"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Incisión cirúrxica no ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona intermedia do mesoderma a partir da que, nos embrións dos vertebrados, se desenvolven os órganos excretores metaméricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para examinar clixés radiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como Jorge Negrete, foi o fundador da Asociación Nacional de Actores. Desde 1941, con Ay, Jalisco, no te rajes!, realizou unha serie de películas musicais que o converteron na máxima figura da música ranchera no cine, das que destacan Así se quiere en Jallisco (1942), Gran Casino (1948), Teatro Apolo (1950) e Dos tipos de cuidado (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde de Campo Alange. Grande de España, durante o reinado de Carlos IV foi secretario da Guerra, conselleiro de Estado e embaixador en Viena (1796-1798 e 1800-1802) e en Lisboa (1802-1806). Ao servizo de Xosé I foi ministro de Estado e embaixador en París (1811-1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negrito.

    2. Individuo do pobo negrito.

    3. Pobo que habita a rexión montañosa do centro da illa de Luzón, Filipinas. Teñen pouca altura e corpo harmonioso e ben proporcionado. Presentan unha pel moi escura, con cabelos curtos e crechos, cara redonda, beizos non moi grosos e o nariz moderadamente ancho. Os homes practican a caza e as mulleres a recolección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Licenciado en Socioloxía e profesor no Instituto Teológico de Lugo, está adscrito á Universidad Pontificia de Salamanca e ao Instituto Internacional de Ciencias Religiosas San Agustín de Lugo. Foi responsable do Movimiento Cultural Cristiano. Da súa produción destacan Historia del primero de mayo (1984) e, en colaborción con Ana Rivas, Revolución Autogestionaria (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu, nas épocas medieval e moderna, a illa de Eubea. Dominio de Venecia no s XIII, cando os cataláns ocuparon o ducado de Atenas apoderáronse tamén da illa (1317). En 1351 foi defendida por cataláns e venecianos aliados contra os xenoveses. Caída en poder dos turcos no s XV, incorporouse a Grecia en 1821.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Italiana e doutor en Ciencias da Información, foi director da revista Fadamorgana e da área infantil e xuvenil da editorial Galaxia, así como das súas coleccións Árbore e Costa Oeste. Foi tamén coordinador literario de Tambre-Edelvives e das súas coleccións Ala Delta e Catavento ata 2003, e vicepresidente de Gálix. Autor de novelas, contos, artigos e estudos, publicou Ao outro lado do sumidoiro (1989, Premio Merlín 1988), Melanio e os paxaros (1990), Valdemuller (1998, Premio O Barco de Vapor), Os ollos do tangaleirón (1999, Premio O Barco de Vapor), As cousas claras (2000, Premio Merlín), A caixa do tesouro (2001), O home máis rico do mundo (2002) e O armiño dorme (2003). Membro do International Board on Books for Young People (IBBY), é autor da serie de biografías de persoeiros galegos “Así viviu”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Creador da sonda de goma que leva o seu nome, ideou un procedemento de extirpación dos tumores farínxeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas nas que, durante a recristalización, se desenvolveron minerais como a sillimanita, que ten hábito fibroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cnidoblasto.

    2. Filamento protoplasmático urticante das células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecidio producido como consecuencia do parasitismo de vermes nematodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nematóceros.

    2. Insecto da suborde dos nematóceros.

    3. Suborde de insectos holometábolos da orde dos dípteros que inclúe especies caracterizadas por ter un corpo delgado e alongado, coas antenas de seis ou máis aneis. As súas larvas son acuáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano urticante que se atopa nas células epiteliais dos cnidarios, formado por unha cápsula e un filamento envolvido dentro dela. Cando o nematociste é estimulado, o filamento desenvólvose e clávase, inxectando a toxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nematodos.

    2. Animal da clase dos nematodos.

    3. Clase de animais vermiformes, do filo dos nematohelmintos, que inclúe numerosas especies de corpo filiforme, cos seus extremos anterior e posterior afiados, a rexión central cilíndrica e sen ningún tipo de apéndice. Alcanza desde algúns micrómetros ata máis dun metro, aínda que normalmente miden 2 mm. Forman un grupo moi homoxéneo e atópanse en todos os medios habitables. Así, viven no mar, na terra húmida ou na fauna intersticial. Outros son fitoparasitos, comensais, e moitos son parasitos de animais, moitas veces do home. Algúns parasitos moi importantes que pertencen a esta clase son parasitos intestinais, como o Ascaris lumbricoides, os oxiúros ou as triquinas; outros, como o Drancunculus medinensis, habitan no tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO