"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten unha planta en forma de escadro con galería aberta e patio con xardíns en que se conservan dous sartegos de granito e os restos da antiga igrexa parroquial.
-
REINOS
Antigo reino de Italia, que comprendía toda Italia do sur e Sicilia. Conquistada Nápoles con Roxelio II de Sicilia en 1139, non chegou a ser parte do reino, que pasou ao imperio por medio do seu neto, o Emperador Federico II. O seu fillo Manfredo I de Sicilia usurpou o trono siciliano en 1258, pero foi derrotado por Carlos I de Nápoles en 1266, quen perdeu Sicilia en 1282, conquistada pola Coroa de Aragón, e os anxevinos quedaron reducidos ao Reino de Nápoles. Adquirido por Afonso V de Aragón o Magnánimo tras unha longa guerra (1435-1442), quedou unido baixo o seu goberno. En 1494 Carlos VIII de Francia, herdeiro dos dereitos dos Anjou, preparou a expedición a Italia, que arruinou a dinastía aragonesa de Nápoles e coa que comezaron as Guerras de Italia. Sucedeuno o seu fillo, Afonso II de Nápoles, quen se uniu co papa e con Florencia, pero que abdicou en 1495 en favor do seu fillo Fernando II de Nápoles (1495-1496). Este tivo que fuxir dos franceses en 1495, xa que aquel mesmo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado medieval situado no extremo occidental dos Pireneos. Habitado na Antigüidade polos vascóns, mantivo unha forte resistencia contra calquera intento de dominio estranxeiro, e frustrou os intentos de romanos, visigodos, carolinxios (s VIII) e sarracenos (s IX). A finais do s IX, a influencia asturleonesa estendeuse polo Reino de Pamplona, con Sancho I de Pamplona (905-925) e García III de Pamplona (925-970), que continuou coa súa política expansionista. No primeiro terzo do s XI, coa desintegración do califato, impuxo a súa hexemonía na Península Ibérica baixo a dirección de Sancho III de Navarra (1000-1035), que incorporou o condado de Castela en 1029 e unha parte do Reino de León: Zamora, Astorga e León entre 1032 e 1033. As súas disposicións testamentarias de 1035 sinalaron o fin da expansión navarra e o inicio da súa decadencia política. O núcleo central pasou ao seu primoxénito, García IV de Navarra (1035-1054), co que se iniciou a Casa de Navarra e tamén as disidencias con Castela,...
-
GALICIA
Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘tinta’.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xián que dá nome ao concello de Negreira, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Barcala, situado ao O da provincia da Coruña e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 42° 54’ 30’’ de latitude N e a 8° 45’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Santa Comba (comarca de Xallas) e A Baña (comarca da Barcala), ao S cos de Brión (comarca de Santiago), Noia (comarca de Noia) e Outes (comarca de Noia), ao L cos de Ames (comarca de Santiago) e Brión (comarca de Santiago) e ao O co de Mazaricos (comarca de Xallas). Abrangue unha superficie de 115,1 km 2 , cunha poboación de 6.453 h (2007), distribuídos nas parroquias de Alvite, Aro, Arzón, Broño, Bugallido, Campelo, Campolongo, Covas, Gonte, Landeira, Liñaio, Logrosa, Lueiro, Negreira, A Pena, Portor, Xallas e Zas. A súa capital é a vila de Negreira, situada na parroquia homónima. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Negreira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O val do Barcala, onde se asenta o concello de Negreira, está situado nunha zona de diversos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Baña, Brión, Negreira e Santa Comba.
-
-
Relativo ou pertencente a Negreira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Negreira.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao comercio de escravos negros.
-
Que ou quen se dedicaba ao comercio de homes de raza negra. Esta denominación correspondeu aos traficantes musulmáns e europeos que, entre os ss XVI e XIX, abastecían as plantacións americanas de man de obra africana. Desapareceron coa abolición do tráfico de escravos no s XIX.
-
-
Que ou quen trata aos seus subordinados de maneira despótica, como se fosen escravos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe galega que pasou a Andalucía e Portugal.
-
Liñaxe que trae como armas, en escudo cuartelado, faixado de seis pezas, tres de ouro e tres de azul no primeiro e cuarto cuartel, e axadrezado de seis pezas, tres de ouro e tres de azul no segundo e terceiro cuartel.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Ten planta de cruz latina cunha nave cuberta con bóveda de cuarto de esfera e dúas ábsidas laterais. A fachada conta cunha torre campanario de dous corpos, con forma de capitel que remata nunha cúpula semiesférica e con balconadas laterais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do grego Νερείδης ‘fillas de Nereo’, divindades mitolóxicas do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo satélite de Neptuno, descuberto por G. P. Kuiper o día 1 de maio de 1949. A excentricidade da órbita é de 0,749, o maior entre todas as dos satélites coñecidos. O período de revolución sideral é de 360,2 días, e o diámetro, duns 300 km. Trátase dun astro de magnitude 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfas mariñas, fillas de Nereo e de Doris. Eran 50 irmás, de gran beleza, que vivían co seu pai no fondo do mar, sentadas en tronos de ouro. Entre as máis coñecidas estaban Anfitrite, Tetis e Galatea.
-
-
Relativo ou pertencente aos nereidos.
-
Poliqueto da familia dos nereidos.
-
Familia de poliquetos errantes, unisexuais. Teñen o prostomio groso e moitos segmentos. Pertence a esta familia o xénero Nereis.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos nereidomorfos.
-
Anélido da antiga orde dos nereidomorfos.
-
Antiga orde de poliquetos do grupo dos nómades que incluía un gran número de familias de aspecto diverso, co prostomio moi desenvolvido, provisto con frecuencia de apéndices mandibulares. Actualmente fálase da orde dos filodócidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de poliquetos, da familia dos nereidos, que poden chegar aos 50 cm, con prostomio groso, unha parella de mandíbulas moi potentes, dúas antenas e dúas parellas de ollos. Habita en augas pouco profundas, e é común nas costas catalás.
-
-
Pequena árbore ou arbusto caducifolio de ata 6 m de altura, de follas simples, alternas, oblongo-lanceoladas, enteiras ou lixeiramente serradas no ápice e cun pequeno pecíolo, flores solitarias, terminais, pentámeras de cor branca e froito en baga de cor parda-verdosa con puntos vermellos. Florece en primavera, entre abril e maio. Aparece asilvestrada en bosques frescos ou húmidos ata os 1.500 m de altitude. É orixinaria do SO de Asia e do SL de Europa. Cultívase en case todo o mundo polos seus froitos comestibles.
-
Árbore caducifolia de ata 10 m de altura, de follas alternas, coriáceas, oblongo-elípticas ou lanceoladas, máis ou menos pubescentes e enteiras ou serradas, flores dispostas en panículas terminais de cor branca e de froitos, as nésperas, escuras, piriformes ou arredondadas, de pel alaranxada e comestibles. Florece a finais de outono ou no inverno, entre outubro e xaneiro. Cultívase como planta ornamental en parques ou xardíns e tamén para aproveitar os seus froitos. É orixinaria de China e cultívase en zonas temperadas e cálidas de Asia, Europa e América. En Galicia pódese atopar en diversas zonas do litoral.
-