"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Cálculo nas vías lacrimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para separar as pálpebras e fixar o globo ocular, permitindo a súa inmobilización durante as intervencións cirúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ofuscar ou ofuscarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e revolucionario. Participou, xunto con A. Herzen, na loita pola liberación do pobo. Detido varias veces, en 1856 instalouse definitivamente en Londres. Buscador de novas formas poéticas para expresar os problemas sociais, utilizou uns temas e un estilo populares de inspiración romántica. Escribiu Monologi (Monólogos, 1844-1947), o poema Jumor (Humor, primeira e segunda parte 1840-1841, terceira parte 1867-1868) e Poesías (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de control da natalidade, proposto case simultaneamente por K. Ogino e H. Knaus, que se basea na lei que leva o mesmo nome. Consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller, que son os días comprendidos entre o décimo noveno e o duodécimo, ambos os dous incluídos, antes da regra. Dada a irregularidade que presenta o ciclo de moitas mulleres, resulta un método bastante azaroso. A porcentaxe de erro redúcese cando se complementa co control da temperatura basal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten unha idade de entre oitenta e noventa anos, aplicado a persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sete máis un.

    2. Que ocupa o lugar número oito nunha serie.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 8 e na romana por VIII.

    4. Oitava hora despois de mediodía ou de medianoite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao s XIX ou a certos movementos artísticos que aconteceron nel.

      1. Seguidor dos movementos que tiveron lugar no s XIX.

      2. Persoa especializada no estudo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oito veces cen.

    2. Que ocupa o lugar número oitocentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal e, polo tanto, equivale a octinxentésimo.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 800 e na romana por DCCC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi samurai e participou na Revolución de 1868. Ministro de Facenda (1871) e de Interior (1874), colaborou no restablecemento da época Meiji. Reprimiu a revolta de Saigo Takamori en Kagoshima (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou investigacións nos campos da xenealoxía e o   folclore. Da súa produción destacan Ortografía española (1933) e os artigos “Os canteiros” (1951), “Toponimia gallega” (1967-1968), “El mariscal Pedro Pardo de Cela y el sitio de Peña Frouxeira” (1973) e “Vocabulario gallego” (1956-1961), recollidos no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Domínguez Olano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido oleico. Os oleatos dos metais alcalinos presentan propiedades humectantes, deterxentes e emulsionantes e forman parte da constitución da maioría de xabóns comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior do convento de cóengos regulares de Sant Adrià de Besòs, abade do mosteiro de Sant Ruf de Aviñón, bispo de Barcelona (1116) e arcebispo de Tarragona (1118), onde reconstruíu a catedral. O seu proceso de canonización quedou inconcluso pero considérase o patrón de Barcelona. A súa festividade celébrase o 6 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á oleicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condución de gran lonxitude que serve para transportar a gran distancia o petróleo bruto e os produtos líquidos da súa destilación, dos xacementos ata as refinarías ou os portos onde cargan os petroleiros, e desde estes ata os centros de distribución ou de consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxección intrapleural de aceite ou de substancias aceitosas, que se practicaba para obter o colapso do pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentido formado por quimiorreceptores que permite detectar a presenza de substancias químicas volátiles no medio. Nos invertebrados non artrópodos e nas medusas, consta de pequenas depresións con pestanas recubertas por células epiteliais que comunican con fibras nerviosas e están por todo o corpo ou nos apéndices cefálicos. Nos artrópodos, radica nas antenas dos insectos, nas antenas e anténulas dos crustáceos, e nos pelos sensoriais nos arácnidos. Nos vertebrados consta dunha parella de fosas nasais; nos peixes está na superficie cefálica e envoltas interiormente por células sensoriais comunicadas co nervio olfactorio. Nos anfibios está moi desenvolvido e nos réptiles unha eminencia interna aumenta a superficie sensible, onde está ademais o órgano de Jacobson, no teito da cavidade bucal, con función olfactiva e gustativa simultaneamente. Nos paxaros está moi pouco desenvolvido e nos mamíferos as fosas nasais están separadas por un óso, o vómer. O home ten unha capacidade olfactiva...

    2. Capacidade de intuición para descubrir ou comprender aquilo que se mantén oculto ou que non está claro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao olfacto ou á olfacción.

    VER O DETALLE DO TERMO