"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico teórico alemán. Educado en Berlín e en Halle, chegou a ser profesor de física daquela universidade en 1850 e, posteriormente, exerceu en Zúric, Würzburg e Bonn. Pioneiro da termodinámica, enunciou, por primeira vez, en 1850, o segundo principio baixo a forma da lei da imposibilidade do paso espontáneo da calor dun corpo frío a un quente e, en 1865, expuxo o mesmo fenómeno mediante a noción de entropía, concepto introducido por el mesmo. Traballou tamén no estudo da capacidade calorífica e na teoría cinética dos gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno mental do individuo dominado polo impulso obsesivo de quedar en lugares pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, poeta e político. En 1845 fundou a agrupación coral La Aurora, transformada en 1850 en La Fraternidad, sociedade de auxilios mutuos e primeira coral peninsular, composta por 40 homes. En 1857 cambiou o nome polo de Euterpe. Fundou e dirixiu a revista musical El Eco de Euterpe (1859) e El Metrónomo (1863). Organizou numerosos actos musicais e festivais corais, e foi autor de zarzuelas, cantatas e cancións populares. Como literato publicou, entre outras obras: Flores de estío (1858), La Revolución (1868) e La Marsellesa (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Traballou nun obradoiro de decoración ao tempo que estudiou na escola da Llotja de Barcelona e nos obradoiros de Angel Ferrant e Josep Mongrell. Dedicouse á realización de carteis cinematográficos e á ilustración. Exiliado en 1939, estableceuse en Francia onde situou o seu obradoiro en Saint-Pierre, na Provenza (1965). Asimilou diversas influencias de Vuillard, Bonnard e Picasso ao servizo dunha plasticidade moi persoal. Realizou, entre outras, as ilustracións de Lettres d’Espagne (Cartas de España, 1943), de Merimée. Como escenógrafo fixo decorados para a ópera de París. A súa pintura é de carácter abstracto, mentres que nas colaxes se achegou ao informalismo. Desde 1975 o máis característico da súa obra é a representación dos fondos que simulan papeis dobrados, feitos coa técnica do trompe l’oeil. Tamén cultivou a escultura e a realización de tapices. Recibiu, entre outros galardóns, o premio especial da Societé Nationale des Beaux Arts (1944),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia oleosa producida polo lévedo da especie Streptomyces clavuligerus que se illa do filtrado do cultivo destes microorganismos en forma de sal sódico. É un antibiótico inhibidor das β-lactamases, enzimas que diminúen a actividade antibiótica das penicilinas e das cefalosporinas. Emprégase sempre en combinación con outros antibióticos como a amoxicilina ou a ampicilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remate das patas dos mobles que reproduce unha garra que suxeita unha bóla. É característico do estilo da Raíña Ana dos mobles ingleses do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estoico grego. Discípulo do fundador da escola estoica, Zenón de Citio, sucedeuno na dirección e achegou algunhas modificacións á doutrina. Foi mestre de Crisipo e das moitas obras que se lle atribúen só se conservan algúns fragmentos do Himno a Zeus, Deuses e fisioloxía, Tempo e Dialéctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente de depuración plasmática que indica a capacidade dun órgano para eliminar unha substancia determinada dun fluído orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Discípulo de Panteno, dirixiu a escola catequética de Alexandría desde o ano 200. Foi mestre de Oríxenes, quen o substituíu na dirección da escola. Comprendeu a necesidade dunha teoloxía especulativa capaz de dialogar coa cultura clásica e comezou a elaborala utilizando amplamente a filosofía grega. O eixe desta síntese é a noción do logos ou palabra divina, que outorgou, ao mesmo tempo, a razón filosófica aos pagáns e a lei aos xudeus e que, todo encarnado en Cristo, se manifesta plenamente nos homes. Seguindo esta teoría, no Protéptico exhorta os pagáns a converterse e no Pedagogo, a ver a Cristo como o educador moral da humanidade, á que achega a lei do amor. A colección de ensaios dos Stromata (‘Tapices’) precisa o concepto de gnose verdadeira, que presupón a fe respecto da unidade (contra os gnósticos). Os seus escritos foron copiados durante toda a Idade Media, pois Clemente de Alexandría foi un dos grandes pais da patrística...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (88-97) e mártir. De orixe xudía, a tradición di que foi san Pedro quen o converteu ao cristianismo. O Emperador Traxano deportouno a Crimea e condenouno a traballos forzados nunha canteira. Finalmente, tirárono ás augas do Mar Negro cunha áncora colgada ao pescozo; disque dous anxos construíron no fondo do mar unha magnífica tumba de mármore e todos os anos, no cabodano do seu martirio, as augas retirábanse para que os cristiáns puidesen achegarse a esta capela submarina. Clemente é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VIII). Escribiu a primeira Epístola aos Corintios co gallo de restaurar a paz na Igrexa de Corinto; tradicionalmente, téñenselle atribuído outros escritos que se coñecen como “literatura pseudoclementina”. Na iconografía leva vestiduras episcopais con dalmática ou casula ancha, tiara e bordón coa tripla cruz; como atributo persoal leva a áncora (símbolo do seu martirio ou da súa fe), o libro da súa epístola ou un Agnus Dei con nimbo coa cruz inscrita....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Traballou na catedral de Santiago de Compostela onde realizou, entre outras obras, diversos candelabros (1692), unha esclavina (1693) e unha naveta de prata (1695).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1970 trasladouse a Roma e frecuentou a facultade de Arquitectura. Viviu en Roma e Madras ata que se instalou en Nova York en 1981. Inicialmente inscrito na arte conceptual, ao comezo dos anos oitenta formou parte da transvangarda italiana. Realizou escenas visionarias e evocadoras, a miúdo protagonizadas pola figura humana e polos autorretratos irónicos. Algúns dos seus traballos constitúen unha reflexión sobre os diferentes aspectos da vida, como as series de debuxos e pasteis sobre a organización, a conduta ou os aspectos sexuais. Recuperou o antigo sistema de pintura ao fresco e sobresaíu nos traballos feitos en acuarela. Participou nas bienais de São Paulo (1975) e Venecia (1980) e na Documenta de Kassel (1982). O Guggenheim Bilbao Museoa acolleu no ano 2000 a súa primeira exposición retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulsión obsesiva a roubar na que o enfermo obra só polo desexo de quitar e non para sacar proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que padece cleptomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra francés. Describiu a sintomatoloxía de diversas psicoses exóxenas e estudiou os delirios crónicos sistematizados. É o creador da teoría do automatismo mental, que establece que a enfermidade psíquica é consecuencia da produción espontánea, automática e involuntaria dunha serie de elementos semiolóxicos, produto da excitación neuronal. A súa obra Oeuvre psychiatrique (Obra psiquiátrica, 1942), recollida polos seus discípulos, publicouse postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estido de capela composto de chaqueta e pantalóns, negros ou escuros, camisa negra e colariño branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Puy-de-Dôme, na Auvernia, Francia (136.583 h [1999]). Situada ao pé do Puy-de-Dôme, no val do Allier, converteuse no principal núcleo do Macizo Central francés e no centro da industria do caucho (Michelin). A cidade ten unha dobre orixe: por unha banda, Clermont, fundada polos romanos, chegou a ser capital da Auvernia; anexionada á coroa francesa a mediados do s XVI, converteuse en capital do ducado da Auvernia; doutra banda, Montferrand, fundouse cara ao s XI preto de Clermont, cidade coa que se uniu en 1630 para formar a actual cidade. Durante a Idade Media celebráronse diversos concilios en Clermont, entre os que cómpre destacar o de 535, que defendeu a liberdade das eleccións episcopais e condenou a simonía e, sobre todo, o de 1095, onde se proclamou a primeira cruzada para a liberación de Xerusalén. No seu patrimonio sobresae a igrexa de Nôtre-Dame du Port (s XII), de estilo románico auvernés, e a catedral gótica de Nôtre-Dame (1248-metade do s XIV) na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Anacleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ohio, nos EE UU, situada sobre a desembocadura do río Cuyahoga, no lago Erie (498.246 h [1996]). Coa construción da canle de Ohio (1831) e a chegada do ferrocarril (1851), experimentou un gran crecemento. O río divide a cidade en dúas partes: nunha das ribeiras hai unha área industrial (téxtil, química e refinerías de petróleo), na outra está a área comercial e cultural. Posúe un centro de estudios superiores, a John Carroll University (1886). Fundouna en 1796 o xeneral Moses Cleveland, pero ata finais de 1836 non recibiu o título de cidade. O Museum of Cleveland, inaugurado en 1916 e ampliado en 1958, contén unha importante colección de pintura francesa (Georges de La Tour, Camille Corot e Édouard Manet), italiana (il Tintoretto) e española (El Greco, Goya, Picasso, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, na Rexión Norte, Reino Unido (583 km2; 559.200 h [estim 1995]). A capital é Middlesborough (149.770 [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO