"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta arbustiva aromática, da familia das lamiáceas, que ten follas opostas e flores azuis violáceas dispostas en verticilastros. Emprégase como antiséptico e analxésico, en infusións e como especia.
-
-
-
Grao militar que corresponde ao suboficial de grao máis baixo, inmediatamente superior ao de cabo primeiro.
-
sarxento maior /
Grao inmediatamente inferior ao de mestre de campo nos terzos españois dos ss XVI e XVII que se encargaba da instrución táctica, seguridade e aloxamento das tropas, e transmitía as ordes do mestre do campo ou do capitán xeneral aos oficiais inferiores.
-
sarxento primeiro
Grao militar que corresponde ao suboficial de grao inmediatamente superior ao de sarxento e inferior ao de brigada.
-
-
Persoa de carácter autoritario e brusco.
-
Gato que utiliza o carpinteiro para afirmar unha táboa ao banco de traballo.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na illa de Sardeña, Italia (112.959 h [2001]). Está situada ao NO a 10 km da costa, nunha zona de outeiros que limitan a chaira de Nurra desde Alghero ata o golfo de Asinara. Enriquecida polo comercio pisano, e ocupada por Mariano II de Arborea (1272), despois da derrota dos pisanos na Meloria (1284) quedou definitivamente dentro da influencia xenovesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sardeña, Italia (7.520 km2; 440.153 h [2001]). A súa capital é Sassari.
-
PERSOEIRO
Artista plástico lituano. Naturalizado brasileiro, cultivou a pintura, o gravado, a escultura e o deseño. Achegouse ao dramatismo expresionista alemán con personaxes famélicos e tristes e liñas angulosas e duras, de influencias cubistas. Destacan as súas pinturas Navío de emigrantes (1939-1941) e Favela (1954), os gravados Aldeia Rusa (1913) e Gestante (1922) e a escultura Maternidade (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Dos seus estudos destacan as edicións de Orlando furioso e a Opere minori (1954-1964) de Ariosto, Prosa del Duecento (1958), Lingua, stile e società. Studi sulla storia della prosa italiana (1963), Le strutture e il tempo (1975), Notizie dalla crisi. Dove va la critica letteraria (1994) e Tempo di bilanci. La fine del Novecento (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ariel Scheinerman.
-
GALICIA
Sacerdote. Coñecido como o padre Silva, licenciouse en Filosofía Pura e Teoloxía. Fundador en Ourense do proxecto educativo Benposta Ciudad de los Muchachos (1956), en 1964 creou a primeira escola internacional de circo de España, El Circo de los Muchachos. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago da Costa da Morte que está situado fronte ao cabo San Adrián, no concello de Malpica de Bergantiños, no litoral atlántico. Está formado por tres illas: Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica. Nelas concéntranse a práctica totalidade das colonias de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e arao común (Uria aalge) da Península Ibérica e tamén a principal colonia de gaivota escura (Larus fuscus) da Península. Predomina a vexetación de mato con especies do xénero Cytisus e unha pequena poboación de piñeiros. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na proposta da Rede Natura 2000, dentro do espazo da Costa da Morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer as brasas debaixo daquilo que está ao lume para que se faga antes e mellor.
-
-
Levantar ou coller na man algo durante un breve espazo de tempo para calcular aproximadamente o que pesa.
-
Examinar algo atentamente para calcular as vantaxes e desvantaxes.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Alemaña que comprende parte de Baviera e de Hessen e que se estende entre o Main (ao L, ao S e ao O) e o Kizing (ao N). Montañosa e boscosa, unha zona de 900 km2 foi declarada parque natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor alemás. Fundou o grupo editorial Axel Springer Verlag AG (1945), con diversas filiais, dedicado tamén á publicación de diarios e revistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Exercer a inspección ou o control xeral dalgunha cousa por riba de calquera outra persoa.
-
SERRAS
Serra de Panamá, situada na Cordillera Central, continuación da de Chiriquí. Acada o seu cumio en Cerro Santiago, a 2.826 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao L da ría de Ribadeo (4.315 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, a gandaría, a pesca, e as industrias derivadas e manufacturas da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asiria (1115-1077 a C). Entre 1115 e 1111 a C conquistou corenta e dous estados situados entre o Zab inferior e o Éufrates, e entre o N de Siria e o Mediterráneo. No S tomou Babilonia, aínda que a súa ocupación non foi duradeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s X a C) Rei de Asiria (967- 935 a C). O seu reinado pechou un período de case un século e medio de decadencia asiria, entre 1076 e 934 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s VIII a C) Rei de Asiria (745-727 a C). En 738 a C puxo fin ao poder do Reino de Urartu en Siria e Cilicia. No NL bateu unha coalición de catro reis vasalos de Wassurme, gran xefe de Tabal (Cilicia), a quen depuxo en 730 a C. No S impúxose aos arameos de Babilonia e, en 729 a C, conquistou o reino.
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Fundador do Instituto Superior de Arte Dramática, que co tempo adoptou o seu nome, comezou a súa produción cun poemario, Verzen (1900). Escribiu dramas teatrais, como De vertraagde film (O filme retardado, 1922); e novelas, como María Speermalie (1940).
VER O DETALLE DO TERMO