"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1453 traballou no arco de Castelnuovo, en Nápoles. Traballou ao servizo dos Anjou desde 1461 e fixo as esculturas da capela Mastrantonio en San Francesco de Palermo (1467-1471). Estableceuse en Francia en 1471 e realizou o retablo do Nazareno da igrexa dos celestinos de Aviñón e o sepulcro de Carlos IV de Anjou na catedral de Le Mans. Foi moi coñecido polos seus bustos femininos, como o de Battista Sforza (1474?) ou Busto di Eleonora d’Aragona (1490?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1460 traballou na corte de Mantua e, en 1466, no Palazzo Ducale de Urbino. L. Venturi atribúelle a construción do arco da fortaleza de Pesaro. Considéraselle creador e precursor do Alto Renacemento arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONTINENTES
Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de lavar.
-
Preparado para que coman os porcos a base de auga, pan reseso, restos vexetais e outros desperdicios de comida.
-
-
-
Persoa tímida e reservada.
-
Moza alegre pero reservada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina referida á aprendizaxe infantil da lectura e da escritura. Metodoloxicamente non convén separar os procesos de aprender a ler e a escribir.
-
-
Acción de ler.
-
Obra destinada a ser lida ou que se le.
-
Interpretación do sentido ou significado dun texto, filme, cadro ou de calquera outra obra.
-
Tema que se desenvolve oralmente nunha oposición.
-
-
Interpretación da información rexistrada nun soporte de almacenamento mediante un lector axeitado.
-
Lectura de caracteres representables graficamente.
-
lectura de marcas
Recoñecemento automático de datos en forma de marcas feitas á man sobre un papel ou tarxeta.
-
lectura magnética de caracteres
Lectura de caracteres impresos cunha tinta especial (tinta magnética), chamados caracteres magnéticos.
-
lectura óptica de caracteres
Lectura de caracteres, impresos ou non, de tipo corrente. Xeralmente rexístranse as formas posibles nun repertorio limitado de tipos especialmente concibidos, chamados caracteres ópticos.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica aparecida en xaneiro de 1983, editada polo departamento de Psicoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu artigos en que analizaba actitudes e comportamentos sociais, teorías da aprendizaxe, métodos de avaliación, bibliografía e cadros estatísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de vidas de santos e lendas piadosas, obra de Iacobo da Varazze (1266?), titulada tamén Historia lombardica. Baséase na Escritura, Casiodoro, Xerome, Agostiño, Beda e outros. Pouco valiosa historicamente, evidencia, sen embargo, unha vea poética inxenua, unha fe profunda e unha grande imaxinación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Humidade que contén a roupa, os froitos ou, especialmente, a terra.
-
-
Período de vixencia dun colexio parlamentario, que vai desde a elección dos membros dunha cámara ata a expiración natural ou anticipada do mandato parlamentario. En España, tanto nas Cortes Xerais como nos Parlamentos autonómicos, o período natural das lexislaturas é de catro anos.
-
Conxunto de órganos lexislativos.
-
-
-
Grao que se obtén nunha facultade universitaria ao rematar os estudios e que habilita para exercer unha profesión determinada.
-
Acto en que se concede o grao de licenciado.
-
Estudios que se realizan para obter o grao de licenciado.
-
-
-
Acción e efecto de ligar.
-
Cousa que serve para ligar ou atar.
-
-
Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.
-
Nó feito de diversos materiais (cordón, fío ou arame) que se pon ao redor dun membro para comprimilo. Xeralmente póñense ao redor dun vaso sanguíneo para evitar unha hemorraxia.
-
ligadura de trompas
Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.
-
-
-
Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.
-
Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.
-
Trazo curvilíneo con que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.
-
-
...
-
-
-
Acción e efecto de limar.
-
Pequenas partículas que se arrancan dun material cando se lima. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de limpar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de quen é listo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de liso.
-
-
-
Arte de escribir ou de ler.
-
Coñecemento de todo o que está escrito.
-
-
Produción de obras centrada máis nun fin estético ca nun fin didáctico.
-
Actividade intelectual que se centra no estudo da produción literaria. Na Antigüidade clásica, a retórica dividía a gramática en dúas partes principais, a que ensinaba a falar correctamente e a que se dedicaba á explicación dos poetas e ao ensino da lectura de autores, orixe da concepción moderna da literatura. A palabra “literatura” comezou entón a designar un feito independente, susceptible de ser estudado con métodos propios e de ser considerada de diversas maneiras (crítica literaria, historia da literatura, etc) a partir dunha consideración histórica e nacional das obras literarias, perceptible desde a segunda metade do s XVIII en distintas culturas europeas. Desde Lessing, o termo designou o conxunto de obras literarias dun período e dun país determinados. Co tempo foi desenvolvendo unha tendencia cara á abstracción e o xenérico, para así poder ser aplicado ao conxunto universal de obras literarias. Estas dúas tendencias na significación da palabra modificaron a súa posición a comezos...
-
-
Conxunto de obras literarias dun pobo (literatura galega), dunha época (literatura romántica), dun xénero (literatura épica), etc.
-
Conxunto de obras sobre un tema ou sobre unha materia, amodo de bibliografía.
-
-
Escrito ou parlamento que divaga arredor dun tema concreto, no que non se ten en consideración a parte práctica ou máis interesante.
-
materia de Bretaña.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura neolítica (2500 a C - 1300 a C) que se caracteriza pola cerámica negra, que algúns historiadores consideran posterior á época de Yangshao. Desenvolveuse sobre todo ao N e ao L de China.