"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PERSOEIRO

    Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Harold Lloyd, foi un dos grandes cómicos do cine mudo. Comezou facendo papeis secundarios en westerns e curtametraxes e na década de 1920 creou a súa propia compañía, coa que produciu a maioría das súas películas. Dos seus filmes destacan Safety Last (1923), Girl Shy (1923), The Freshman (1925), Feet First (1930) e The Cat’s Paw (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución bancaria británica fundada en 1756 co nome de Taylor e Lloyd que se modificou en 1889 co nome de Lloyds Bank Limited. Participou tamén de xeito maioritario en diversos bancos británicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución aseguradora británica formada pola asociación de aseguradores individuais. Tivo a súa orixe nas reunións de comerciantes e negociantes marítimos no café aberto por Edward Lloyd en 1688, das que xurdiron os primeiros acordos de garantir, mediante o pago de primas, os riscos dos viaxeiros. Convertida en corporación (1871), non aceptou formas de seguro distintas das marítimas ata finais do s XIX e desde 1911 subscribiu todo tipo de seguros, coa excepción dos de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade máis antiga e importante de clasificación de navíos. Fundada en Londres (1834), fusionouse coa Unterwriters Registry for Irons Ships. Coa súa grande influencia creou un criterio de construción naval que se adiantou aos cambios e ao perfeccionamento da industria. Publica anualmente o seu rexistro e clasificación de barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica italiana. Coñecida como Gina Lollobrigida, interpretou personaxes populares e posteriormente outros de gran glamour. Protagonizou os filmes Fanfan la tulipe (1951), Pane, amore e fantasía (1952), La donna più bella del mondo (1955), Trapeze (1955), Buona sera, Mrs. Campbell (1968) e Widow’s Nest (1977). Abandonou o cine e dedicouse á fotografía. Recibiu a Légion d’Honneur de Francia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Na súa obra conxugou elementos autobiográficos e influencias directas do romanticismo alemán. É autor de Outremer: a Pilgrimage Beyong the Sea (1834), Hyperion (1839), Voices of the Night (1839) e Ballads and Other Poems (1842). Tamén destacan os poemas “Evangelina” (1847) e “The Song of Hiawatha” (1855) e a tradución da Divina Commedia (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, novelista e investigador. A súa dedicación ao xornalismo deu lugar a Galicia ante la solidaridad (1907), libro en que recolleu entrevistas aos membros do movemento político Solidaridad Gallega. Colaborou en distintos xornais e revistas madrileñas, en 1910 dirixiu o xornal liberal El Miño e, ao ano seguinte, fundou e dirixiu o quincenal ilustrado Mi Tierra, ambos os dous en Ourense. Trasladouse a Madrid (1913), onde estudiou Filosofía e Letras e colaborou con Blanco y Negro, Heraldo de Madrid e Novedades, para logo facerse cargo de Acción Gallega. En 1917 acadou unha cátedra na Universidad de Valladolid e continuou co xornalismo en Vida Gallega, La Voz de Galicia e Ideas. Fundou, xunto con Rivera Menescau e Mariano Alcocer, Revista Histórica, onde recolleron traballos de investigación histórica e filosófica. Escribiu País de abanico. Teatro de ensueño (1912), Una cantiga...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e político, fillo do pintor Juan Luis. En 1950 trasladouse a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro, na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e alcalde da cidade (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Lugo (1612-1624), desde onde impulsou as obras do seminario, fundado por L. Asensio Atedui. Para isto, adquiriu un xuro perpetuo sobre alcabalas reais e estivo rematado para acoller os seminaristas en 1624. Posteriormente foi bispo de Valladolid (1624-1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e avogado. Colaborou no Diario de Toledo, onde se fixeron moi populares os seus artigos de opinión e costumes co pseudónimo de Luaces. Posteriormente, colaborou en ABC, El Alcázar e, co pseudónimo de Acicate, en La Codorniz. A súa achega máis importante á prensa española foi a invención do formato tabloide, aceptado logo da saída de El País, xornal no que foi o seu primeiro director de maquetación. Publicou A prensa plural (1980), La prensa en la ditadura (1986), Manual del periodista activo (1987), Para comprender o pensamento franquista na prensa (1989) e El éxito del formato tabloide (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Destinado en Cuba e na República Dominicana (1865-1867), volveu a España e loitou contra os carlistas en Euskadi (1870-1871) e enfrontouse cos republicanos que tomaran o arsenal de Ferrol (1872). Participou nos enfrontamentos contra os carlistas en Catalunya e acadou o grao de xeneral. Colaborou en diversas publicación e dirixiu El Tribuno e La crónica de Luarca. Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ingresou no Partido Revolucionario Institucional (PRI) en 1945. Foi ministro de Economía e Facenda (1973-1975) e presidente da República (1976-1982). Puxo en marcha unha política reformista e de achegamento ao Terceiro Mundo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis garzas de ouro sostendo unha pedra coa pata destra, colocadas en dous paos de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Comezou como director con Retorno a Tagen Ata (1975), primeira película galega rodada no formato profesional de 35 mm. Coa súa produtora Praia Lenta Films recuperou e reeditou en 1980, en colaboración co Museo do Pobo Galego, o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Posteriormente realizou os documentais, en 16 mm, Os oleiros (1975), El castaño (1979) e Manzaneda (1979). En 1981 dedicouse á publicidade a través da súa empresa Eloy Lozano Publicidad e, en 1994, realizou a curtametraxe Entrevista, ademais de crear en 1996 o OFF (Ourense Film Festival). En 2000 comezou a rodaxe da súa primeira longametraxe, Belas dormentes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na praza de España da cidade lucense. A primeira edificación data do s XVI e foi obra de Pedro Artigas. En 1708 comezou a construción do edificio actual, baixo a dirección de frei Gabriel de Las Casas, que remataron Lucas Ferro Caaveiro e Pedro da Silva en 1738. Reedificouse a fachada e conservouse a estrutura interna. A fachada organízase en dous corpos, o inferior que está formado por un conxunto de oito arcos de medio punto que conforman un soportal; e o corpo superior, situado sobre o anterior, está formado por ventás rectangulares e unha balconada. O conxunto remata cun corpo central que acolle o escudo real coroado por un frontón semicircular. A parte superior remata con pináculos situados entre volutas. Nas esquinas situáronse dúas torres xemelgas e no centro do edificio atópase a torre do reloxo de estilo neoclásico. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Urbano Lugrís González. Realizou estudios de náutica e reflectiu nas súas obras o seu interese polo mar. A súa obra partiu do surrealismo para desembocar nun realismo minucioso caracterizado polo grafismo e polo coidado do debuxo. Creou un mundo imaxinario e fantástico, con obxectos reducidos a símbolos ou inexistentes. A súa obra está presente en diversas coleccións galegas e destaca Interior de galería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi autora do poema “El viajero”, incluído en El Heraldo Gallego e da composición “Gozos en alabanza de Nuestra Señora del Pilar (...)”, dedicada á visita de Isabel II a Galicia. Os seus poemas “En la playa de Villagarcía”, “El canto del pescador” e “La tempestad” incluíronse no Álbum de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino e historiador francés. Foi o fundador da ciencia diplomática moderna (De re diplomatica, 1681) e do ideal do monxe investigador (Traité des études monastiques). Como historiador da orde de san Bieito escribiu Annales Ordinis Sancti Benedicti e Acta Sanctorum Ordinis Sancti Benedicti (1688-1701). Foi liturxista e, ademais, editor de textos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Ramsey McCulloch.

    VER O DETALLE DO TERMO