dende 1934, ao redor de Viggo Brøndal e Louis Hjelmslev. Viggo Brøndal consideraba que o obxectivo da lingüística era atopar na lingua certas concepcións da lóxica, buscar o número de categorías e a súa definición. Desta concepción partiu a busca dos universais da linguaxe. Os lingüistas do Círculo Lingüístico de Copenhaguen propoñían unha teoría das mutacións bruscas, por saltos, que permitía pasar dun estado a outro. Esta concepción explicaba a resolución das sincronías sucesivas na dinámica da diacronía. Con Louis Hjelmslev (Principios de gramática xeral, 1928; Prolegómenos a unha teoría da linguaxe, 1943-1953) e H. J. Uldall (Bosquexo de glosemática, 1952-1957), o grupo orientouse progresivamente cara a un estruturalismo abstracto e proporcionoulle á escola a teoría da glosemática (Traballos do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, Acta Lingüística, Boletín do...
-
PERSOEIRO
Pintor. Membro do exército florentino, capturouno o exército sienés na Batalla de Montaperti (1260) e instalouse en Siena. Considérase un dos fundadores da escola sienesa. Adoptou os modelos e os esquemas compositivos bizantinos. Para a igrexa de Santa Maria dei Servi pintou Madonna del Bordone (1261) e Virxe co neno (1268). Xunto co seu fillo Salerno pintou Crucifixo (1274) para a catedral de Pistoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto vogal fundado en 1957 no convento dos Padres Capuchinos, pertencente ao barrio vigués de Casablanca, e integrada no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo en 1967. O seu director fundador foi o Padre Javier de Madrid, quen cedeu a batuta a Francisco Rey Rivero ata 1988. En 1989 incorporáronselle a coral A’Marosa, os pianistas Cristina e Guillermo García Lomba e o director Óscar Villar Díaz. Entre as direccións invitadas destacan Nino Bonavolonta, Zenaida Castro Romeu, Rogelio Groba, Maximino Zumalave e Enrique García Valls. Dadas as súas características, ao redor de 95 voces mixtas, cultivou o xénero operístico e a zarzuela, e o seu repertorio abarca ademais panxoliñas, habaneras e música popular galega. Traballou a técnica vogal con Zenaida Castro Romeu, Tatiana Sajarova, Montserrat Pueyo e Manuel Cabero, e actuou con destacados solistas do bel canto como Giuseppe Giacomini, Pedro Lavirgen, Santiago Sánchez Jericó, Ignacio Encinas, Anne Marie Antoine, Gabriel Vivas, Pilar...
-
CAPITAIS
Capital do condado homónimo, Irlanda, situada no esteiro do río Lee (127.187 h [1996]). A cidade é un importante centro distribuidor de produtos agrícolas e exportador de gando vacún. Entre as instalacións industriais destacan as cervexeiras e as de produtos químicos e farmacéuticos. O seu centro de ensino superior é o University College, fundado en 1845, que ten a súa orixe no mosteiro fundado por Finbarr no s VII. A finais de 1172 pasou a mans inglesas e converteuse nun pequeno Estado independente. Trala Primeira Guerra Mundial transformouse no centro do movemento independista irlandés, no que destacou o presidente do concello municipal, Mac Swiney, quen morreu en 1922 despois dunha folga de fame.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, na provincia do Munster (7.500 km2; 420.510 h [estim 1996]). A capital é Corcaigh. Situado no S da illa, é unha das áreas máis densamente poboadas
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘home’.
-
-
Cabalo lixeiro de moita alzada que se empregaba nos torneos e batallas.
-
Calquera tipo de cabalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura musical equivalente á metade dunha negra ou a dúas semicorcheas.
-
-
Broche usado xeralmente para axustar pezas de vestir, formado por dúas pezas: unha delas con forma de asa, que se prende noutra con forma de gancho.
-
Signo de puntuación formado por unha especie de paréntese de liñas rectas [], con diversos usos, ás veces os mesmos ca os da paréntese curva. Tamén se denomina paréntese cadrada.
-
Peza do banco do carpinteiro en forma de dentes de serra que suxeita a madeira para traballar.
-