"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Compositor francés. En 1560 nomeárono compositor da Corte de Carlos IX e dende 1575 foi presidente da Sociedade de Santa Cecilia. Autor de chansons e motetes, perfeccionou a forma da chanson francesa. Escribiu música descritiva e fantasías polifónicas para órgano ou espineta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Costoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serrón de carpinteiro con mango de madeira que se emprega para traballos finos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Labrar transversalmente os coudullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra de temática relixiosa caracterízase polo dominio do debuxo. No santuario de Las Ermitas (Astorga) consérvase a decoración da bóveda e dous lenzos que representan a Entrega do rosario e o Triunfo da Fe. Realizou tamén os altares da Fuxida a Exipto e Santo Antonio de Pádua, en San Vicente de Coeo (Lugo), e unha copia da Virxe do Socorro que fixera Claudio Coelho para a capela de Mondragón da catedral de Santiago de Compostela (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illote da beira setentrional da ría de Arousa, situada no litoral meridional da parroquia de Aguiño (concello de Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo setentrional da Illa de Ons, na parroquia homónima do concello de Bueu, situada ao SO da punta Centolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias da orde das rickettsiais. Do tipo Gram-negativas, son filtrables, parasitas obrigadas e moi resistentes aos axentes externos. Son bacilos ou cocos, aínda que presentan certo pleomorfismo, que lles poden producir diferentes infeccións aos animais, incluído o ser humano, como a febre Q causada por C. burnetti. Transmítense por diferentes artrópodos que actúan coma vectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento da Guerra dos Cen Anos que aconteceu no sur de Crécy-en-Ponthieu (Picardie) o 26 de agosto de 1346. Eduardo III de Inglaterra derrotou a Filipe IV de Francia e como consecuencia Calais pasou a ser propiedade dos británicos entre 1347 e 1458.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista olímpico. Participou na categoría C-1 (canoa individual) nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sydney 2000, nas probas de 500 m e 1000 m. No ano 2000 proclamouse Campión de España de C-1. Tamén acudiu a varios campionatos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Chièvres. Foi o preceptor do futuro Carlos I (1509), quen o nomeou conselleiro e o trouxo con el a Castela, onde se desconfiou da influencia que exercía sobre o monarca. Acompañou o rei á coroación imperial e participou na Dieta de Worms (1521).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das rubiáceas de follas dispostas en verticilos, flores en espigas densas, amarelentas e sésiles, e flores tubulares. En Galicia están presentes as especies: C. maritima, perenne e leñosa na base, que presenta follas coriáceas de ata 10 mm de lonxitude e que vive en areais e rochedos costeiros; e C. angustifolia, herbácea anual que pode acadar ata 40 cm de altura, con follas lineares de ata 30 mm de lonxitude e que vive en piñeirais e rochedos no interior de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida dunha escisión da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT). En 1980 fusionouse coa Intersindical Nacional Galega (ING) e en 1981 tomaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). En 1985 escindiuse e, xunto coa Confederación Sindical Galega (CSG), fundou a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de determinado tipo de persoas.

      2. Conxunto de persoas que se xuntan para realizar un traballo.

      3. Conxunto de persoas non moi numeroso que se xunta de modo libre e deliberado por algunha circunstancia, xeralmente para ir de esmorga.

      4. Conxunto de persoas non moi numeroso que se relaciona ou actúa en común para realizar actos delitivos.

      5. Conxunto de toureiros dirixido por un primeiro matador.

    1. Grupo armado da Santa Irmandade creada polos Reis Católicos (1476) para controlar o bandoleirismo e a delincuencia.

    2. Cada unha das catro partes ou seccións (Cuenca, León, Segovia e Soria) que compuñan o Concejo de la Mesta.

      1. Danza de catro parellas, derivada da antiga contradanza, na que dúas parellas evolucionan diante doutras dúas. Apareceu en Europa cara á fin do s XVIII e comprendía cinco figuras e un galop final. As súas modalidades principais son as cuadrillas norteamericanas e as de lanceiros.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha substancia, sobre todo o leite e o sangue, se volva sólida.

    2. Solidificarse un líquido.

    3. Formarse unha capa de neve sobre o chan.

    4. Converterse en realidade ou chegar a desenvolverse na práctica algunha cousa que se estaba xerando.

    5. Ser aceptada unha proposta que comporta un resultado novidoso.

    6. Quedarse inmóbil a causa do medo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarta parte dun folio de papel.

    2. Folla de papel que constitúe a metade dun folio, dun holandés ou de calquera folla de dimensións parecidas, como o DIN A4.

    3. Cada unha das follas soltas dun manuscrito.

    4. Folla de papel de calquera tamaño que se emprega para escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comentario que se fai sen moito fundamento, normalmente co fin de prexudicar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, drenado polo río Cega (9.118 h [1996]. A principal actividade económica é a agricultura, principalmente os cultivos de cereais, remolacha e patacas. Tamén é importante a cría de gando lanar. As industrias máis destacadas son as do moble a as alimentarias. A propia vila é un exemplo de arquitectura mudéxar derivada de Sahagún. Da época medieval hai que citar os edificios relixiosos de San Miguel (s XIII), San Andrés, Santa María de la Cuesta (s XIII), San Martín, Santiago, El Salvador (s XIII), San Pedro, San Basilio, Santa Clara, La Concepción e San Esteban; este último contén mostras de escultura funeraria mudéxar do s XVI. Da época medieval son tamén os restos da muralla, do palacio de Pedro I o Cruel, do palacio de Santa Cruz e da casa do duque de Alburquerque. Destacan tamén os edificios civís do hospital da Magdalena (s XVI) e a casa do estudo de gramática (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista. Mestre de capela de varias catedrais (Zaragoza, Oviedo e Roda), gañou por oposición a praza de organista en Santiago, cidade na que tamén ensinou canto e órgano e foi vicemestre de capela. Como compositor, deixou misas, salmos, magnificat e cinco responsorios de Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO