"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Guerra Civil Española

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. lerica.

    2. Elemento que resulta prexudicial para o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transposición dos éteres alílicos dos enois ou dos fenois a derivados C-alílicos pola acción da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de parentesco, superior á familia, que forma a estrutura básica da maior parte das sociedades non organizadas en estados. Nun sentido amplo, o clan defínese como un grupo de parentesco unilineal coa existencia dunhas relacións de consanguinidade baseadas na crenza dun antecesor común, adoito mítico. A exogamia, o totemismo ou a localización, a pesar de ser usuais en moitos casos, non son trazos esenciais do clan. O comportamento social dos membros do clan é semellante ao existente entre verdadeiros consanguíneos: hai unha fraternidade e unha igualdade absolutas, cando menos entre os membros dunha mesma xeración, e o clan (que normalmente posúe un nome xenérico aplicado a todos os membros) regula a propiedade colectiva e os conflitos entre os seus membros. Pode ser local ou agrupar individuos dispersos; sempre hai, pois, un único lugar de culto. A agrupación de clans pode dar lugar a fratries, que comprenden diversos clans aos que se lles supoñen unha orixe común. A existencia...

      1. Sociedade pechada. Ex: O clan dos irlandeses de Nova York ten moito poder.

      2. Grupo organizado de persoas unidas por un interese común e pouco accesibles. Ex: Forman un clan case que impenetrable.

    2. Derradeira etapa do escultismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de clandestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza ou se produce de forma oculta, sen permiso das autoridades ou á marxe da lei.

    2. Aplícase ao escrito, impreso ou publicación que non cumpre os requisitos legais, especialmente por falla de pé de imprenta, ou que se distribúe ás agachadas das autoridades gobernativas.

    3. Casamento celebrado sen a presenza de sacerdote nin de testemuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, na provincia de An Mhumhaim (3.450 km2; 94.006 h [1996]). A capital é Inis (6.106 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa franciscana italiana. En 1211 coñeceu a san Francisco de Asís e, baixo a súa regra e estatutos, fundou a orde das Damas Pobres, coñecida popularmente co nome de clarisas. No convento de San Damián de Asís viviu en clausura perpetua sometida ao voto da santa pobreza. A lenda conta que, mediante os seus rezos, foi quen de afastar os sarracenos que asediaban a cidade de Asís. Polo seu nome foi, tradicionalmente, protectora dos cegos e avogosa das enfermidades da vista (como santa Lucía). Pío XII fíxoa, ademais, patroa da televisión. Popularmente, adóitase ofrecerlle ovos para pedir bo tempo. Na iconografía aparece representada co hábito franciscano atado ao van cun cordón de tres nós (símbolo dos tres votos franciscanos) e leva, como atributos persoais, unha custodia eucarística e unha cruz encol dunha póla de oliveira. Canonizada por Alexandre IV en 1255, a súa festa celébrase o 11 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sallent, Barcelona 1807 - Fontfroide, Languedoc 1870) Eclesiástico. Estudiou no seminario de Vic (1829) e percorreu como predicador as comarcas catalanas. Acusado de colaborar cos carlistas, marchou a Canarias onde realizou un intenso labor como misioneiro (1848). Fundou en Vic a congregación de Misioneiros Fillos do Immaculado Corazón de María en 1849, denominados popularmente claretianos. Nomeado arcebispo de Santiago de Cuba, fundou alí as relixiosas de María Inmaculada. Chamado a Madrid pola Raíña Isabel II, acompañouna ao exilio. Morreu no mosteiro cisterciense de Fontfroide. Foi canonizado en 1950. Fundou a editorial Llibreria Religiosa (1848), onde publicou, entre outros escritos, o devocionario Camí dret i segur per arribar al Cel (Camiño dereito e seguro para chegar ao Ceo, 1843) e o Catecisme de la doctrina cristiana (Catecismo da doutrina cristiá, 1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos claretianos ou ao seu instituto.

    2. Membro do instituto relixioso chamado congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que clarifica.

    2. Axentes que se empregan para conseguir a clarificación de líquidos, entre os que se contan a bentonita, a xelatina, a polivinilpirrolidona, o carbón activado, os taninos e as poliamidas. Ás veces, como no caso dos zumes de froitas, empréganse enzimas. Nos viños, é frecuente empregar clara de ovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Óptico e astrónomo norteamericano. Traballou na fabricación de lentes e telescopios. En 1862 descubriu o compañeiro de Sirio, predito anteriormente por F. W. Bessel, polo que recibiu o Premio Lalande da Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista australiano. Foi membro da Econometric Society. Na súa obra The Conditions of Economic Progress (As condicións do progreso económico, 1940) fixou unha tipoloxía dos sectores económicos (primario, secundario e terciario) e construíu un modelo macroeconómico sobre flutuacións en A System of Equations (Un sistema de ecuacións, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeofísico e xeoquímico norteamericano. Investigou a distribución cuantitativa dos elementos químicos na litosfera e a composición química dos silicatos. As súas obras fundamentais son Data of Geochemistry (Datos da xeoquímica, 1912) e The composition of the Earth’s Crust (A composición da codia terrestre, 1924), en colaboración con H. S. Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso morboso de destrución que aparece especialmente en oligofrénicos axitados, en enfermos maníacos e nalgúns obsesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e filósofo, irmán de san Mamerto. Seguidor da doutrina de santo Agostiño, sitúase entre os últimos filósofos patrísticos e os primeiros escolásticos medievais. Coñécese pola disputa que mantivo con Fausto de Retz, na que defendeu a simplicidade e a unicidade da ánima. Foi un dos divulgadores do neoplatonismo no pensamento cristián. A súa obra De statu animae (O estado das almas, 470) representa a derradeira obra filosófica da Galia antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Escribiu en lingua grega e latina e chegou a ser poeta oficial do Imperio, do que foi considerado a súa última gran figura. É o autor dos poemas Gigantomaquia e De raptu Proserpinae (O rapto de Proserpina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que claudica ou que implica claudicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un destacado militante das Juventudes Comunistas dende 1933 e, posteriormente, do Partido Comunista de España (PCE). Despois da Guerra Civil (1936-1939) marchou ao exilio e accedeu ao comité executivo do PCE. En 1965 foi expulsado, xunto con Jorge Semprún, do PCE por desacordo sobre o carácter (ben socialista, ben democrático) que habería de ter a revolución comunista en España. Nese mesmo ano escribiu Las divergencias en el Partido, un ensaio no que expoñía as súas críticas á dirección de Ibárruri e Carrillo. En 1975 regresou do exilio e sete anos despois, en 1982, ingresou no PSOE e dirixiu a Fundación Pablo Iglesias. Escribiu Dos concepciones en la vía española al socialismo (1966), La crisis del movimiento comunista (1970) e Marx, Engels y la Revolución de 1848 (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Caixa Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO