"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Editor, político e xornalista. Comezou a súa carreira política como empregado no ministerio de Fomento e como administrador da Beneficencia Provincial. A partir de 1894 exerceu como concelleiro en Lugo, como deputado provincial pola circunscrición de Mondoñedo-Ribadeo e, durante a etapa liberal, como gobernador civil de Albacete. En 1908 regresou a Lugo e fundou, xunto co avogado Fernando Pardo Suárez, o diario El Progreso. Anque o xornal naceu vinculado ao proxecto liberal de Montero Ríos e García Prieto, dentro da súa segunda década de existencia, o seu fundador decidiu darlle un carácter independente en defensa dos intereses da provincia de Lugo. Dende as súas páxinas promoveu o debate político, a cultura e a modernización da cidade. Posteriormente, entre 1909 e 1913, xunto co goberno de Xosé Canalejas, desempeñou o cargo de gobernador civil en Albacete -por segunda vez-, Ciudad Real e Cuenca. Ao seu regreso foi nomeado presidente do Círculo das Artes da cidade lucense e, despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación, continuadora da Sociedad Coral y recreativa Follas Novas (1930), fundada no ano 1944 que centrou a súa actividade no campo da polifonía, tanto galega coma hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica. Tomou o seu nome da obra de Rosalía de Castro, feito que marcou o seu facer na polifonía galega pois o seu repertorio, en boa parte, constitúese por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos. Composta por 60 voces mixtas, estivo baixo a dirección de Manuel Fernández Amor, Jesús González de Velasco, José Mir Félix, Rogelio Groba Groba, Edilberto Suárez Pedreira, Francisco Méndez Ruíz, Rogelio Leonardo de Bouza, Santiago Pérez Bernal, Jorge Berdullas del Río, Antonio Piñeiro Fernández, Viorel Tudor, Nicolás Cardaso Arrojo, Marta María Castanedo Sanmartín, Otilia Barón Ferrero e Julio Cabo Messeguer. Na súa traxectoria profesional destacan os concertos homenaxe dedicados a Xoán Montes (1949), Rosalía de Castro (1950 e 1975)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Membro dunha familia de artistas, comezou a debuxar e traballar con metais no obradoiro do seu pai e na Escola Massana de Barcelona. Completou a súa formación en Londres, París e Nova York. Inicialmente traballou o bronce e outros metais, para logo concentrarse na creación de grandes esculturas en mármore ou pedra. As súas obras caracterízanse pola depuración formal e as superficies pulidas. Entre as súas creacións destaca a escultura da praza Sóller de Barcelona (1983). En 1972 creou a Fundación Corberó, centro de obradoiros para artistas e artesáns. Recibiu, entre outros, os premios Manolo Hugué (1960) e Ramón Rogent (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda curta e fina, especialmente a que se usa para guiar ou amarrar un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, drenado polo río Alhama, situado no val do río Ebro (6.329 h [1996]). A base da súa economía é a industria, que ocupa o 52% da poboación, sobre todo o sector vitivinícola -nunha superficie cultivada que supera as 1.500 ha-, e a fabricación de materiais de construción. Tamén destaca a produción de hortalizas e árbores froiteiras. Do seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar as igrexas do Rosario e de San Miguel, a casa dos Escuredo e a Casa-Museo de Arrese. Do antigo castelo de Corella, de principios do s XII, non quedan restos. No antigo convento das monxas beneditinas está o Museo de la Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico surafricano. Cursou estudios de física nuclear na Universidade de Cidade do Cabo e en Cambridge. Profesor da Universidade de Cidade do Cabo entre 1950 e 1956, pasou a traballar no Cambridge Electron Accelerator da University of Harvard e no departamento de Física da Tufts University de Massachusetts. En 1957 comezou a desenvolver os traballos que o levaron ao CT-scan, para os que empregou modelos de madeira e aluminio. En 1979 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con G. N. Hounsfield, polos seus traballos no campo da tomografía axial computerizada (TAC) e no desenvolvemento dos sistemas de exploración por varrido (escáner).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes, coma os feixóns, os garavanzos e as fabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de provincia de Girona, Catalunya, na marxe dereita do río Terri (1.806 h [1996]). A gandería (bovina e porcina) e a agricultura (cereais, millo, hortalizas e legumes) teñen grande importancia dentro da súa economía, xunto cos pequenos obradoiros de carpintería e metalurxia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de San Pere (ss X-XI), reconstruída no s XVIII, e a capela románica de Sant Antoni, que pertenceu ao antigo castelo de Cornellà.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado do SO de Gran Bretaña que abrangue a península homónima, limitado ao N e ao O polo Océano Atlántico e ao S polo Canal da Mancha (482.700 h [estim 1995]). Constituído por pequenas cimas e costas recortadas con numerosos acantilados rochosos, forman parte do condado as illas que pertencen ao arquipélago de Scilly. O cabo Land’s End ao SO é o extremo peninsular do condado. O clima é temperado e húmido, feito que permite unha rica vexetación ao S. Na súa economía predominan a agricultura, a gandería, a minería e, aínda que en regresión, a pesca. Nos últimos anos adquiriron grande importancia o turismo e as segundas residencias. A capital é Truro (12.552 h [1981]). A historia de Cornualla é semellante á de Gales ata finais do s VI, cando se iniciaron as invasións anglosaxonas. Foi o último reduto dos celtas ao S da illa, xa que os anglosaxóns non a dominaron ata o 825, ano da derrota do último príncipe córnico. A lingua córnica falouse habitualmente ata finais do s XIX, cando retrocedeu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral da zona da Estrada organizado e dirixido por Xosé Filgueira Baltar. O seu repertorio incluía pezas do folclore galego e obras de, entre outros, Pascual Veiga, Mauricio Farto ou Exidio Paz Hermo. Baixo a iniciativa de Manuel García Barros Ken Keirades, constituíuse un cadro de declamación que, entre outras obras, estreou A gavilla, da autoría de Álvaro de Las Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles ao que pertencen as cobras rateiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais ou perennes, a miúdo arbustivas, da familia das fabáceas. Presentan follas compostas imparipinnadas, flores amarelas agrupadas en ramallos en forma de coroa e froitos en lomento. Distribúese por Europa, Asia e África. Algunhas especies, por exemplo C. glauca, cultívanse como ornamentais, e outras, como a C. scorpioides, teñen uso medicinal polas súas propiedades purgantes, dietéticas e cardiotónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándulas endócrinas dos insectos que segregan unhas hormonas que, entre outras funcións, regulan a metamorfose e a reprodución. Están situadas ao lado do esófago e relaciónanse co sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Sobrino Buhigas publicada en 1935 polo Seminario de Estudos Galegos. Trátase dun inventario e dunha descrición dos gravados rupestres de Galicia acompañado de ilustracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e escultores do s XVI naturais de Villalpando (Zamora), formada polos irmáns Jerónimo, decorador, e Juan, arquitecto. Coñecedores das técnicas de traballo do xeso, empregaban moldes que reproducían os diferentes motivos decorativos que despois modelaban sobre o xeso aínda húmido. Entre as súas obras destacan: a capela dos Benavente na igrexa de Santa María (1544-1556) e as tribunas da igrexa de San Francisco (1536), ambas as dúas en Medina de Rioseco; a capela maior e a nave do hospital de Tordesillas; a capela de San Pedro na catedral de Palencia e a Casa Blanca de Medina del Campo (1556-1563).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario italiano fundado en 1876 en Milán por Eugenio Torelli-Viollier, vinculado ideoloxicamente á dereita liberal impulsada polo conde de Cavour. Líder da prensa en Italia e pertencente ao grupo de comunicación Rizzoli-Corriere della Sera (RCS), chegou a un acordo de cooperación co grupo español Recoletos por valor de 63 millóns de euros. Foi dirixido por Luigi Albertini, quen revolucionou o xornal ata convertelo no máis importante de Italia. En 1925, por mor das desavinzas co goberno fascista, substituíno na dirección Ugo Ojetti. No 1898 xa acadaba unha tiraxe de preto dos 100.000 exemplares, que no ano 1994 ascendeu a 660.000. Dende 1899 comezou a publicación do suplemento “La domenica del Corriere”. Entre os anos 1946 e 1959 cambiou a súa cabeceira pola de Nuovo Corriere della sera. Destacou, internacionalmente, polas informacións referidas a escándalos de corrupción do Kremlin. No ano 2001 faleceu un dos seus xornalistas e colaboradores máis salientables, Indro Montanelli,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequenos alicates ou pinzas que serven para cortar as unllas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da costa nororiental da ría de Arousa, no litoral da parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa). Litoloxicamente, componse de xistos e paragneises do precámbrico-silúrico e granitos hercinianos, pertencentes ao denominado “complexo de Noia”, que se prolonga ao N e ao S en dirección NO-SL. A súa máxima cota son os 25 m de altitude, que se acadan no S da illa. A distancia coa liña de costa é de 175 m; neste espazo aséntanse varios parques para o cultivo da ameixa. Entre as peculiaridades naturais máis interesantes, cómpre mencionar a presenza do bosque de loureiros máis meridional do continente europeo, circunstancia que xustifica a demanda de elaboración e aplicación dunha normativa e de medidas especifícas para a súa conservación. En agosto de 1907, a corporación municipal do Carril fixo doazón da illa ao Rei Afonso XIII para que construíse nela unha residencia real.

    VER O DETALLE DO TERMO