"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • Rrethi de Albania, situado na rexión de Elbasan-Berat (1.013 km2; 75.300 h [estim 1993]). A capital é Librazhd (5.300 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura alxébrica que consiste nunha álxebra E dotada dunha operación interna, a miúdo denominada paréntese de Lie, (x, y) D [x,y]. Satisfai as seguintes propiedades: [x,x] = 0, para todo x Symbol;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:∈ E, [x, [y,z]] + [y, [z,x]] + [z,[x,y]] = 0 (esta segunda expersión é a identidade de Jacobi). O espazo euclidiano, O3, dotado do produto vectorial, ten estrutura de álxebra de Lie. Todo grupo de Lie ten asociada unha álxebra de Lie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Participou na loita contra os indios (1832) e foi deputado whig por Illinois (1834-1842). Perdeu os seus apoios cando se opuxo á guerra de México. No 1854 pronunciouse contra a escravitude nos estados do NO e a favor dunha fórmula federal. Ingresou no partido republicano no 1856 e foi elixido presidente no 1860, ao mesmo tempo que se separaron da Unión sete estados do S que formaron a Confederación Sudista. A expansión industrial e demográfica e a insurrección dos escravos precipitaron a Guerra Civil. No 1862 proclamou a emancipación de todos os escravos e, finalizada a Guerra de Secesión, mostrouse moderado e organizou un programa de reconstrución do S. Reelixido como presidente no 1864, morreu asasinado nun teatro de Washington polo sudista John Wilkes Booth.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lofobranquios.

    2. Peixe da orde dos lofobranquios.

    3. Orde de peixes teleósteos, que presentan o corpo alongado e acoirazado, boca pequena sen dentes e galadas longas e tubulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e economista. Foi economista no Banco Popular Español (1972-1973) e no Grupo Banco Central (1973-1974). Director económico financeiro en SODIGA, foi deputado do Parlamento galego na III lexislatura polo PSdeG-EG. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (1977) e Excedente agrario e modo de produción: unha aproximación á lóxica da historia (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Presidiu o I Concilio de Braga (561), que tiña como fin regular os preceptos da fe ortodoxa e dos deberes clericais relativos ao culto de Deus. Asistiron oito bispos e ocupáronse tamén de buscar unha solución definitiva ao problema do priscilianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en El Abadengo, ao O do río Duero, preto de Portugal (2.111 h [2001]). É un centro agrícola, gandeiro e de extracción de uranio. A industria céntrase na alimentación e na confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Vigo a partir do 23 de abril de 1892 e que cesou en decembro dese mesmo ano. Dirixida por Manuel Reymóndez, apareceu baixo o subtítulo “Semanario satírico-literario-ilustrado”. Foi unha publicación novidosa dentro da súa época, con ilustracións gráficas, presentacións amenas e contidos literarios e humorísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela entre o 8 de maio de 1892 e o 6 de outubro dese mesmo ano. Editado baixo o subtítulo “Periódico semanal, literario e artístico”, o seu director foi posiblemente Maximino Rodríguez. De carácter humorístico e satírico, a publicación redactouse en castelán, con colaboracións de Labarta Pose, Lisardo Rodríguez e Manuel Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Al- Palatino; Ḡ arbīya, Exipto (394.924 h [1996]). Está situada no delta do Nilo e é o principal centro téxtil de algodón de Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se relaciona coa morte ou coa visión ou representación na que interveñen cadáveres.

      2. danza macabra //

        danza da morte.

    1. Que é afeccionado a cousas relacionadas coa morte ou cos cadáveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Membro do Oratori (1660), tentou conciliar e sintetizar o cartesianismo e o agostinismo, e tamén relacionar a fe e a razón. Chegou por este método, a identificar a verdadeira filosofía coa relixión. Sostivo tamén a teoría da visión das cousas en Deus, e defendeu a doutrina das causas ocasionais (ocasionalismo). Entre as súas obras destacan De la recherche de la vérité (1674-1678), Traité de la nature et de la grâce (1680), Méditations chrétiennes (1683) e Entretiens sur la métaphysique et la religion (1688).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. De nome María Felicia García Sitjes, debutou en Londres en 1825 e actuou en EE UU co seu pai, Manuel del Pópolo Vicente García (1825-1827). Triunfou en París, Milán, Roma, Nápoles e Londres, especialmente con óperas de Bellini.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.

      2. Conxunto de movementos para posicionar unha embarcación por medio do temón e das velas ou hélices.

      3. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha aeronave, provocadas pola acción do piloto sobre os elementos de mando. Clasifícanse en manobras normais de voo, que poden ser básicas (despegue, aterraxe, cambios de altura ou xiros) ou avanzadas, e manobras acrobáticas.

      4. Conxunto de operacións que consisten nunha serie de movementos efectuados por un vehículo automóbil como consecuencia da acción do piloto ou condutor sobre os mandos do vehículo.

      5. Conxunto de operacións que teñen lugar nas estacións para facer trens ou desfacelos, encaixar vagóns ou desencaixalos, cambialos de lugar ou orde, ou ben para cambiar de locomotora ou de vía.

      6. Conxunto de cambios que se efectúan no estado dos sinais, as agullas ou diversos dispositivos, co fin de que os trens sigan un itinerario determinado.

    1. Serie ordenada de movementos que realizan un corpo de tropas ou unha escuadra como exercicio e, con frecuencia, simulando un combate. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.

  • Que ou quen manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer manobras con algo.

    2. Executar manobras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable impreso o 10 de xuño de 1496 en Monterrei por Juan Gherlinc para a diocese de Braga. O único exemplar coñecido deste manual desapareceu no incendio da biblioteca do Pazo Arcebispal de Braga o 15 de abril de 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María I de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María II de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO