"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1519 uniuse á expedición de Hernán Cortés e en 1524 iniciou a conquista de Honduras por orde deste, pero pactou co gobernador de Cuba, Diego de Velázquez, o reparto dos beneficios. Venceu a dúas expedicións enviadas contra el, pero foi traizoado e morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico que forma parte dun organismo en proporcións moi reducidas

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos oligoquetos.

    2. Invertebrado da clase dos oligoquetos.

    3. Clase de invertebrados, do filo dos anélidos, que presentan moi poucas quetas, dispostas en catro feixes por segmento, que se insiren nos puntos onde teoricamente estarían os parapodios. Externamente, distínguese unha rexión do corpo máis grande e glandular ca o resto, o clitelo, que se fai aínda máis evidente cando chega o momento da reprodución. Internamente, correspóndese cos órganos reprodutores, localizados nos dous segmentos fértiles, dos que o anterior é o masculino e o posterior o feminino. Copulan boca arriba de maneira que se superpoñen ao revés as rexións cliteladas. Os oligoquetos son animais micrófagos que fan pasar polo tubo dixestivo unha gran cantidade de lama e terra, de onde filtran as partículas orgánicas. Divídense en dous grupos: os limícolas (acuáticos) e os terrícolas (terrestres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Bautizado coa súa dona Exuperia e o seu fillo Teódulo, os tres morreron mártires ao día seguinte na fogueira. A súa festividade celébrase o 26 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade grega situada na península Calcídica. Habitábana unhas tribos grecotracias que foron expulsadas na época da invasión persa de Grecia (480? a C), e os gregos da Calcídica repoboárona. Formou parte da Liga Delio-ática ata que se rebelou contra Atenas e interveu na Guerra do Peloponeso do lado de Esparta. Autónoma a partir do 421 a C, os macedonios ocupárona e destruírona en 348 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bloque de rocha ou masa de rocha exótica transportada por desprazamento gravitatorio submarino (hainos tamén subaéreos) e que quedou dentro dunha serie sedimentaria máis moderna, ou que forma parte dun olistostroma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito sedimentario constituído por unha masa caótica de materiais, como poden ser os bloques de pedra, olistólitos, gravas ou areas somerxidas nunha matriz lamacenta, acumulado cunha masa semifluída por efecto dun desprazamento gravitatorio submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • António de Oliveira Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Colaborador das revistas A Águia, Atlântida, Ave Azul e Seara Nova, foi un dos principais representantes do saudosismo, que reflectiu nas súas composicións. Da súa abondosa obra destacan Alma religiosa (1910), Verbo ser e verbo amar (1926) e os sonetos Saudade nossa (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor portugués. Dedicouse a estudar os aspectos sociais, histórico e culturais dos trobadores. Foi membro da Direcção da Comissão Científica do Grupo de História e da Comissão Coordenadora do Conselho Científico (1995-1996) e director do Instituto de História e Teoria das Ideias (desde 1996). Das súas publicacións destacan: “Poder e sociedade: a legislação pombalina e a antiga sociedade portuguesa” (1982), “A mulher e as origens da cultura trovadoresca no ocidente peninsular” (1985) e “A caminho da Galiza: sobre as primeiras composições em galego-português” (1993). É tamén autor dos estudos Do Cancioneiro da Ajuda ao “Libro das Cantigas” do Conde D. Pedro (1988), A Galiza e a cultura trovadoresca peninsular (1989) e Depois do espectáculo trovadoresco: ; a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV (1992), e dos libros Trobadores e xograres. Contexto histórico (1995) e O trovador galego-português e o seu mundo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista brasileiro. Coñecido como Bebeto, xogou, entre outros, no Flamengo, no Vasco da Gama e no R. C. Deportivo de la Coruña. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), a Copa América (1989), a Copa do Mundo de EE UU (1994) e a Copa do Rei (1995). Recibiu o trofeo Pichichi como máximo goleador da Liga (1993) e o Balón de Ouro como mellor xogador de América (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Manoel de Oliveira, foi un documentalista relevante entre 1930 e 1940 (Douro, Faina Fluvial, 1931). Considerado o director máis importante do cine portugués, destacan os seus filmes, Aniki-Bobó (1942), Amor de perdição (1978), Francisca (1981), Le soulier de satin (1985), Os canibais (1988), Non ou a Vã Glória de Mandar (1990), A Divina Comédia (1991), O convento (1995), Inquietude (1998), O Princípio da Incerteza (2002), Um Filme Falado (2003) e O Quinto Império. Ontem como Hoje (2004). Recibiu o Leone d’Oro de Venecia pola súa carreira cinematográfica (2004) e o Premio Cineuropa de Santiago de Compostela (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso irlandés. Arcebispo de Armagh desde 1699 e primado de Irlanda. Defensor do catolicismo irlandés, o goberno inglés prendeuno e ordenou a súa execución. Paulo VI canonizouno en 1975. A súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á olivicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hematites, especialmente a variedade de cristais grandes e brillantes e de formas laminares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou estudos na Escola Massana e na Llotja de Barcelona. Iniciouse no expresionismo abstracto, utilizando un intenso cromatismo e incluíndo sucesivamente elementos xeométricos, cruces e círculos, dotados dunha gran carga simbólica. Traballou con grandes formatos, pola súa formación en técnicas murais. Encargouse da escenografía e vestiario da curtametraxe O resplandor da morte e, das súas obras destacan Hábitat (1988) e Ophelia (Insomne) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Atribúeselle a decoración de máis de oitenta vasos de estilo sobrio con figuras vermellas. A súa sinatura aparece en dúas obras conservadas en Berlín e en Tarquinia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que desenvolven moi rápido o seu ciclo vital, aproveitando momentos puntuais de humidade, e que se atopan especialmente nos desertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parto prematuro.

    VER O DETALLE DO TERMO