"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Estudiou en Cambridge, onde exerceu a docencia. Prisioneiro de Cromwell por defender o rei, foi expulsado da súa cátedra. A súa obra poética, de carácter satírico, recompilouse en Poems (Poemas, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista norteamericano. Realizou os seus estudios na Juilliard School de Nova York e en 1954 debutou no Carnegie Hall coa orquestra filharmónica desta cidade. En 1958 gañou o Premio Čajkovskij en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito morboso de permanecer no leito por pasividade. OBS: Non se debe confundir coa tendencia dalgúns doentes de querer estar na cama indefinidamente por outras razóns, como a melancolía, o autismo, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego da época helenística. A súa obra Historias de Alexandre, escrita entre o 280 e o 270 a C, toma elementos da obra de Calístenes e destaca polas anécdotas e os detalles curiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de níquel, de fórmula NiAs3. Cristaliza no sistema cúbico e preséntase mesturada con esmaltina. Emprégase para a obtención de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir galaico orixinario do convento asturicence. Segundo a tradición, foi martirizado baixo Diocleciano xunto aos seus irmáns Lupercio e Victorino, fillos do centurión san Marcelo, e todos eles santos moi antigos no culto hispánico (s VI). Na iconografía adoita representarse acompañado dos seus irmáns, vestidos os tres con túnicas de mozos romanos; levan como atributos unha palma e a espada do martirio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Besançon. Dos nove santos que levan este nome rexistrados polo martiroloxio romano, é o único non lendario. Foi abade do mosteiro de Saint-Oyend e logo arcebispo da vila francesa de Besançon. Aos sete anos renunciou ao seu cargo, tras lle dar pulo na súa diocese ao gusto polas letras e á práctica das virtudes. Participou no ano 517 no Concilio de Epaone e no 529 no de Lyon. Tivo sona de milagreiro. Na iconografía viste de bispo, coa mitra e a cruz, e leva como atributos un meniño resucitado aos seus pés, un cervo e un chifre. A súa festividade celébrase o 6 xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Baptiste du Val de Grâce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que se obtén por fermentación aeróbica do lévedo da especie Streptomyces venezuelae ou por síntese orgánica na súa estrutura. A OMS recomenda que se limite o seu uso ao tratamento das infeccións intestinais de orixe tífica, xa que pode producir transtornos hemáticos graves, como a agranulocitose. A súa acción interfire na síntese proteica das bacterias. Tamén se coñece como cloromicetina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno que se dá nalgunhas plantas, consistente na similitude das pezas florais coas follas.

    2. Anomalía pola que os pétalos da flor cambian a súa cor normal por unha coloración verdosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sistemático da acetona-cloroformo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cloruro de etilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cloruro de metilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universitat Autónoma de Barcelona. No concello de Barcelona foi director de servicios sanitarios (1979-1981), coordinador da área de saúde pública (1981-1983), rexedor do partido dos Socialistas de Catalunya (responsable da área de sanidade en 1983 e do distrito de Ciutat Vella en 1987), tenente de alcalde (1995) e responsable de economía, ata que no ano 1997 foi nomeado alcalde en substitución de Pasqual Maragall. Foi elixido alcalde de Barcelona nas eleccións locais de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros da familia dos ninfálidos, de bolboretas de talle mediano con ás de 4 cm de envergadura e de cor castaña alaranxada con manchas negras. En Galicia están presentes as especies C. selene, C. euphrosyne e C. dia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa burgundia (filla de Khilperico I e sobriña de Gondebaldo). Casou co rei franco Clodoveo I e converteuno á fe cristiá. Logo de quedar viúva, fundou un mosteiro de relixiosas en Andely-sur-Seine e retirouse a Tours, onda a tumba de san Martiño. Na iconografía represéntase con coroa e cetro (símbolo da súa realeza), un escudo de armas con tres flores de lis. A súa festa celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Lugo en 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Naceu coa vocación de constituírse no equipo que liderase o baloncesto da cidade lucense, e na tempada 1969-1970 acadou o seu primeiro ascenso á máxima competición española, a Primeira División. Nesa categoría militou nas catro temporadas seguintes, ata a 1973-1974, que rematou co descenso. Un ano despois volveu á Primeira División, na que permaneceu dúas temporadas máis, a 1975-1976 e a 1976-1977, na que perdeu a categoría. Á conclusión da tempada 1983-1984 obtivo un terceiro ascenso á, denominada entón, División de Honor. Nesta ocasión mantívose na elite tres tempadas consecutivas (1984-1985, 1985-1986 e 1986-1987). Foi nesta última etapa cando conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar un torneo internacional, a Copa Korac da temporada 1985-1986, da que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. Nesta época, Manel Sánchez converteuse no primeiro xogador breoganista que formou parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade deportiva fundada en Cangas o 7 de decembro de 1984 (data de aprobación dos seus estatutos). Cando se constituíu o club, o balonmán xa tiña tradición na capital da comarca do Morrazo. Na tempada 1994-1995 acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán español, a liga ASOBAL, na que participou as tempadas 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade deportiva fundada no Porriño o 15 de outubro de 1988 (data de aprobación dos seus estatutos). A súa actividade céntrase no balonmán, con equipos de categorías masculinas e femininas. Na categoría femenina acadou os seus maiores éxitos deportivos, como herdeiro da tradición balonmanística da vila, que xa tivera un equipo feminino na División de Honor na década de 1970. Na tempada 1994-1995 proclamouse subcampión galego e acadou o ascenso á Primeira División, na que participou as dúas campañas seguintes. Na tempada 1996-1997 logrou o ascenso á División de Honor, na que disputou as tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001. Ademais dos éxitos colectivos, varias xogadoras formadas no club foron convocadas polas distintas seleccións españolas: entre elas destacan Lorena Domínguez Castro e Andrea Arias Dasilva.

    VER O DETALLE DO TERMO