"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
-
Montar sobre un animal.
-
Dispoñer unha serie de cousas de xeito que unhas se apoien sobre as outras.
-
Interromper o sentido dun verso mediante o procedemento do encabalgamento.
-
Executar ao mesmo tempo as diferentes fases de instrucións consecutivas.
-
Sobrepoñer unha liña sobre a inferior ou ao revés, nunha forma tipográfica, debido á mala disposición do interlineado, ao corpo de letra demasiado groso ou por outros motivos.
-
Andar sobre as costas dun animal que se dirixe.
-
Estar unha cousa montada por riba doutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1934 entre Turquía, Romanía, Grecia e Iugoslavia por iniciativa do ministro romanés Titulesco, que obrigaba a estes países a non empregar a forza e a respectar as divisións territoriais establecidas no Tratado de Versailles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charles de Beaumont.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segregar baba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa arredondada de materia fecal, endurecida ata ter unha consistencia pétrea, que se pode localizar no intestino groso.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Realizou en Zaragoza os estudios eclesiásticos e de dereito e ordenouse sacerdote en 1925. Foi profesor de ética e filosofía na Escuela de Periodismo de Madrid e de dereito romano nas universidades de Zaragoza e Madrid. O 2 de outubro de 1928 fundou o Opus Dei, que pronto comezou a súa expansión (Portugal 1935, Francia 1940). A doutrina do seu movemento, que fundara co “fin de difundir, en todos os ambientes da sociedade, unha toma de conciencia da chamada universal á santidade e ao apostolado na vida ordinaria e, máis especificamente, no exercicio do propio traballo profesional”, deixouna recollida na súa obra Camino, publicada en 1934 co título Consideraciones Espirituales. Establecido en Roma, participou activamente na vida da Igrexa: membro da Pontificia Academia Romana de Teoloxía, foi nomeado Prelado de Honor da Súa Santidade e consultor na Comisión Pontificia para a Interpretación do Dereito Canónico e na Sagrada Congregación para a Educación Cristiá....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joaquín Baldomero Fernández Espartero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma fundamental do dereito do traballo en España que recolle os dereitos e deberes dos suxeitos das relacións laborais. É a norma que regulamenta as relacións, de ámbito laboral, que xorden no desenvolvemento do traballo na empresa. Aprobouse o 10 de marzo de 1980 e substituíu a Lei de Relacións Laborais (1976), que, a súa vez, reemprazara a Lei de Contratos de Traballo (1944). Supón o cumprimento do mandato constitucional. O texto vixente da lei atópase no Real Decreto Lexislativo de 24 de marzo de 1995 que sufriu diversas modificacións. Estrutúrase en tres títulos, que tratan de delimitar os contidos fundamentais do dereito laboral, aínda que certos temas, como o dereito de folga e o seu exercicio, a liberdade sindical e o procedemento laboral non se regulan no estatuto ou este non o fai por completo. O primeiro título regulamenta a relación individual de traballo e contén as disposicións xerais das relacións laborais, o contido do contrato de traballo, a modificación, suspensión e...
-
-
-
Deixarse caer alguén sobre algo por mor do cansazo ou do desánimo.
-
Deitarse ou sentar comodamente.
-
-
Quedar rendido ou canso por camiñar moito.
-
Tirarse un animal ou persoa ao chan, dando voltas e refregándose nel.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés, barón de Estournelles de Constant de Rebecque. Foi conselleiro da embaixada de Francia en Londres (1892-1894), deputado (1895) e senador (1904-1924) en Francia. Como representante do seu país acudiu ás dúas primeiras conferencias da Haia (1899, 1907). Escribiu, entre outras obras, La Politique française en Tunisie: Le Protectorat et ses origines, 1854-1891 (1891), Woman and the cause of the peace (1911) e Pour la Société des Nations (1921). En 1891 gañou o premio Thérouanne da Academia Francesa e en 1909 recibiu, xunto a Auguste Beernaert, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cetáceos, da familia dos balénidos, ao que pertence a balea vasca, a balea de Siebold e a balea austral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio de poesía convocado polo concello de Dodro para homenaxear o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. O premio consiste nunha dotación en metálico e na publicación da obra gañadora na colección Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, de Ediciós do Castro. Foron galardoados Xosé M. López Gómez Ardeiro (O matiz esmeralda da sombra, 1988), Gonzalo Navaza (Fábrica íntima, 1989), Xabier Rodríguez Barrio (Alborada no muro, 1990), Helena Villar Janeiro (Nas hedras da clepsidra, 1991), Palmira G. Boullosa (Por qué caeu a noite, 1992), Xabier Cordal Fustes (Fruto do teixo, 1993), Xosé Millán Otero (As palabras no espello, 1994), Xosé Miranda (Amantes e viaxeiros, 1995), Isidro Novo (Dende unha nada núa, 1996), Emma Couceiro (As entrañas horas, 1997), Estevo Creus Andrade (Teoría do lugar, 1998), Emma Pedreira Lombardía (Grimorio, 1999), Carlos Penela Martín (Acaso o inverno, 2000)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo sementado de fabas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semente da faba de gran tamaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
FIBA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización campesiña adscrita á UGT. Fundada en abril de 1930, agrupaba diferentes asociacións agrarias de ideoloxía socialista e a labregos e pequenos propietarios agrícolas. Experimentou un espectacular ascenso durante o primeiro bienio republicano, especialmente en Extremadura, La Mancha, Andalucía e València. En Galicia, a finais de 1932, as 61 seccións galegas da FNTT contaban con máis de 5.000 afiliados (algo máis do 15% da afiliación da central sindical) espallados polas catro provincias, sobre todo nas da Coruña e Ourense (o núcleo principal concentrábase no eixe Betanzos-Ferrol). Entre os seus dirixentes galegos cómpre destacar a Lucio Martínez e o deputado betanceiro Ramón Beade. Desencadeou a primeira folga xeral campesiña do país (1-20 de xuño de 1934). Editou El Obrero de la Tierra. Disolta en 1939, foi reconstituída entre 1976 e 1977, vinculada á UGT e ao PSOE.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO